Sergio González Soriano
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Sergio González Soriano | ||
| Nacemento | 10 de novembro de 1976 (36 anos) | ||
| Lugar | L'Hospitalet, España | ||
| Altura | 1,82 m. | ||
| Posición | Centrocampista | ||
| Carreira xuvenil | |||
| L'Hospitalet | |||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 1994–1995 | L'Hospitalet | 12 | (1) |
| 1995–1998 | Espanyol B | 29 | (5) |
| 1998–2001 | Espanyol | 110 | (5) |
| 2001–2010 | Deportivo da Coruña | 294 | (27) |
| 2010–2011 | Levante | 14 | (2) |
| Selección nacional | |||
| 2001–2005 | España | 11 | (0) |
| 1999–2010 | Cataluña | 14 | (1) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) |
|||
Sergio González Soriano, nado en L'Hospitalet de Llobregat (Barcelona) o 10 de novembro de 1976, é un ex futbolista español. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española, coa que participou no Mundial 2002. Tras 14 tempadas en Primeira División, participou en 418 partidos e anotou 34 goles.
Índice |
Traxectoria[editar]
Debutou no CE L'Hospitalet en 1994 e despois pasou ó RCD Espanyol ao ano seguinte. Debutou en Primeira División co Espanyol en 1998 ante o CD Tenerife, club co que gañou a súa primeira Copa do Rei no ano 2000, sendo seu o gol da vitoria.
Na tempada 2001–02 fichou polo Deportivo da Coruña, ao que chegou por un valor de 17 millóns de euros, a fichaxe máis cara do club coruñés en toda a súa historia. No Dépor gañou outra Copa do Rei e unha Supercopa de España no ano 2002. Destacable é tamén o seu papel na consecución da Copa do Rei 2001–02, marcando o gol da vitoria ao Real Madrid no coñecido como Centenariazo, no que os merengues non puideron celebrar a consecución da Copa o mesmo día do seu centenario.
O 1 de xullo de 2010 desvinculouse do Deportivo ao non renovar o seu contrato e o 22 dese mesmo mes anunciouse a súa contratación polo Levante UD.[1]
Selección nacional[editar]
Internacional absoluto coa Selección de fútbol de España en 11 ocasiones, debutou ante o combinado de Liechtenstein en 2001 da man de José Antonio Camacho cando militaba en las filas do Espanyol. Participou no Mundial de Corea e Xapón de 2002.
Selección catalá[editar]
Internacional en 14 ocasións, é o xogador que máis veces vestiu a camiseta da selección catalá e o seu actual capitán. Desde que debutou en 1999 contra a antiga Iugoslavia só perdeu un partido contra Brasil.
Palmarés[editar]
- Espanyol
- Deportivo