Athletic Club
| Nome | Athletic Club | ||
| Alcume(s) | Os leóns | ||
| Fundación | 1898 | ||
| Estadio | San Mamés, Bilbao |
||
| Inauguración | 21 de agosto de 1913 | ||
| Capacidade | 39.750 | ||
| Propietario | |||
| Presidente | |||
| Adestrador | |||
| Liga | Primeira División | ||
| 2011–12 | 10º | ||
| Vestimenta | Umbro | ||
| Patrocinador | Petronor | ||
| Web oficial | |||
|
|||
O Athletic Club, coñecido habitualmente fóra de Euskadi como Athletic de Bilbao, é un club de fútbol da cidade de Bilbao que porta unha vestimenta de raias vermellas e brancas. O seu estadio é San Mamés, lugar tamén alcumado A Catedral. Os seus xogadores alcúmanse os leóns.
Unha das particularidades máis representativas do club vasco, é a súa tradición de xogar unicamente con xogadores nados ou formados futboltsticamente no País Vasco, a cal mantivo case desde os seus inicios. Tamén é recoñecido historicamente, por ser un club de canteira e traballar na formación de novos futbolistas, sendo esta a principal fonte de abastecemento do primeiro equipo.[1]
Fundouse no ano 1898 e polo tanto é un dos equipos máis antigos de España. Os seus primeiros partidos xogáronse en Getxo. É, xunto co Fútbol Club Barcelona e o Real Madrid, o único equipo que participou en todas as edicións da liga española e sempre en Primeira División.
Proclamouse campión da liga española en 8 ocasións, sendo o cuarto club en España con máis estandartes nesta competición. Actualmente, ocupa o cuarto lugar na clasificación histórica da Primeira División, habendo sido terceiro ata a tempada 2009/10, momento no cal foi superado polo Valencia CF. Tamén ostenta a marca de maior goleada na historia da liga, ao vencer ao FC Barcelona por 12-1 na tempada 1929/30.
A nivel continental, os maiores logros do club vasco foron dous subcampionatos da Copa da UEFA/Europa League, na tempada 1976/77 tras caer na final ante a Juventus FC e na tempada 2011/12 contra o Atlético de Madrid. A maior goleada do Athletic en competición continental foi un 1-7 ao Standard de Liège, na tempada 2004/05.
Índice |
[editar] Uniforme
- Uniforme titular: Camiseta a raias vermellas e brancas, pantalón negro con detalles vermellos e medias negras cunha franxa branquivermella.
- Uniforme visitante: Camiseta branca e azul, pantalón branco con detalles azuis nos laterais e medias brancas con finas raias azuis.
- Terceira equipamento: Camiseta negra, pantalón negro con detalles vermellos e medias vermellas.
| Evolución histórica[2] | ||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1903 | 1910 | 1913 | 1950 | 1970 | 1982 | 1996 | 2004 | 2009 |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
[editar] Instalacións
[editar] Estadio de San Mamés
- Artigo principal: Estadio de San Mamés.
O Athletic disputa os seus partidos nun dos estadios máis antigos de España, o Estadio de San Mamés, tamén coñecido como "A Catedral". O estadio foi inaugurado o 21 de agosto de 1913. Desde entón, foi ampliado e reestruturado en varias ocasións, a última en 1982. En 1997, debido á normativa da UEFA que esixía suprimir as localidades de pé, o aforamento reduciuse de 45.000 a 39.670. É o único estadio de España que acolleu todas as edicións da Liga de Fútbol Profesional. O terreo de xogo ten unhas dimensións de 103 x 68 metros.
[editar] Futuro estadio
- Artigo principal: San Mamés Barria.
O 26 de xuño de 2010 deu comezo a construción dun novo estadio nas inmediacións do actual, no mesmo lugar que ocupaba a antiga feira de mostras de Bilbao. O novo estadio terá 55.500 localidades de aforamento e segundo o club, cumprirá cos requisitos necesarios para obter o rango de Categoría 4, que é o máximo outorgado pola UEFA. Segundo as datas facilitadas polo club, a inauguración do estadio tería lugar no ano 2013, coincidindo así co centenario do antigo estadio, que será derrubado nesas datas. O Athletic comezará a xogar no novo estadio para a tempada 2013/14, a falta da construción dun dos fondos, que se concluirá un ano máis tarde.[3]
[editar] Lezama
As instalacións de Lezama son o complexo deportivo onde adestran todas as categorías do Athletic, e foron inauguradas no ano 1971. As instalacións inclúen, entre outras cousas, catro campos de herba natural (un deles cunha tribuna para 1.500 espectadores) e con dous campos de herba artificial (actualmente esta proxectada a construción de 2 campos máis). Todos os campos contan con medidas regulamentarias. Ademais hai un pavillón con chan de herba artificial, un ximnasio, un frontón, un centro médico e unha residencia para xogadores.[4]
[editar] Datos do club
- Tempadas en 1ª: 81 (todas)
- Tempadas en 2ª: 0
- Posto na Clasificación histórica da LFP: 4º
- Maiores goleadas en liga:
- Maior goleada conseguida como local: 12-1 FC Barcelona(1930-31).
- Maior goleada conseguida como visitante: 1-8 CA Osasuna (1958-59)
- Maior goleada encaixada: 7-0 FC Barcelona (2000-01).
- Maior goleada conseguida na Copa do Rei: 12-1 Celta de Vigo (1947).
- Maior goleada conseguida en competicións europeas: 1-7 Standard de Liexa (2004-05).
- Mellor posto na liga: 1º (8 veces)
- Peor posto na liga: 17º (2006-07).
- Maior número de goles nunha tempada: 88 goles en 30 partidos (195051).
- Participacións en competicións europeas: 25
- Participacións na Liga de Campións da UEFA: 4
- Mellor posto en Liga de Campións da UEFA: Cuartos de final (1956-57).
- Participacións na UEFA Europa League: 13
- Mellor posto na UEFA Europa League: Subcampión (1976-77)
- Máximo goleador da historia do club: Telmo Zarra, 333 goles (252 en Liga; 81 en Copa).
- Xogador con máis partidos disputados na historia do club: José Ángel Iribar, 614 partidos (466 en Liga; 93 en Copa; 55 en Europa).
- Xogador con máis títulos gañados co club: Guillermo Gorostiza (13 títulos).
[editar] Últimas tempadas
| Tempada | Categoría | Posición | Copa do Rei | Liga de Campións | UEFA/Europa League |
|---|---|---|---|---|---|
| 1989/90 | 1ª | 12º | 1/8 | ||
| 1990/91 | 1ª | 12º | 1/16 | ||
| 1991/92 | 1ª | 14º | 1/4 | ||
| 1992/93 | 1ª | 8º | 1/32 | ||
| 1993/94 | 1ª | 5º | 1/32 | 1/16 | |
| 1994/95 | 1ª | 8º | 1/4 | 1/8 | |
| 1995/96 | 1ª | 15º | 1/8 | ||
| 1996/97 | 1ª | 6º | 1/8 | ||
| 1997/98 | 1ª | 2º | 1/4 | 1/16 | |
| 1998/99 | 1ª | 8º | 1/8 | 1/8 | |
| 1999/00 | 1ª | 11º | 1/16 | ||
| 2000/01 | 1ª | 13º | 1/8 |
| Tempada | Categoría | Posición | Copa do Rei | Liga de Campións | UEFA/Europa League |
|---|---|---|---|---|---|
| 2001/02 | 1ª | 9º | Semifinal | ||
| 2002/03 | 1ª | 7º | 1/16 | ||
| 2003/04 | 1ª | 5º | 1/32 | ||
| 2004/05 | 1ª | 9º | Semifinal | 1/16 | |
| 2005/06 | 1ª | 12º | 1/8 | ||
| 2006/07 | 1ª | 17º | 1/16 | ||
| 2007/08 | 1ª | 11º | 1/4 | ||
| 2008/09 | 1ª | 13º | Subcampión | ||
| 2009/10 | 1ª | 8º | 1/32 | 1/32 | |
| 2010/11 | 1ª | 6º | 1/16 | ||
| 2011/12 | 1ª | 10º | Final | Subcampión |
[editar] Xogadores
[editar] Cadro 2011/12
- Actualizado a 11 de decembro de 2011.
|
|
- Os xogadores con dorsais superiores ao 25 son, para todos os efectos, xogadores do Bilbao Athletic e como talles, poderán compaxinar partidos co primeiro e segundo equipo. Como esixen as normas da LFP, os xogadores do primeiro persoal deberán levar os dorsais do 1 ao 25. Do 26 en diante serán xogadores do equipo filial.
[editar] Palmarés
[editar] Torneos rexionais
- Campionato Rexional de Biscaia (17): 1913-14, 1914-15, 1915-16, 1919-20, 1920-21, 1922-23, 1923-24, 1924-25, 1925-26, 1927-28, 1928-29, 1930-31, 1931-32, 1932-33, 1933-34, 1938-39, 1939-40.
- Copa Vasca (1): 1934-35.
[editar] Torneos nacionais
- Liga de España (8): 1929-30, 1930-31, 1933-34, 1935-36, 1942-43, 1955-56, 1982-83, 1983-84.
- Campionato de España - Copa do Rei (23): 1903, 1904, 1910, 1911, 1914, 1915, 1916, 1921, 1923, 1930, 1931, 1932, 1933, 1943, 1944, 1945, 1950, 1955, 1956, 1958, 1969, 1973, 1984.
- Supercopa de España (1): 1984
- Copa Eva Duarte (1): 1950
- Copa da Coroación (1): 1902
- Subcampión da Liga de España (7): 1931-32, 1932-33, 1940-41, 1946-47, 1951-52, 1969-70, 1997-98.
- Subcampión do Campionato de España - Copa do Rei (12): 1905, 1906, 1913, 1920, 1942, 1949, 1953, 1966, 1967, 1977, 1985, 2009.
- Subcampión da Supercopa de España (2): 1983, 2009
- Subcampión da Copa Eva Duarte (1): 1945
[editar] Torneos internacionais
- Subcampión da Copa da UEFA/UEFA Europa League (2): 1976-77, 2011-12
- Pequena Copa do Mundo de Clubs (1): 1967
- Subcampión da Copa Latina (1): 1956
[editar] Equipos filiais
O Bilbao Athletic e o Club Deportivo Baskonia son os dous equipos filiais do club, o primeiro foi fundado en 1964 e xoga no Grupo II da Segunda División B de España. Doutra banda, o Baskonia fundouse como club independente en 1913 e, desde 1997, exerce como o segundo filial do club. Actualmente milita no o Grupo IV da Terceira División Española.
[editar] Outras seccións
[editar] Fútbol feminino
O Athletic Club Emakumeen Futbol Taldea é a sección feminina do club. Xorde coa unión co Leioa EFT en 2002. Actualmente xoga na Superliga Española. Gañou catro ligas, converténdose nun dos equipos da categoría con máis galardóns.[5]
[editar] Fútbol indoor
O Athletic conta cun equipo de fútbol indoor, que xoga no Campionato Nacional de Liga de Fútbol Indoor composta na súa maioría por xogadores que pertenceron no seu día ao primeiro equipo tales como Oscar Vales, Julen Guerrero, Joseba Etxeberria ou Imanol Etxeberria.
[editar] Notas
- ↑ Con canteira e afección.... El Correo. Consultado o 4 de xuño de 2009.
- ↑ , Alfonso Carlos (1998), «1» Athletic Club Crónicas de una leyenda.
- ↑ Macua confía en que o novo San Mamés sexa inaugurado en 2013.. Marca. Consultado o 21 de setembro de 2009.
- ↑ Instalacións Athletic Club en Lezama. Athletic Club. Consultado o 31 de agosto de 2009.
- ↑ Historia do Athletic Club Feminino. Athletic Club. Consultado o 9 de marzo de 2009.








