Trofeo Pichichi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pichichi»)
Trofeo Pichichi
Fundación1953
RexiónEspaña España
Actual campión Messi
Máis laureado Messi (8)
OrganizadorMarca

O Trofeo Pichichi é o premio que outorga cada ano o xornal deportivo español Marca ao máximo goleador da Primeira división da Liga española de fútbol. Por extensión, en España adoita utilizarse de forma xenérica o termo Pichichi para referirse ao máximo goleador de cada torneo futbolítisco.

Ao premio chámaselle así como homenaxe ó famoso xogador do Athletic Club de Bilbao Rafael Moreno "Pichichi", que destacou pola súa gran capacidade goleadora ó longo dos anos 1910 e 1920, antes da creación da Liga española de fútbol.

O premio non ten en conta as actas arbitrais. O trofeo correspondente para o gardameta menos goleado é o Trofeo Zamora.

Historia[editar | editar a fonte]

O 18 de febreiro de 1953, a Delegación Nacional de Deportes, presidida polo xeneral Moscardó, autorizou á Federación Española de Fútbol a instaurar o premio, cuxa creación foi iniciativa dos xornais Marca e do xa desaparecido Arriba. O Trofeo Pichichi entregouse por primeira vez a tempada 1952-53, sendo Telmo Zarra o primeiro gañador.[1]

Con posterioridade, Marca recoñeceu simbolicamente como gañadores do Trofeo Pichichi a todos os futbolistas que foron máximos goleadores da liga antes da tempada 1952-53.[2]

A tempada 2002-03, con motivo do 30º aniversario do trofeo e a 75ª edición da liga española, Marca entregou un premio especial commemorativo, Pichichi de ouro, a Telmo Zarra e Quini,[3] por ser os dous futbolistas españois, vivos, con máis goles na Primeira División.

Na tempada 2005-06 Marca, a imaxe e semellanza do Trofeo Pichichi, creou o Trofeo Zarra para premiar ao máximo goleador español da tempada.

Ata a tempada 2010/11, Telmo Zarra e Hugo Sánchez tiñan a honra de establecer a marca anotadora para gañar o Pichichi, con 38 goles nunha tempada. O español é o segundo que máis veces logrou a distinción, seis, e o mexicano o segundo con máis trofeos consecutivos, catro. Tamén hai que recordar que Telmo conseguiu os seus 38 goles en tan só 30 partidos mentres que Hugo conseguiuno en 38, polo que Telmo era considerado o rei dos "Pichichis".

En 2011, Cristiano Ronaldo bateu a marca dos dous históricos, conseguindo o seu primeiro Pichichi con 41 goles. Con todo, o arxentino Lionel Messi bateu todas as marcas, logrando oito trofeos, cinco deles consecutivos, e marcando ata 50 goles nunha tempada (2011-12).

Historial[editar | editar a fonte]

Tempada Xogador Equipo Goles
1928-29 Primeira República Española Paco Bienzobas Real Sociedad 14
1929-30 Primeira República Española Guillermo Gorostiza Athletic de Bilbao 19
1930-31 Primeira República Española Agustín Sauto 'Bata' Athletic de Bilbao 27
1931-32 Guillermo Gorostiza Athletic de Bilbao 12
1932-33 Manuel Olivares Real Madrid 16
1933-34 Isidro Lángara Real Oviedo 27
1934-35 Isidro Lángara Real Oviedo 26
1935-36 Isidro Lángara Real Oviedo 27
1939-40 Víctor Unamuno Athletic de Bilbao 26
1940-41 Pruden Atlético Aviación 30
1941-42 Edmundo Suárez 'Mundo' Valencia CF 27
1942-43 Mariano Martín FC Barcelona 32
1943-44 Edmundo Suárez 'Mundo' Valencia CF 27
1944-45 Telmo Zarra Athletic de Bilbao 19
1945-46 Telmo Zarra Athletic de Bilbao 24
1946-47 Telmo Zarra Athletic de Bilbao 34
1947-48 Pahiño Celta de Vigo 23
1948-49 César Rodríguez FC Barcelona 28
1949-50 Telmo Zarra Athletic de Bilbao 25
1950-51 Telmo Zarra Athletic de Bilbao 38
1951-52 Pahiño Real Madrid 28
1952-53 Telmo Zarra Athletic de Bilbao 24
1953-54 Alfredo Di Stéfano Real Madrid 27
1954-55 Juan Arza Sevilla FC 28
1955-56 Alfredo Di Stéfano Real Madrid 24
1956-57 Alfredo Di Stéfano Real Madrid 31
1957-58 Manuel Badenes Real Valladolid 19
Alfredo Di Stéfano Real Madrid 19
Ricardo Alós Valencia CF 19
1958-59 Alfredo Di Stéfano Real Madrid 23
1959-60 Ferenc Puskas Real Madrid 26
1960-61 Ferenc Puskas Real Madrid 27
1961-62 Juan Seminario Real Zaragoza 25
1962-63 Ferenc Puskas Real Madrid 26
1963-64 Ferenc Puskas Real Madrid 20
1964-65 Cayetano Re FC Barcelona 25
1965-66 Vavá Elche CF 19
1966-67 Waldo Valencia CF 24
1967-68 Fidel Uriarte Athletic de Bilbao 22
1968-69 Amancio Amaro Real Madrid 14
Gárate Atlético de Madrid 14
1969-70 Amancio Amaro Real Madrid 16
Luis Aragonés Atlético de Madrid 16
Gárate Atlético de Madrid 16
1970-71 Gárate Atlético de Madrid 17
Carles Rexach FC Barcelona 17
1971-72 Enrique Porta Granada CF 20
1972-73 Marianín Real Oviedo 19
1973-74 Quini Sporting de Gijón 20
1974-75 Carlos Ruiz Herrero Athletic de Bilbao 19
1975-76 Quini Sporting de Gijón 18
1976-77 Mario Alberto Kempes Valencia CF 24
1977-78 Mario Alberto Kempes Valencia CF 28
1978-79 Hansi Krankl FC Barcelona 29
1979-80 Quini Sporting de Gijón 24
1980-81 Quini FC Barcelona 20
1981-82 Quini FC Barcelona 26
1982-83 Poli Rincón Real Betis 20
1983-84 Jorge Da Silva Real Valladolid 17
Juanito Real Madrid 17
1984-85 Hugo Sánchez Atlético de Madrid 19
1985-86 Hugo Sánchez Real Madrid 22
1986-87 Hugo Sánchez Real Madrid 34
1987-88 Hugo Sánchez Real Madrid 29
1988-89 Baltazar Atlético de Madrid 35
1989-90 Hugo Sánchez Real Madrid 38
1990-91 Emilio Butragueño Real Madrid 19
1991-92 Manolo Sánchez Atlético de Madrid 27
1992-93 Bebeto Deportivo da Coruña 29
1993-94 Romario FC Barcelona 30
1994-95 Iván Zamorano Real Madrid 28
1995-96 Juan Antonio Pizzi CD Tenerife 31
1996-97 Ronaldo FC Barcelona 34
1997-98 Christian Vieri Atlético de Madrid 24
1998-99 Raúl González Real Madrid 25
1999-00 Salva Ballesta Racing de Santander 27
2000-01 Raúl González Real Madrid 24
2001-02 Diego Tristán Deportivo da Coruña 21
2002-03 Roy Makaay Deportivo da Coruña 29
2003-04 Ronaldo Real Madrid 24
2004-05 Diego Forlán Villarreal CF 25
2005-06 Samuel Eto'o FC Barcelona 26
2007-08 Ruud van Nistelrooy Real Madrid 25
2007-08 Dani Güiza RCD Mallorca 27
2008-09 Diego Forlán Atlético de Madrid 32
2009-10 Lionel Messi FC Barcelona 34
2010-11 Cristiano Ronaldo Real Madrid 41
2011-12 Lionel Messi FC Barcelona 50
2012-13 Lionel Messi FC Barcelona 45
2013-14 Cristiano Ronaldo Real Madrid CF 31
2014-15 Cristiano Ronaldo Real Madrid CF 48
2015-16 Luis Suárez FC Barcelona 40
2016-17 Lionel Messi FC Barcelona 37
2017-18 Lionel Messi FC Barcelona 34
2018-19 Lionel Messi FC Barcelona 36
2019-20 Lionel Messi FC Barcelona 35
2020-21 Lionel Messi FC Barcelona 30

Palmarés[editar | editar a fonte]

Por xogador[editar | editar a fonte]

Trofeos Xogador
8 Lionel Messi
6 España Telmo Zarra
5 Alfredo Di Stéfano
España Quini
Hugo Sánchez
4 Hungría Ferenc Puskás
3 España Isidro Lángara
España José Eulogio Gárate
Portugal Cristiano Ronaldo
2 España Guillermo Gorostiza
España Edmundo Suárez 'Mundo'
Galicia Pahiño
Galicia Amancio Amaro
Mario Alberto Kempes
Ronaldo
España Raúl González
Uruguai Diego Forlán
1 España Paco Bienzobas
España Agustín Sauto 'Bata'
España Manuel Olivares
España Víctor Unamuno
España Pruden
España Mariano Martín
España César Rodríguez
España Juan Arza
España Manuel Badenes
España Ricardo Alós
Juan Seminario
Paraguai Cayetano Ré
España Vavá
España Waldo Machado
España Fidel Uriarte
España Luis Aragonés
España Carles Rexach
España Enrique Porta
España Marianín
España Carlos Ruiz Herrero
Austria Hansi Krankl
España Poli Rincón
Uruguai Jorge Da Silva
España Juanito
Baltazar
España Emilio Butragueño
España Manolo Sánchez
Bebeto
Romário
Chile Iván Zamorano
Juan Antonio Pizzi
Italia Christian Vieri
España Salva Ballesta
España Diego Tristán
Países Baixos Roy Makaay
Samuel Eto'o
Países Baixos Ruud Van Nistelrooy
España Dani Güiza
Uruguai Luis Suárez

Por clubs[editar | editar a fonte]

Trofeos Equipo
27 Real Madrid
19 FC Barcelona
12 Athletic de Bilbao
10 Atlético de Madrid
6 Valencia CF
4 Real Oviedo
3 Sporting de Gijón
Deportivo da Coruña
2 Real Valladolid
1 Real Sociedad
Real Zaragoza
Celta de Vigo
Sevilla FC
Elche CF
Granada CF
Real Betis
CD Tenerife
Racing de Santander
Villarreal CF
RCD Mallorca

Por países[editar | editar a fonte]

País Xogadores Total
España España 33 51
Arxentina 4 16
Brasil 5 6
México 1 5
Hungría Hungría 1 4
Uruguai 3 4
Portugal Portugal 1 3
Países Baixos Países Baixos 2 2
Perú 1 1
Paraguai 1 1
Austria Austria 1 1
Chile 1 1
Italia Italia 1 1
Camerún Camerún 1 1

Por comunidades autónomas[editar | editar a fonte]

Comunidade Xogadores Total
País Vasco País Vasco 10 21
Castela e León Castela e León 5 5
Asturias Asturias 1 5
Madrid Comunidade de Madrid 4 5
Galicia Galicia 2 4
Andalucía Andalucía 3 3
Comunidade Valenciana Comunidade Valenciana 2 2
Aragón Aragón 2 2
Illas Baleares Illas Baleares 1 1
Navarra Navarra 1 1
Cataluña Cataluña 1 1
Estremadura Estremadura 1 1

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]