Fabricio Coloccini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fabricio Coloccini
Captain Colo v Cardiff.jpg
Información persoal
Nome completo Fabricio Coloccini
Nacemento 22 de xaneiro de 1982 (32 anos)
Lugar Córdoba, Arxentina
Altura 1,83 m.
Posición Defensa
Información de club
Club actual Newcastle United
Número 2
Carreira xuvenil
1997–1998 Argentinos Juniors
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1998–1999 Boca Juniors 2 (1)
1999–2004 Milan 1 (0)
2000–2001 San Lorenzo (cedido) 19 (3)
2001–2002 Alavés (cedido) 33 (6)
2002–2003 Atlético de Madrid (cedido) 27 (0)
2003–2004 Villarreal (cedido) 32 (1)
2004–2008 Deportivo da Coruña 105 (5)
2008– Newcastle United 179 (4)
Selección nacional
2003– Arxentina 38 (1)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 14 de setembro de 2013.
† Aparicións (Goles)

Fabricio Coloccini, nado en Córdoba o 22 de xaneiro de 1982, é un futbolista internacional arxentino, que actualmente desempeña a posición de central no Newcastle United FC da Premier League inglesa. Foi xogador do Deportivo durante tres tempadas e media.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pasa polas categorías inferiores de Argentinos Juniors antes de fichar en 1998 polo Boca Juniors, club co que debuta na primeira categoría do fútbol arxentino e co que se proclama campión do Torneo Apertura ese mesmo ano. Despois de dúas campañas é traspasado no ano 2000 ao Milán italiano, pero despois de contar con poucas oportunidades no Calcio regresa ao seu país para xogar cedido durante seis meses no San Lorenzo.

Coloccini, que contaba con 19 anos, proclámase campión do Torneo Clausura co San Lorenzo e entra na convocatoria para xogar a Copa Mundial de Fútbol Xuvenil Sub-20. A selección arxentina proclámase Campioa do Mundo Sub-20 tras vencer na final de Bos Aires a Ghana por tres goles a cero. Nese mesmo ano prodúcese a súa chegada ao fútbol español, sendo cedido polo Milán ao Deportivo Alavés para a tempada 2001-2002 e posteriormente ao Atlético e ao Vilarreal nas dúas tempadas seguintes. Precisamente é na súa estancia en España, cando debuta coa selección absoluta do seu país, será o 30 de abril de 2003 nun amigable contra Libia. Un ano despois queda subcampión da Copa América, celebrada no Perú, ao perder na final contra Brasil na quenda de penaltis. Ese mesmo ano gana a Medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Atenas.

Despois de tres tempadas en España regresa ao Milán do que, despois de contar con poucos minutos, acaba sendo traspasado no mercado de inverno ó Deportivo, naquel momento adestrado por Javier Irureta. Despois de dúas irregulares tempadas ás ordes de Joaquín Caparrós, eríxese na 07-08, agora baixo a dirección técnica do vasco Miguel Ángel Lotina, coma un dos líderes do equipo branquiazul, disputando dende o seu posto natural de defensa central tódolos minutos na Liga e anotando catro goles, o que propiciou o seu traspaso ao Newcastle United da Premier League por preto de 16 millóns de euros.[1] Para cubrir a súa baixa o Deportivo faise cos servizos de Diego Colotto, compañeiro de Coloccini no Mundial Sub-20, ao que el mesmo recomendara.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]