Adrián López Álvarez
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Adrián López Álvarez | ||
| Nacemento | 8 de xaneiro de 1988 (25 anos) | ||
| Lugar | Teverga, España | ||
| Altura | 1,80 m. | ||
| Posición | Dianteiro | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Atlético de Madrid | ||
| Número | 7 | ||
| Carreira xuvenil | |||
| 2004–2005 | Oviedo | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 2005–2006 | Oviedo | 26 | (3) |
| 2006–2011 | Deportivo da Coruña | 92 | (13) |
| 2008 | → Alavés (cedido) | 10 | (3) |
| 2008–2009 | → Málaga (cedido) | 28 | (3) |
| 2011– | Atlético de Madrid | 59 | (10) |
| Selección nacional | |||
| 2005 | España sub-17 | 1 | (0) |
| 2007 | España sub-19 | 3 | (3) |
| 2007 | España sub-20 | 5 | (5) |
| 2007–2011 | España sub-21 | 19 | (9) |
| 2012 | España sub-23 | 5 | (0) |
| 2012– | España | 2 | (1) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 21 de marzo de 2013. † Aparicións (Goles) ‡ Actualizado a 30 de maio de 2012. |
|||
Adrián López Álvarez, nado en Teverga (Asturias) o 8 de xaneiro de 1988, é un futbolista español. Xoga de dianteiro e o seu equipo actual é o Atlético de Madrid.
Índice |
Traxectoria [editar]
Comezou a súa carreira como futbolista no Oviedo, debutando en Segunda División B con tan só 17 anos, na tempada 2005/06, da man de Antonio Rivas. Disputou un total de 30 partidos e marcou 3 goles.
No verán de 2006, cando aínda tiña 18 anos, foi fichado polo Deportivo da Coruña. Anotou o seu primeiro gol en Primeira División nun partido de Liga contra o FC Barcelona nunha grande internada polo centro que culminou ante o porteiro Víctor Valdés o 31 de marzo de 2007.
A tempada 2007/08 comezouna no Deportivo, aínda que se foi cedido ao Deportivo Alavés de Segunda División no mercado de inverno,[1] onde anotou tres goles que axudaron ao equipo vitoriano a manter a categoría.
Na campaña 2008/09 foi cedido novamente, esta vez ao Málaga CF,[2] onde marcou tres goles en 28 partidos xogados, o primeiro deles o 28 de setembro de 2008 contra o Real Valladolid.
A partir da tempada seguinte regresou ao Deportivo, conseguindo afianzarse no equipo titular e mellorando as súas cifras goleadoras. Na tempada 2010/11 foi o máximo goleador do equipo con 8 goles. Con todo, o equipo coruñés terminou descendendo a Segunda División ao final desa campaña.
Selección nacional [editar]
Foi internacional coa Selección de fútbol Sub-20 de España. Actualmente é convocado habitualmente para os partidos da Sub-21. En maio de 2011 foi convocado para xogar a Eurocopa sub-21, celebrada en Dinamarca en xuño do mesmo ano, onde se proclamou campión e máximo goleador do torneo con cinco goles.[3]
Participacións en Copas do Mundo [editar]
En 2007 disputou a Copa Mundial de Fútbol Sub-20 coa selección española en Canadá. Adrián foi un dos estandartes da selección, obtendo a Bota de Prata do mundial con 5 goles.
| Mundial | Sede | Resultado |
|---|---|---|
| Copa Mundial de Fútbol Sub-20 de 2007 | Canadá | 8° de final |
| Europeo de Fútbol Sub-21 de 2009 | Suecia | Fase de grupos |
Palmarés [editar]
Club [editar]
| Título | Club | Ano |
|---|---|---|
| UEFA Europa League | Atlético de Madrid | 2012 |
| Copa do Rei | Atlético de Madrid | 2013 |
Selección [editar]
Campionatos internacionais [editar]
| Título | Club | Ano |
|---|---|---|
| Eurocopa Sub-21 | Selección española | 2011 |
Distincións individuais [editar]
| Distinción | Ano |
|---|---|
| Bota de Prata da Copa Mundial de Fútbol Sub-20 | 2007 |
| Bota de ouro da Eurocopa sub-21 | 2011 |
| Mellor xogador da Eurocopa sub-21 | 2011 |
Notas [editar]
- ↑ "Adrián López do Deportivo marcha cedido ao Alavés". http://www.joinfutbol.com/es/adrian_lopez_del_deportivo_se_marcha_cedido_al_alaves_hasta_fin_de_temporada_9869.php. Consultado o 23 de xuño de 2011.
- ↑ "Adrián López xogará cedido no Málaga". http://archivo.marca.com/edicion/marca/futbol/1a_division/malaga/es/desarrollo/1155540.html. Consultado o 23 de xuño de 2011.
- ↑ "A sub-21 tamén reina en Europa". http://www.elcomercio.es/rc/20110625/deportes/futbol/final-confirmacion-201106250257.html. Consultado o 25 de xuño de 2011.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Nados en 1988
- Nados en Asturias
- Futbolistas españois
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Real Oviedo
- Xogadores do Deportivo de La Coruña
- Xogadores do Deportivo Alavés
- Xogadores do Málaga CF
- Xogadores do Atlético de Madrid
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21
- Xogadores da selección de fútbol de España