Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A tempada 1994/95 da Primeira división española de fútbol, que foi a 64ª edición do campionato, comezou o 3 de setembro de 1994 e rematou o 18 de xuño de 1995.
O Real Madrid proclamouse campión cinco anos despois, rompendo a serie triunfal do FC Barcelona. 26º título para o club merengue.
Participantes e estadios [editar]
Tomaron parte no torneo 20 clubs, entre eles, un debutante na máxima categoría, a Sociedad Deportiva Compostela, de Santiago.
Clasificación final [editar]
- O Real Zaragoza clasificouse para a Recopa de Europa por ser o vixente campión do torneo.
- Unha vez finalizada a tempada o Real Valladolid foi repescado pola ampliación da Primeira División a 22 equipos para a próxima tempada.
Tras quedar á portas a tempada 1992/93, Iván Zamorano logrou o trofeo do Diario Marca ao máximo goleador do campionato, en pugna con Meho Kodro.
Tras catro anos á sombra de Paco Buyo no Real Madrid, Pedro Jaro reivindicouse no Real Betis. Gañou o Zamora como porteiro menos goleado do campionato, e foi un dos puntais do equipo verdibranco, que finalizou a liga en terceira posición.
Para optar ao Trofeo Zamora foi necesario disputar 60 minutos en, como mínimo, 28 partidos.
| Pos |
Xogador |
Equipo |
Goles |
Partidos |
Promedio |
| 1º |
Pedro Jaro |
Real Betis |
25 |
38 |
0,65 |
| 2º |
Francisco Buyo |
Real Madrid |
29 |
37 |
1,78 |
| 3º |
Toni Jiménez |
RCD Espanyol |
35 |
37 |
0,92 |
| 4º |
Juan Carlos Unzué |
Sevilla FC |
40 |
38 |
1,05 |
| 5º |
Juanjo Valencia |
Athletic Club |
42 |
38 |
1,10 |
|
Juan Luis Mora |
Real Oviedo |
41 |
37 |
1,10 |
| 7º |
Carlos Busquets |
FC Barcelona |
36 |
32 |
1,12 |
| 8º |
Alberto López |
Real Sociedad |
44 |
38 |
1,15 |
| 9º |
José Ceballos |
Racing de Santander |
48 |
38 |
1,26 |
|
Andoni Zubizarreta |
Valencia CF |
48 |
38 |
1,26 |
Ligazóns externas [editar]