Coliseum da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista frontal coas taquillas.

O Coliseum da Coruña é un recinto multiusos destinado a espectáculos, xestionado polo Instituto Municipal Coruña Expectáculos (IMCE), situado no acceso principal á Coruña dende a autoestrada AP-9 e a autovía A-6. Foi deseñado polo arquitecto xaponés Arata Isozaki, e inaugurado o 19 de maio de 1991.

Índice

[editar] Características

O recinto acolle varios tipos de eventos, dende espectáculos musicais, eventos deportivos, eventos de ocio (como patinaxe sobre xeo), grandes asembleas e feiras sectoriais, e cada mes de agosto se convirte tamén en praza de touros.

A base do edificio é circular, ten unha pista central duns 1.900 que se emprega como cancha deportiva, praza de touros, auditorio para macroconcertos ou feiras de mostras. A capacidade do Coliseum para concertos é de 11.000 persoas, e de 8.000 para corridas de touros.

[editar] Feira Taurina da Coruña

Vista lateral.

Na Coruña celébrase unha feira taurina tódolos primeiros fins de semana do mes de agosto coincidindo coas festas de María Pita, e que adoita estar composta por 3 festexos, un o venres, un o sábado e outro o domingo. No ano 2010 actuaron figuras tan salientables como Enrique Ponce, El Fandi ou Jesulín de Ubrique.

A primeira corrida de touros que se celebrou no Coliseum foi o 12 de agosto de 1991. Nesa data actuaron Luis Francisco Esplá, Morenito de Maracay e Víctor Méndez. Camilo José Cela conservaba a cabeza do primeiro touro ó que se lle cortou unha orella neste recinto.

Para a práctica taurina, o recinto dispón de tódalas dependencias que ten calquera praza de touros, cunha pista central de 45 metros de diámetro, enfermería, capela, etc.

O uso taurino deste recinto resucitou as corridas de touros na cidade da Coruña, unha cidade que hai anos tivo outra praza de touros e na que dende o 7 de outubro de 1967 non se celebraban festexos taurinos.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas