Juan Hilario Marrero Pérez
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Juan Hilario Marrero Pérez | ||
| Nacemento | 8 de decembro de 1905 | ||
| Lugar | As Palmas, España | ||
| Falecemento | Febreiro de 1989 (84 anos) | ||
| Posición | Dianteiro | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 1922–1925 | Porteño | ||
| 1925–1928 | Victoria | ||
| 1928–1931 | Deportivo da Coruña | ||
| 1931–1936 | Real Madrid | 73 | (22) |
| 1936–1939 | Valencia | ||
| 1939–1940 | Barcelona | 6 | (1) |
| 1940–1942 | Deportivo da Coruña | 4 | (1) |
| 1942–1943 | Elche | ||
| Selección nacional | |||
| 1931–1935 | España | 2 | (1) |
| Adestrador | |||
| 1939–1941 | Deportivo da Coruña | ||
| 1943 | Betanzos CF | ||
| 1944–1945 | Racing de Ferrol | ||
| 1945–1946 | Deportivo da Coruña | ||
| 1947–1949 | Racing de Ferrol | ||
| 1949 | Girona | ||
| 1958–1959 | Deportivo da Coruña | ||
| 1960 | Racing de Ferrol | ||
| * Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) |
|||
Juan Hilario Marrero Pérez, nado o 8 de decembro de 1905 nas Palmas de Gran Canaria e finado en 1989, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española.
Índice |
Traxectoria [editar]
Como xogador [editar]
Nado nas Palmas en 1905, Marrero iniciou a súa carreira profesional moi novo. Aos 16 anos comezou a xogar no Porteño e despois no Victoria de Las Palmas, para fichar en 1928 polo Deportivo da Coruña, no que permaneceu tres anos.
En 1931 fichou polo Real Madrid CF e en 1939 pasou a formar parte do FC Barcelona, para retornar posteriormente ao Deportivo no rol de xogador e adestrador, sendo a súa xestión clave para lograr o ascenso a Primeira División do club galego en 1941. Na tempada 1942–43 xogou e adestrou no Elche CF.
Como adestrador [editar]
Xa como adestrador, na tempada 1943–44 dirixou ao Rácing de Ferrol, logrando o retorno do club ferrolán á Segunda División, e tamén adestrou a ese equipo (xa sempre en Segunda) en 1944-45, 1946-47, 1947-48, 1948-49 e 1959-60; na tempada 1945–46 retornara novamente ao Deportivo, que militaba en Segunda División, logrando o ascenso a Primeira. E na 1948-49 tamén adestrou ao Girona FC.
Tras un ano de baldío (tempada 1949–50), Marrero retornou a Canarias para adestrar ao UD Las Palmas e posteriormente ao CD Tenerife. A finais da década dos cincuenta adestrou outra vez ao Deportivo. --83.37.94.227 12:39, 25 de maio de 2012 (UTC)
Selección nacional [editar]
Marrero foi internacional coa selección española en dúas ocasións.
Curiosidades [editar]
- No Deportivo, Marrero xogou en case tódolos postos do equipo. Nunha ocasión quixo facelo de porteiro, pero non lle deixaron.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||
- Nados en 1905
- Finados en 1989
- Nados nas Palmas de Gran Canaria
- Futbolistas españois
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Deportivo de La Coruña
- Xogadores do Real Madrid CF
- Xogadores do Valencia CF
- Xogadores do FC Barcelona
- Xogadores do Elche CF
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Adestradores de fútbol de España
- Adestradores do Deportivo da Coruña
- Adestradores do Racing de Ferrol