Juan Mari Mujika

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan Mari Mujika
Información persoal
Nome Juan María Mujika Izaguirre
Nacemento 12 de maio de 1963
Lugar de nacemento Donostia
Falecemento 14 de xuño de 2004
Lugar de falecemento Zumarraga
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
Real Sociedad
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1984–1985 San Sebastián
1985–1990 Real Sociedad 129 (11)
1990–1993 Deportivo da Coruña 37 (2)
1993–1995 Alavés
Selección nacional
1986 España sub-21 1 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Juan María Mujika Izagirre, chamado futbolisticamente Mújica, Mugika ou Mujika, e alcumado Musti, nado en Donostia o 12 de maio de 1963 e finado en Zumarraga (Guipúscoa) o 14 de xuño de 2004, foi un futbolista vasco da década dos anos 1980 e 90. Xogou na posición de centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debutou na tempada 1985–86 en Primeira División coa Real Sociedad, cando foi chamado polo seu adestrador John Toshack do equipo filial. Debutou o 6 de outubro de 1985, nun partido fronte ao RCD Espanyol en Atocha que rematou con vitoria local (1–0). No equipo donostiarra permaneceu até a tempada 1989–90, logrando a Copa do Rei 1986–87, e contando durante estas campañas coa titularidade.

Na tempada 1990–91 fichou polo Deportivo da Coruña, co que ascendeu esa tempada a Primeira División. No Deportivo, que gozou de moita menos titularidade, permaneceu até a tempada 1992–93, relegado á suplencia toda esa campaña e sen xogar ningún partido de toda a segunda volta.

Na tempada 1993–94 fichou polo Deportivo Alavés, en Segunda División B, onde xogou dúas campañas. Na súa primeira tempada no conxunto vitoriano o veterano xogador guipuzcoano loitou por devolver ao Alavés á Segunda División. Con todo, o equipo perdeu nos play-off de ascenso. Na súa segunda tempada, e da man do adestrador Txutxi Aranguren, o Alavés logrou o ansiado ascenso. Mujika retirouse en 1995.

En xuño de 2001 Mujika sufriu un gravísimo accidente de tráfico que lle deixou en estado de coma vexetativo. O 23 de novembro de 2003 os equipos de veteranos de Real Sociedad e Real Madrid disputaron un partido amigable para recadar fondos para a familia do xogador. Finalmente, tras estar preto de tres anos prostrado neste estado, Mújika faleceu o 14 de xuño de 2004 no hospital de Zumarraga aos 41 anos de idade.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

A súa proxección na Real Sociedad fixo que debutara coa selección española sub-21 o 29 de xaneiro de 1986, nun partido de Eurocopa sub-21 fronte á selección marroquí sub-21 que rematou con vitoria (3–0). Aínda que foi convocado durante todo o torneo non volveu vestir a camisola da selección.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Real Sociedad

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]