Estadio Municipal da Malata
Coordenadas: 43°29′28.53″N 8°14′20.46″W / 43.4912583°N 8.2390167°W
| Datos | |
|---|---|
| Localización | Ferrol, Galicia |
| Inauguración | 1993 |
| Superficie | Herba |
| Capacidade | 12.049 |
| Dimensións | 105 x 68 m. |
| Propietario | Concello de Ferrol |
| Localía | Racing de Ferrol |
| Eventos | |
| Ningún | |
O estadio municipal da Malata é un campo de fútbol localizado en Ferrol, e onde xoga o equipo do Racing de Ferrol.
Características [editar]
O estadio está localizado nunha superficie municipal de 144.806 metros cadrados na zona da Malata, no alfoz da cidade, xunto ó recinto feiral de Punta Arnela e á desenbocadura do río da Sardiña, son terreos gañados á ría de Ferrol. O campo mide 105 metros de longo e 68 de largo.
Foi construído pola empresa Agromán e financiado con 1.700 millóns de pesetas pola Xunta de Galicia. Foi proxectado por un equipo de cinco arquitectos, aínda que do seu deseño encargouse Alfredo Alcalá.
O recinto dispón de 12.024 butacas, todas elas a cuberto. Tamén ten un sistema de rego mediante aspersores emerxentes, un marcador electrónico, vestiarios, cafetería, oficinas, locais para radio, prensa e televisión, e piscina climatizada.
O primeiro partido xogouse o 18 de abril de 1993 en xornada de liga, entre o Racing e o Atlético de Madrid B, co resultado de 3-2. Porén, foi inaugurado oficialmente o 29 de agosto de 1993 cun partido entre o Celta e o Deportivo. Substituíu o campo do Inferniño, situado no centro da cidade departamental.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||