Alberto Albistegi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alberto Albistegi
Información persoal
Nome Alberto Albistegi Zamakola
Nacemento 24 de setembro de 1964 (59 anos)
Lugar de nacemento Eibar
Altura 1,88 m.
Posición Defensa
Información de club
Club actual Retirado
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1984–1986 Real Sociedad B
1984–1986 Real Sociedad 2 (0)
1986–1988 Sestao 77 (7)
1988–1990 Mallorca 25 (1)
1990–1993 Deportivo da Coruña 92 (5)
1993–1997 Real Sociedad 113 (6)
1997–1999 Alavés 38 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Alberto Albístegi Zamakola, nado en Éibar o 24 de setembro de 1964, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Albistegi debutou na Real Sociedad B en 1984, xogando no equipo donostiarra até 1986, logrando participar nunha ocasión no primeiro equipo. En 1986 foi contratado polo Sestao SC, club no que militou até 1988, ano do seu traspaso ao RCD Mallorca. No seu primeiro ano en Mallorca conseguiu o ascenso a Primeira División. En 1990 foi contratado polo Deportivo da Coruña, daquela en Segunda División, e conseguiu o ascenso esa mesma primeira campaña. Permaneceu no club galego tres tempadas. En 1993 volveu á Real Sociedad, onde permaneceu catro campañas. En 1997 foi contratado polo Deportivo Alavés, ano no que conseguiu o ascenso a Primeira División, e retirouse ao rematar a seguinte tempada, en 1999.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]