OAR A Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O OAR Ciudad, OAR A Coruña, ou sinxelamente OAR Coruña é un club de balonmán galego da cidade da Coruña fundado en 1952 que xoga na 1ª División Estatal do balonmán español.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundado en 1952, na Coruña, concretamente na Cidade Vella, naceu no seo da Agrupación Acción Católica.

O domicilio e o local social atopábanse na rúa Amargura da Cidade Vella da capital herculina, local que máis tarde sería ocupado pola parroquia. O club, co paso dos anos foi deixando de utilizalo, realizando so reunións esporádicas da directiva.

Durante os primeiros anos, o balonmán non era o único deporte que se practicaba na Entidad, tamén tiñan cabida o fútbol e o baloncesto.

Respecto ao balonmán, era un deporte distinto ao actual, xogábase baixo o formato do chamado Balonmán 11. Os partidos celebrábanse no recheo da Mariña, zona onde se encontra situado hoxe en día o Hotel NH Atlántico.

Durante anos, o OAR participou nas competicións provinciais, acadando a 1ª División Nacional contra o ano 1976.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns[editar | editar a fonte]