Club Español de Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Español de Madrid
Nome completo Club Español de Madrid
Alcume(s)
Fundación 1900
Desaparición
Estadio
Inauguración
Capacidade
Na casa


Fóra


O Club Español de Madrid foi un club de fútbol da cidade de Madrid. O club foi fundado orixinalmente en 1900. En 1902, unha escisión no club deu lugar ao Real Madrid.

O Club Español foi campión do Campionato Centro en 1904 e 1909. En 1904 o presidente da Federación Madrileña de Foot-Ball, quen tamén era presidente do Club Español, declarou ao club campión da Copa do Rei. Con todo, esta reclamación non foi recoñecida polos demais clubs participantes, que declararon gañador ao Athletic de Bilbao. O Club Español foi finalista en 1909 e 1910 da Copa do Rei.

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

O fútbol foi introducido en Madrid polos profesores e estudantes da Institución Libre de Ensino. Entre eles figuraban varios graduados das universidades de Oxford e Cambridge. En 1895 fundaron o Foot-ball Sky, un club que xogaba os domingos pola mañá na Moncloa. En 1900 unha escisión dentro deste club viu a aparición de dous novos clubs, New Foot-Ball de Madrid e Club Español de Madrid. O primeiro presidente do Club Español foi Julián Palacios. En 1902 Palacios axudou a formar un novo club, Sociedad Madrid FC, máis tarde convertido no Real Madrid.

Copa do Rei de 1904[editar | editar a fonte]

En 1904 o Club Español gañou o Campionato Rexional Centro, unha liga rexional utilizada como clasificación para a Copa do Rei. Con todo, a posterior competición, xogada en Madrid, terminou nun caos. Na rolda inicial o Club Español xogou contra o Madrid FC con resultado dun 5-5. Ambos os equipos negáronse a xogar tempo extra e organizouse un partido de desempate para o día seguinte. Con todo o Madrid FC non se presentou e deuse por gañador ao Club Español. Na semifinal xogaron contra o FC Moncloa. O Club Español abandonou o partido con 1-0 por mor dunha grave lesión dun xogador do Club Español. O Club Español foi declarado gañador e avanzou á final. Con todo, unha mestura da datas da final resultou en ser declarado gañador o Athletic de Bilbao sen xogar un partido. O presidente da Federación Madrileña de Foot-Ball, quen tamén era presidente do Club Español, tratou de declarar gañador ao Club Español, que se presentou a xogar noutra data. Con todo, os outros clubs negáronse a recoñecer esta reclamación.

Copa do Rei de 1909 e 1910[editar | editar a fonte]

En 1909 o Club Español gañou o Campionato Centro unha vez máis, e de novo clasificouse para a Copa do Rei. Na semifinal derrotou ao FC Barcelona por 3-2 pero logo perdeu 3-1 na final co Club Ciclista de San Sebastián.

En 1910 organizáronse dúas copas, a Copa do Rei e a Copa FEF na que xogou o Club Español xunto co FC Barcelona e o Deportivo da Coruña. A competición xogouse como unha mini-liga e no partido decisivo gañou o FC Barcelona ao Club Español por un 3-2. O Club Español, que gañara 3-1 contra o Deportivo, terminou como subcampión.

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Campionato Rexional Centro (2): 1904, 1909
  • Subcampión da Copa do Rei (2): 1909, 1910

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Morbo: La historia del fútbol español (2003), Phil Ball. [1]