Pedro Mosquera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pedro Mosquera
Información persoal
Nome completo Pedro Mosquera Parada
Nacemento 21 de abril de 1988 (25 anos)
Lugar A Coruña, Galicia
Altura 1,84 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Getafe
Número 21
Carreira xuvenil
Galicia Gaiteira
2000–2006 Real Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2006–2010 Real Madrid B 96 (6)
2010 Real Madrid 1 (0)
2010– Getafe 14 (0)
Selección nacional
2004 España sub-16 1 (0)
2004–2005 España sub-17 4 (0)
2006–2007 España sub-19 6 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Pedro Mosquera Parada, coñecido como Mosquera, é un futbolista galego nado na Coruña o 21 de abril de 1988. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é o Getafe CF da Primeira División Española.

Índice

Traxectoria [editar]

Pedro Mosquera empezou xogando a hóckey a patíns no Colexio Santa María do Mar[1]. Finalmente, decantouse polo fútbol, ingresando no Galicia Gaiteira CF e posteriormente nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña. Con doce anos, e logo de destacar en torneos internacionais de alevíns como o de Brunete, incorporouse ao fútbol base do Real Madrid.

A tempada 2005/06 foi campión da Copa de Campións Xuvenil co equipo madridista.[2] Un ano máis tarde Míchel deulle a alternativa co Real Madrid Castilla, por entón en Segunda División. Permaneceu catro campañas no filial madridista, do que chegou a ser o capitán.

Durante a tempada 2009/10 o técnico do primeiro equipo, Manuel Pellegrini, convocouno en varias ocasións, tanto en encontros de liga como de Liga de Campións, aínda que sen non chegou a debutar. Finalmente o 25 de marzo de 2010 chegou o debut oficial co Real Madrid, nun partido de Primeira División ante o Getafe CF. Tivo unha presenza testemuñal, substituíndo a Xabi Alonso no último minuto.[3]

En xullo de 2010 foi traspasado ao Getafe CF,[4] co que asinou por catro tempadas, reservándose o Real Madrid unha opción de recompra. No club azulón volveu coincidir co adestrador Míchel.

Na tempada 2011-12 volve ao Real Madrid Castilla, daquela en Segunda División B, equipo no cal sigue xogando na actualidade, agora xa na Segunda División Española.

Selección nacional [editar]

Mosquera foi internacional coas seleccións sub-16, sub-17 e sub-19 de España, nun total de 11 ocasións.

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]