Pahiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pahiño
Información persoal
Nome completo Manuel Fernández Fernández
Nacemento 21 de xaneiro de 1923
Lugar Vigo, Galicia
Falecemento 12 de xuño de 2012 (89 anos)
Lugar Madrid, España
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
1939–1940 Navia
1940–1943 Arenas de Alcabre
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1943–1948 Celta de Vigo 101 (59)
1948–1953 Real Madrid 124 (108)
1953–1956 Deportivo da Coruña 72 (46)
1956–1957 Granada
Selección nacional
1949 España B 1 (0)
1948–1955 España 3 (3)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Manuel Fernández Fernández, comunmente coñecido como Pahiño, nado en Vigo o 21 de xaneiro de 1923 e falecido en Madrid o 12 de xuño de 2012 aos 89 anos, foi un futbolista galego que xogou no Celta de Vigo, Real Madrid, Deportivo da Coruña e na selección española durante os anos corenta e cincuenta. Foi un prolífico goleador, conseguindo o trofeo Pichichi en dúas ocasións, en 1948 mentres xogaba no Celta de Vigo e 1953 na súa etapa no Real Madrid.

Carreira deportiva[editar | editar a fonte]

Comezou a súa traxectoria deportiva no Navia. Na tempada 1947-1948 os goles de Pahiño axudaron ó Celta de Vigo a finalizar cuarto na liga española e acadar a final da Copa do Xeneralísimo. Na mesma tempada gañou o trofeo Pichichi por primeira vez. Tamén marcou no seu debut coa selección española nun empate 3-3 coa selección suíza.

Entre os seus compañeiros de equipo no Celta estaba Miguel Muñoz, co que marcharía ó mesmo tempo a xogar no Real Madrid. Pahiño continuou marcando goles regularmente e na tempada 1951-1952 conseguiu o seu segundo Pichichi. Con todo, coa chegada de Alfredo Di Stéfano o seu posto foi ocupado e decidiu marchar ó Deportivo de La Coruña onde xogaría no mesmo once con Luis Suárez e Arsenio Iglesias.

A pesar dos seus números como goleador, Pahiño só participou en tres ocasións coa selección española, e non acudíu ó mundial de 1950 por mor das súas ideas políticas de esquerda[1]. A súa última aparición no equipo foi no empate 2-2 contra a República de Irlanda en 1955, partido no que marcou os dous goles do equipo.

Finalizou a súa carreira deportiva no Granada CF.

En xuño de 2010, inaugurouse un campo de fútbol co seu nome en Navia, neste acto estuvieron presentes ex xogadores do Celta de Vigo e do Deportivo da Coruña.

Actualmente é o oitavo xogador con máis goles en Primeira División.

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Tempada Equipo P. J. Goles
1943-48 Celta de Vigo 82 56
1948-53 Real Madrid 124 108
1953-56 Deportivo 72 46

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • 1 Pequena Copa do Mundo (1952)
  • Pichichi da Liga española en 1948 e 1952.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]