Lucas Pérez Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lucas Pérez
Lucas Pérez Martínez.jpeg
Información persoal
Nome completo Lucas Pérez Martínez
Nacemento 10 de setembro de 1988 (26 anos)
Lugar A Coruña, Galicia
Altura 1,81 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Deportivo da Coruña
Número 7
Carreira xuvenil
Alavés
Montañeros
Ordes
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2007–2009 Atlético de Madrid C 55 (18)
2009–2011 Rayo B 44 (25)
2010 Rayo Vallecano 7 (1)
2011–2013 Karpaty Lviv 51 (14)
2013 Dynamo Kyiv (cedido) 0 (0)
2013– PAOK 32 (9)
2014– Deportivo (cedido) 0 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 19 de xullo de 2014.
† Aparicións (Goles)

Lucas Pérez Martínez, nado na Coruña o 10 de setembro de 1988, é un futbolista galego. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o Deportivo da Coruña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do Atlético de Madrid pasando despois ao Rayo Vallecano B co que xogou en Segunda División B e chegou a participar co primeiro equipo en Segunda División en sete encontros, marcando un gol e contribuíndo ao ascenso do equipo a Primeira División.

No ano 2011 quedou libre e fichou polo FC Karpaty Lviv equipo da Primeira División de Ucraína, co que disputou a Europa League marcando un gol.

O 18 de xullo de 2014 firmou polo Deportivo da Coruña, cedido polo PAOK, por unha tempada con opción de compra.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]