Juan Carlos Valerón
![]() Juan Carlos Valerón en 2008. |
|||
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Juan Carlos Valerón Santana | ||
| Nacemento | 17 de xuño de 1975 (37 anos) | ||
| Lugar | Arguineguín, España | ||
| Altura | 1,80 m. | ||
| Posición | Mediapunta | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Deportivo da Coruña | ||
| Número | 21 | ||
| Carreira xuvenil | |||
| Arguineguín | |||
| Las Palmas | |||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 1994–1995 | Las Palmas B | 25 | (7) |
| 1995–1997 | Las Palmas | 54 | (2) |
| 1997–1998 | Mallorca | 36 | (3) |
| 1998–2000 | Atlético de Madrid | 65 | (7) |
| 2000– | Deportivo da Coruña | 326 | (24) |
| Selección nacional | |||
| 1997–1998 | España sub-21 | 4 | (0) |
| 1997 | España sub-23 | 4 | (0) |
| 1998–2005 | España | 46 | (5) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 19 de maio de 2013. † Aparicións (Goles) |
|||
Juan Carlos Valerón Santana, nado o 17 de xuño de 1975 en Arguineguín (As Palmas), é un futbolista español. Xoga de mediapunta e o seu equipo actual é o Deportivo da Coruña.
Índice |
Traxectoria [editar]
Valerón é un xogador que destaca pola súa calidade técnica e visión de xogo, cun talento único para dar o último pase. É un futbolista moi frío polo que ás veces é acusado de falta de garra.
Empezou xogando nas categorías inferiores da Unión Deportiva Las Palmas. En 1995 debuta na Segunda División. No 1997 é fichado polo Mallorca debutando o 30 de agosto en casa fronte ó Valencia con triunfo local por dous tantos a un. Despois dunha gran tempada fíchao o Club Atlético de Madrid. No club colchoeiro faise coa titularidade ante Juninho, fichaxe estrela do club tempo atrás. Tras dúas malas tempadas do equipo que acaban co descenso á Segunda División é trapasado ó Deportivo da Coruña.
No Deportivo gaña a Supercopa nada máis aterrar no club. Un par de tempadas despois gaña a Copa do Rei e unha nova Supercopa. No club coruñés é titular dende a súa chegada, e o auténtico cerebro do ataque da escuadra branquiazul.
En febreiro de 2006 sofre unha grave lesión: rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo. Na pretemporada seguinte á súa recuperación (comezo de 2006–07), recae outra vez. Cando a principios de 2007 parece que está recuperado, recae de novo. Sométeselle de novo a outra operación o 24 de marzo de 2007. Volveu xogar en partido oficial o 27 de xaneiro de 2008. Desde entón o adestrador Miguel Ángel Lotina foille administrando os minutos entre Copa do Rei e Copa da UEFA. É considerado un dos mellores xogadores da historia do Deportivo e un auténtico ídolo para a afección coruñesa.
O 29 de abril de 2010, confirmouse a súa renovación por 5 tempadas máis, polo menos unha máis como xogador, despois pasaría a ser asesor do presidente Augusto César Lendoiro.[1] Ao remate da tempada 2011–12, na que o Deportivo resultou campión de Segunda División, Valerón anunciou que continuaba unha campaña máis como xogador.[2]
Selección nacional [editar]
Valerón foi internacional coa selección española en 46 ocasións, marcando 5 goles. O seu debut como internacional produciuse o 18 de novembro de 1998, nun partido contra Italia (2–2). Participou na UEFA Euro 2000, na Copa Mundial da FIFA 2002 e na UEFA Euro 2004.
O seu primeiro gol anotouno o 2 de xuño de 2002, na vitoria contra Eslovenia (3–1) do partido da fase de grupos da Copa Mundial da FIFA 2002.
| Torneo | Sede | Partidos | Goles | Resultado |
|---|---|---|---|---|
| UEFA Euro 2000 | 2 | 0 | Cuartos de final | |
| Copa Mundial da FIFA 2002 | 4 | 1 | Cuartos de final | |
| UEFA Euro 2004 | 3 | 1 | Primeira rolda |
Estatísticas [editar]
Actualizado a 19 de maio de 2013.
| Club | Tempada | Idade | Liga | Copa do Rei | Comp. Europea | Supercopa | Selección | Total | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | |||
| Deportivo da Coruña | 2012–13 | 37 | 31 | 1 | 1 | 0 | – | – | – | – | – | – | 32 | 1 |
| 2011–12 | 36 | 39 | 5 | 1 | 0 | – | – | – | – | – | – | 40 | 5 | |
| 2010–11 | 35 | 21 | 0 | 5 | 0 | – | – | – | – | – | – | 26 | 0 | |
| 2009–10 | 34 | 24 | 1 | 4 | 0 | – | – | – | – | – | – | 27 | 1 | |
| 2008–09 | 33 | 22 | 0 | 3 | 0 | 12 | 1 | – | – | – | – | 37 | 1 | |
| 2007–08 | 32 | 5 | 0 | 0 | 0 | – | – | – | – | – | – | 5 | 0 | |
| 2006–07 | 31 | 2 | 0 | 1 | 0 | – | – | – | – | – | – | 3 | 0 | |
| 2005–06 | 30 | 20 | 4 | 3 | 1 | – | – | – | – | – | – | 23 | 5 | |
| 2004–05 | 29 | 38 | 1 | 1 | 0 | 8 | 0 | – | – | – | – | 47 | 1 | |
| 2003–04 | 28 | 34 | 3 | 1 | 0 | 14 | 3 | – | – | – | – | 49 | 6 | |
| 2002–03 | 27 | 23 | 2 | 1 | 0 | 5 | 0 | 2 | 1 | – | – | 31 | 3 | |
| 2001–02 | 26 | 36 | 3 | 4 | 0 | 13 | 3 | – | – | – | – | 53 | 6 | |
| 2000–01 | 25 | 31 | 4 | 2 | 0 | 8 | 0 | – | – | – | – | 41 | 4 | |
| Atlético de Madrid | 1999–00 | 24 | 35 | 4 | 6 | 0 | 6 | 0 | – | – | – | – | 47 | 4 |
| 1998–99 | 23 | 30 | 3 | 5 | 0 | 5 | 0 | – | – | – | – | 40 | 3 | |
| Mallorca | 1997–98 | 22 | 36 | 3 | 11 | 1 | – | – | – | – | – | – | 47 | 4 |
| Las Palmas | 1996–97 | 21 | 27 | 2 | 1 | 0 | – | – | – | – | – | – | 28 | 2 |
| 1995–96 | 20 | 27 | 0 | 2 | 1 | – | – | – | – | – | – | 29 | 1 | |
Palmarés [editar]
- Deportivo
- Copa do Rei: 2001–02
- Supercopa de España: 2000, 2002
- Copa Intertoto da UEFA: 2008
- Segunda División: 2011–12
- España sub-21
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Datos do xogador na páxina do Deportivo (en castelán)
- Datos do xogador en bdfutbol.com (en castelán)
- Datos do xogador en futbol.sportec.es (en castelán)
|
|||||
