Ricardo García Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cuca
Información persoal
Nome Ricardo García Martínez
Nacemento 23 de decembro de 1914
Lugar de nacemento Langreu
Falecemento 10 de xullo de 1971
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1935–1940 Racing de Santander 34 (12)
1941–1943 Deportivo da Coruña 44 (4)
1943–1944 Real Madrid 8 (1)
1945–1947 Sporting de Gijón 13 (2)
1949–1950 Oviedo 1 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Ricardo García Martínez, coñecido como Cuca, nado en Sama (Langreu) o 23 de decembro de 1914 e finado o 10 de xullo de 1971, foi un futbolista español. Xogaba de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na tempada 1935–36 xogou co Racing de Santander en Primeira División, club co que descendeu a Segunda División na campaña 1939–40, pasada a Guerra Civil. Durante a súa estadía no club cántabro participou en 34 encontros e anotou 12 goles.

Na tempada 1941–42 foi contratado polo Deportivo da Coruña, onde xogou dúas tempadas na máxima categoría participando en 44 partidos e anotando 4 goles. Así, na tempada 1943–44, fichou polo Real Madrid CF, club no que estivo tan só unha campaña e onde xogou 8 partidos e anotou un gol.

Na tempada 1945–46 fichou polo Sporting de Gijón, onde xogou dúas campañas. Na tempada 1949–50 foi xogador do Real Oviedo, descendendo ao final da campaña á Segunda División.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]