Rayo Vallecano de Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Rayo Vallecano")
Rayo Vallecano
Nome Rayo Vallecano de Madrid, S.A.D.
Alcume(s) Rayistas, franjirojos
Fundación 29 de maio de 1924 (89 anos)
Estadio Campo de Fútbol de Vallecas,
Madrid, España
Inauguración 1976
Capacidade 15.500
Presidente España Raúl Martín Presa
Adestrador España Paco Jémez
Liga Primeira División
2012–13
Vestimenta Erreà
Patrocinador Nevir
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

O Rayo Vallecano de Madrid é un club de fútbol do barrio de Vallecas, na cidade de Madrid. Foi fundado en 1924 e actualmente xoga na Primeira división española.

O equipo xogou 14 tempadas en Primeira División, 34 en Segunda, 5 en Segunda B e 11 en Terceira. Na tempada 2000/01 xogou a Copa da UEFA como equipo con menos tarxetas de Europa, sendo a única participación europea do equipo ata o momento.

Historia[editar | editar a fonte]

O 29 de maio de 1924 fundouse a Agrupación Deportiva El Rayo.

Desde 1931 ata 1936 participou no campionato da Federación Obreira de Fútbol. Encadrouse dentro da Federación Castelá de Fútbol ao terminar a Guerra Civil en 1939.

Nunha xunta realizada o 13 de novembro de 1947 acordouse renomear ao club como Agrupación Deportiva Rayo Vallecano. Ademais acordouse utilizar o escudo do concello de Vallecas.

A partir de 1949, por un acordo co Atlético de Madrid, engadiu á súa uniformidade a actual e soada raia vermella cruzada na súa camiseta, a semellanza da do equipo arxentino River Plate con quen ten unha amigable relación.

O equipo estivo ao bordo da desaparición en 1984.

En 1992, ao converterse en sociedade anónima deportiva, o empresario xerezano José María Ruiz-Mateos comprou a maior parte das accións e converteuse en presidente do Club. En 1994 sucedeulle a súa esposa, María Teresa Rivero Sánchez-Romate. O estadio leva agora o nome da súa presidenta.

Na actualidade conta cun grupo ultra de ideoloxía Antifascista chamado Bukaneros; fundado en 1992.

Ademais do equipo de fútbol, o Rayo Vallecano mantén unha Fundación de carácter social, centrada na educación, e no deporte como medio de educación física e moral.

Aínda que o Rayo Vallecano non gañou ningún título, a tempada 2000-01 viuse honrado cunha boa participación na copa da UEFA grazas á clasificación UEFA Fair Play (Xogo Limpo, menor número de cartóns sancionados na tempada 1999-00). Alcanzou os cuartos de final da competición tras derrotar ao Constel·lació Esportiva (0-10, 6-0), Molde FK (0-1, 1-1), Viborg FF (1-0, 2-1), FK Lokomotiv Moskva (0-0, 2-0) e Girondins de Bordeaux (4-1, 1-2). Foi eliminado polo Deportivo Alavés (3-0, 2-1), equipo que finalmente sería subcampión do trofeo ese ano.

Ademais tamén lle honra o ser líder da Primeira División durante varias xornadas seguidas (4).

A tempada 2007-08, tras proclamarse campión do grupo I de Segunda División B e superar a promoción de ascenso, tras derrotar ao Benidorm (1-1 e 1-0) e ao Zamora (0-1 e 1-1), logrou regresar a Segunda.

Na tempada 2008-09, recentemente ascendido de 2ªB, o equipo vallecano acaba a Liga en quinta posición con 70 puntos, e co trofeo Zamora en mans do seu porteiro titular, David Cobeño, como porteiro menos goleado do torneo. Cobeño tamén foi protagonista nun partido de Liga fronte ao Elche CF, no que o porteiro rayista marcou un gol desde a súa propia portería.

Na tempada 2010-11, o club consegue matemáticamente o ascenso a Primeira División, acabando en segunda posición. Na tempada 2011-12 consegue salvar a categoría na última xornada.

Datos do club[editar | editar a fonte]

Entrada ao estadio Teresa Rivero, onde se pode ver o escudo do Rayo Vallecano.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Categoría principal: Xogadores do Rayo Vallecano.

Cadro actual[editar | editar a fonte]

  • Actualizado a 31 de xaneiro de 2013.
Posto País Xogador
1 POR España Rubén
2 DEF España Tito
3 DEF España José Manuel Casado
4 DEF España Mikel Labaka
5 DEF España Álex Gálvez
6 DEF España Rodri
8 MED España Adrián
9 MED España José Carlos
10 DIA España Piti
11 MED Flag of Argentina.svg Alejandro Domínguez
13 POR España Dani Giménez
14 DEF España Anaitz Arbilla
Posto País Xogador
15 DIA España Raúl Tamudo
16 DEF España Jordi Amat
17 MED España Roberto Trashorras
18 MED España Javi Fuego
19 DIA Flag of Guinea.svg Lass
20 MED Flag of Argentina.svg Franco Vázquez
22 DEF España Jordi
23 DIA Flag of Montenegro.svg Andrija Delibašić
25 POR España David Cobeño
29 DIA Flag of Brazil.svg Léo Baptistão
33 MED España Alberto Perea

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Fútbol feminino[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]