Real Sociedad de Fútbol
| Nome | Real Sociedad de Fútbol, S.A.D. | ||
|---|---|---|---|
| Alcume(s) | Os Txuri-urdin A Real Erreala |
||
| Fundación | 1909 | ||
| Estadio | Municipal de Anoeta, Donostia-San Sebastián, España |
||
| Inauguración | 13 de agosto de 1993 | ||
| Capacidade | 32.000 | ||
| Presidente | |||
| Adestrador | |||
| Liga | Primeira División | ||
| 2011-12 | 12º | ||
| Vestimenta | Astore | ||
| Patrocinador | Deputación Foral de Guipúscoa | ||
| Páxina web | Páxina web oficial | ||
|
|
|||
A Real Sociedad de Fútbol, S.A.D. é un club de fútbol fincado na capital de Guipúscoa, Donostia-San Sebastián (País Vasco, España). Con case 24.000 socios, ten unha longuísima traxectoria na historia do balompé español.
Tras 40 tempadas consecutivas na Primeira División Española (1967-2007), o 17 de xuño de 2007, na última xornada da tempada 2006-07, perdeu a categoría, co que pasou a xogar en Segunda División. A tempada 2009-10 volve lograr o ascenso.
Ocupa o posto nº 8 na Clasificación histórica da Primeira División e o nº 184 na clasificación histórica mundial da IFFHS. É, ademais, o sexto equipo que máis internacionais aportou á Selección española de fútbol e ostenta o récord de xornadas consecutivas sen perder en Primeira.
O Athletic Club é o rival histórico da Real Sociedad por excelencia. Os dous equipos manteñen unha rivalidade desde os seus comezos, entre outras cousas porque son os dous principais equipos do País Vasco.
Índice |
Historia [editar]
Orixes [editar]
A Real Sociedad de San Sebastián foi fundada en 1909, baixo o nome de Sociedade de Foot-ball de San Sebastián, adquirindo o título de "Real" en 1910 a mans do rei Alfonso XIII. A Sociedade de Foot-ball xurdiu froito dunha escisión do San Sebastián Recreation Club, primeiro club do que se ten constancia en Guipúscoa, nacido en 1903 e escindido seis anos despois. Entre 1903 e 1908, as cores do San Sebastián Recreation Club eran o verde e o amarelo pero xa en marzo de 1908 estreouse unha nova equipación: camisa branca, iniciais SS en azul e pantalón azul.
Durante estes primeiros anos os donostiarras obtiveron moi bos resultados pero non podían participar nos campionatos oficiais ao non estar inscrita a Sociedad de Foot-ball no Rexistro Civil. Para poder participar no Campionato de España de 1909, recorreuse a xogar baixo o nome do Club Ciclista de San Sebastián, entidade que si cumpría cos requisitos legais, e coa denominación de Club Ciclista chegou o primeiro título da súa historia ao derrotar na final ao club Español de Madrid por 3 goles a 1.
Durante eses primeiros anos existe unha gran rivalidad co Athletic Club e o Racing de Irún, ademais en 1913 inaugúrase o campo de Atotxa.
Finais de Copa e a Liga [editar]
Na tempada 1927-28 prodúcese unha das finais máis épicas que se recordan, a triplo final de Copa de Santander contra o FC Barcelona, que desencadeou unha batalla poética entre Rafael Alberti e o txuriurdin Gabriel Celaya, Alberti que estaba presenciando o partido escribiu "Oda a Plattko" en honor á memorable actuación do porteiro húngaro, e Celaya respondeulle con "Contraoda do poeta da Real Sociedade" onde lle respondía dicindo que máis que Plattko era ao arbitro a quen tiña que dar as grazas o FC Barcelona. No ano 1928 a Real Sociedade xunto con outros nove clubs participan na Primeira edición da Primeira División de España, quedando en 4ª lugar e sendo o seu xogador Bienzobas o máximo goleador do Campionato.
No ano 1928 a Real Sociedad xunto con outros nove clubs participan na Primeira edición da Primeira división española, quedando en 4º lugar e sendo o seu xogador Bienzobas o máximo goleador do Campionato.
A partir de entón iníciase unhas tempadas de altibaixos, no que a incapacidade de manter aos seus mellores xogadores impide que se consolide o equipo, no entanto conséguese un subcampionato de Liga 1930-31. Durante esta época Ignacio Eizaguirre e Epifanio Fernández, "Epi", vanse ao Valencia CF na tempada 40-41, mentres que Silvestre Igoa faio na 42-43 conseguindo alí diversos títulos de Liga e de Copa. Trala volta destes tres internacionais, na tempada 1950-51, conséguese o Subcampeonato de Copa, outra vez fronte ao FC Barcelona, eliminando en semifinais ao Real Madrid cun 0-2 en Nuevo Chamartín co gran Benito Díaz de adestrador.
Época gloriosa [editar]
En 1957 créase o Sanse, equipo filial, que será o gran sementeiro de xogadores para o Primeiro Equipo.
No ano 1967 iníciase a época máis gloriosa do club, ese ano acaba cunha década de ascensos e descensos co definitivo ascenso de Puertollano, a partir dese momento empézase a construír o equipo que unha década despois converteríase en Campión de Liga, no ano 1974 participa por primeira vez nun competición europea, a Copa da UEFA, das que se faría asiduo.
A tempada 1979-80 será unha das máis recordadas pese a non conseguir o título e é que estableceu un récord de imbatibilidade, que aínda perdura, ao estar 32 xornadas consecutivas sen coñecer a derrota, que sumadas ás 6 últimas da tempada 1978-79 deixarían o record en 38, e foi precisamente no penúltimo partido contra o Sevilla onde a perdeu e ao cabo significo que a Liga levásella o Real Madrid, pero ao ano seguinte 1980-81 conseguiu o que tanto merecera o ano anterior, ser Campión, e conseguiuno de xeito épico, no último minuto do partido Zamora conseguiu, nun embarrado El Molinón, marcar o gol que ía dar á Real o primeiro título de Liga.
Na tempada 1981-82 volveu gañar a Liga e na Copa de Europa fixo un extraordinario campionato chegando ás semifinais onde foi eliminado polo Hamburgo, ao cabo campión de Europa.
Na tempada 1987 logra o título de Copa do Rei ao impoñerse na tanda de penaltis ao Atlético de Madrid, sendo Luís Arconada o heroe da noite ao parar o penalti decisivo.
Na tempada 1989-90 a Real, ante a fuga de tres dos seus xogadores máis importantes o ano anterior, onde se consegue o Subcampeonato de Liga e de Copa, Bakero, Begiristain e Rekarte ao FC Barcelona, e Loren ao Athletic de Bilbao comeza a contratar a futbolistas estranxeiros sendo John Aldridge o primeiro procedente de Liverpool FC inglés.
Subcampionato [editar]
Na tempada 2002-03 a Real volve loitar polo título de Liga e do mesmo xeito que na tempada 79-80 o Real Madrid no penúltimo partido arrebátalle o liderado que tanto defendera; unha tempada espectacular na que sobresaíron a parella de dianteiros Kovacevic e Nihat, e no centro do campo Xabi Alonso, De Pedro, Aramburu e Valery Karpin.
Uniforme [editar]
- Uniforme titular: Camiseta a franxas verticais azuis e brancas, pantalón branco e medias azuis.
- Uniforme alternativo: Camiseta negra e gris, pantalón negro e medias negras.
Estadio [editar]
- Artigo principal: Estadio Municipal de Anoeta.
O estadio da Real Sociedad é o Estadio Municipal de Anoeta, con capacidade para 32.076 espectadores. Foi inaugurado con atletismo o 29 de xullo de 1993 e o primeiro partido de fútbol foi o 13 de agosto nun amistoso contra o Real Madrid.
Datos do club [editar]
- Tempadas en 1ª: 65
- Tempadas en 2ª: 16
- Tempadas en 2ª B: 0
- Tempadas en 3ª: 0
- Mellor posto na liga: 1º (tempadas 1980-81 e 1981-82)
- Peor posto na liga: 19º (tempada 2006-07)
- Máximos goleadores: Satrustegui (162), Cholín (136) e López Ufarte (129)
- Participacións en competicións europeas: 12
- 3 na Liga de Campións
- 8 na Copa da UEFA
- 1 na Recopa de Europa
- Clasificación histórica na Liga (segundo a LFP): 8º
- Clasificación dos 200 mellores clubes europeos do século XX da IFFHS: 184º
- Mellores clasificacións en competicións europeas:
- Na Copa de Europa: Semifinal (tempada 1982-83)
Xogadores [editar]
Cadro 2012/13 [editar]
|
|
- Os xogadores con dorsais por enriba do 25 pertencen ao filial con aparicións no primeiro equipo.
= Capitán.
Palmarés [editar]
Torneos nacionais [editar]
- Liga de España (2): 1980–81, 1981–82
- Copa do Rei (2): 1909, 1986–87
- Supercopa de España (1): 1982–83
- Subcampión da Primeira División (4): 1930–31, 1979–80, 1987–88, 2002–03
- Subcampión da Copa do Rei (5): 1910, 1913, 1928, 1950–51, 1987–88
- Segunda División de España (6): 1939–40, 1940–41, 1942–43, 1948–49, 1966–67, 2009–10
Torneos rexionais [editar]
Torneos amigables [editar]
- Trofeo Reyno de Navarra (4): 1981, 1994, 2001 e 2010
- Trofeo Villa de Gijón (2): 1969 e 2000
- Trofeo Teide (1): 2009
Outros premios [editar]
- Trofeo Antuerpen (1): 1955
Real Sociedad B [editar]
A Real Sociedad de Fútbol B, coñecido popularmente como o Sanse, é o equipo filial do club. Fundado en 1951 baixo o nome de San Sebastián CF, xogou a tempada 2009-10 en Terceira División conseguindo o ascenso a Segunda B.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||