Raudnei Anversa Freire
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Raudnei Anversa Freire | ||
| Nacemento | 18 de xullo de 1965 (47 anos) | ||
| Lugar | Echapora, Brasil | ||
| Altura | 1,83 m. | ||
| Posición | Dianteiro | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 1985–1987 | Juventus-SP | ||
| 1988–1990 | Porto | ||
| 1988–1990 | → Deportivo (cedido) | 67 | (17) |
| 1990–1991 | Belenenses | ||
| 1991–1992 | Gil Vicente | ||
| 1992–1993 | Castellón | 17 | (4) |
| 1993 | Guarani | ||
| 1994 | Santo André | ||
| 1994 | Bahia | ||
| 1995 | Araçatuba | ||
| 1995 | Bahia | ||
| 1996 | Juventus-SP | ||
| 1996 | Kyoto Sanga | ||
| 1997 | Juventus-SP | ||
| 1997 | América-RN | ||
| * Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) |
|||
Raudnei Anversa Freire, nado en Echapora (São Paulo) o 18 de xullo de 1965, é un ex futbolista brasileiro. Xogaba de dianteiro.
Traxectoria[editar]
Na tempada 1988–89 o Deportivo da Coruña, daquela en Segunda División, logrou a cesión do xogador por parte do FC Porto, facendo unha notable campaña na que participou en 31 partidos e anotou 11 goles, sendo o máximo goleador deportivista ese ano. Tras unha dura negociación no verán de 1989, o presidente Augusto César Lendoiro logrou unha nova cesión do xogador para a tempada 1989–90, campaña na que xogou 36 encontros e marcou 6 goles.