Eduardo González Valiño
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Chacho")
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Eduardo González Valiño | ||
| Nacemento | 14 de abril de 1911 | ||
| Lugar | A Coruña, Galicia | ||
| Falecemento | 21 de outubro de 1979 (68 anos) | ||
| Lugar | A Coruña, Galicia | ||
| Posición | Centrocampista | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 1927–1934 | Deportivo da Coruña | ||
| 1934–1936 | Atlético de Madrid | 39 | (13) |
| 1936–1944 | Deportivo da Coruña | 29 | (6) |
| Selección nacional | |||
| 1933–1934 | España | 3 | (7) |
| Adestrador | |||
| 1941–1943 | Deportivo da Coruña | ||
| 1951–1952 | Deportivo da Coruña | ||
| * Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) |
|||
Eduardo González Valiño, máis coñecido como Chacho, nado o 14 de abril de 1911 na Coruña e finado o 21 de outubro de 1979 na mesma cidade, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española.
Índice |
Traxectoria [editar]
Escultura dedicada a Chacho na Coruña.
Iniciouse no Deportivo da Coruña para dar o salto ao Atlético de Madrid e debutar en Primeira División. En 1936, e coincidindo co inicio da Guerra Civil Española, volve ao Deportivo, club no que se retiraría en 1944. Entre 1941 e 1943 fixo as labores de xogador-adestrador, volvendo ao banquiño coruñés na tempada 1951–52.
Selección nacional [editar]
Chacho foi internacional coa selección española en tres ocasións, logrando 7 tantos. Participou no Mundial de Italia de 1934.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Datos do xogador en bdfutbol.com (en castelán)
- Datos do adestrador en bdfutbol.com (en castelán)
- Perfil de Chacho como xogador da selección española (en castelán)
|
|||||