John Benjamin Toshack

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Toshack
John Toshack 2011.jpg
Adestrando a Macedonia, en 2011.
Información persoal
Nome completo John Benjamin Toshack
Nacemento 22 de marzo de 1949 (65 anos)
Lugar Cardiff, Gales
Altura 1,85 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Khazar Lankaran (adestrador)
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1965–1970 Cardiff City 162 (74)
1970–1978 Liverpool 246 (96)
1978–1984 Swansea City 63 (25)
Total 471 (195)
Selección nacional
1968–1969 Gales sub-23 4 (0)
1969–1980 Gales 40 (12)
Adestrador
1978–1984 Swansea City
1984–1985 Sporting de Lisboa
1985–1989 Real Sociedad
1989–1990 Real Madrid
1991–1994 Real Sociedad
1994 Gales
1995–1997 Deportivo da Coruña
1997–1999 Beşiktaş
1999 Real Madrid
2000–2001 Saint-Étienne
2001–2002 Real Sociedad
2002–2003 Catania
2004 Murcia
2004–2010 Gales
2011–2012 Macedonia
2013– Khazar Lankaran
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

John Benjamin Toshack, OBE, nado en Cardiff o 22 de marzo de 1949, é un ex futbolista e actual adestrador de fútbol galés. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección galesa. Actualmente adestra o FK Khazar Lankaran, da Premier League de Acerbaixán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Toshack comezou a súa carreira no Cardiff City e, tras varios anos no club galés, foi contratado polo Liverpool FC en novembro de 1970. Durante a súa estadía no club inglés marcou 96 goles, gañando a Premier League nos anos 1973, 1976 e 1977, a Copa de Inglaterra no ano 1974, a Copa de Europa en 1977 e 1978 e a Copa da UEFA nos anos 1973 e 1976.

Con todo, a súa carreira estivo plagada de lesións e acabou sendo traspasado como adestrador-xogador ao Swansea City en 1978.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Foi internacional con Gales en varias categorías. Como internacional absoluto xogou 40 partidos, marcando 12 goles.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]