Mauro Silva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mauro Silva
Información persoal
Nome completo Mauro da Silva Gomes
Nacemento 12 de xaneiro de 1968 (46 anos)
Lugar São Bernardo do Campo, Brasil
Altura 1,77 m
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1988–1990 Guarani 1 (0)
1990–1992 Bragantino 60 (0)
1992–2005 Deportivo da Coruña 369 (1)
Total 430 (1)
Selección nacional
1991–2001 Brasil 59 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Mauro da Silva Gomes, nado en São Bernardo do Campo (Estado de São Paulo) o 12 de xaneiro de 1968, é un ex futbolista brasileiro. Xogaba de centrocampista defensivo e foi internacional coa selección brasileira.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira no ano 1986 no Guarani FC, club no que xogou os seus dúas primeiras tempadas. En 1988 foise ao Bragantino onde estivo ata 1992, ano no que fichou polo Deportivo da Coruña, onde estivo o resto da súa carreira deportiva que finalizou en 2005. Co dorsal número "6" ás costas liderou, xunto a Bebeto e Fran , o denominado Súper Dépor. Durante este período conseguiu levar ao club a alzarse con títulos como a Liga ou a Copa do Rei por primeira vez na súa historia.

Caracterizábase pola súa gran técnica, a súa potencia física e, sobre todo, pola súa seguridade sobre o campo e a súa capacidade de mando. A favor tiña o gran número de balóns que roubaba e os poucos que perdía. A súa posible única pega é a súa escasa achega goleadora (un só gol en trece tempadas como deportivista).

Foi durante boa parte da súa carreira deportiva un fixo da selección brasileira, coa que chegou a proclamarse campión do mundo.

Indiscutible titular para adestradores e afección converteríase nun dos mellores xogadores do mundo na súa posición.

Para algúns expertos do mundo do fútbol, é un dos mellores centrocampistas defensivos da historia.

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994[editar | editar a fonte]

Partidos xogados Minutos xogados Goles
7 616 0

Palmarés[editar | editar a fonte]

Club[editar | editar a fonte]

Bragantino
Deportivo

País[editar | editar a fonte]

Individual[editar | editar a fonte]

  • Copa de Ouro de Brasil: 1991
  • Copa de Prata de Brasil: 1992

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]