Mundial de Fútbol Brasil 1950

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Copa do Mundo de Fútbol 1950
IV Campeonato Mundial de Futebol
Detalles do torneo
Organizador Brasil Brasil
Datas 24 de xuño16 de xullo
Equipos 13 (de 34 participantes)
Sedes 6 (de 6 cidades)
Resultado
Campión Flag of Uruguay.svg Uruguai
Subcampión Brasil Brasil
Terceiro Flag of Sweden.svg Suecia
Cuarto España España
Estatísticas
Partidos 22
Goles 88 (4 por partido)
Asistencia 1.036.000 (47.091 por partido)
Goleador Brasil Ademir (8)
Mellor xogador
Mellor promesa
Mellor porteiro
Xogo limpo
◄◄ Francia Francia 1938   Soccerball.svg   Suíza 1954 Suíza ►►

O Mundial de Fútbol Brasil 1950, celebrouse en Brasil entre o 24 de xuño e o 16 de xullo. Foi o cuarto dos campionatos e o primeiro en 12 anos debido á Segunda Guerra Mundial. A elección de Brasil como sede do Mundial decidira a FIFA en xullo de 1946.

Cita célebre por varios acontecementos: Foi a primeira participación de Inglaterra nunha copa do mundo. Rexeitaran participar nas anteriores por considerarse moi superiores ó resto dos equipos. Foron derrotados polos equipos de España e Estados Unidos, facendo unha máis que decepcionante actuación. O máis lembrado deste mundial foi o encontro decisivo entre Brasil e Uruguai. Ós brasileiros chégaballes con empatar para gaña-lo trofeo, máis caeron por 2 a 1. Ghiggia anotou o tanto que daba a Uruguai o seu segundo campionato do mundo. O brasileiro Ademir foi o máximo goleador do torneo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]