Deportivo da Coruña B

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Deportivo de La Coruña B")
Deportivo B
Nome Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D. B
Alcume(s) Fabril
Dépor B
Fundación 1914 (98 anos)
Estadio O Mundo do Fútbol,
Abegondo, Galicia
Inauguración 2003
Capacidade 3.000
Propietario
Presidente Galicia Augusto César Lendoiro
Adestrador
Liga 3ª – Grupo 1
2011–12
Vestimenta Lotto Sport
Patrocinador Estrella Galicia
Web oficial
Na casa


Fóra


O Deportivo da Coruña B, que ten como nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña B, é un equipo de fútbol galego, o filial do Deportivo da Coruña. Fundouse en 1953 e milita na Terceira División, tras descender na tempada 2010–11.

Tradicionalmente chámaselle Fabril, debido a que se fundou sobre o equipo coruñés do dito nome, que foi filial do Deportivo da Coruña.

Índice

[editar] Historia

As súas orixes remóntanse a 1914 cando é fundado o Fabril Foot-ball Club. O seu uniforme orixinal compúñase dunha camisola a bandas verticais azulgranas e un pantalón negro.

Na tempada 1953-54 o Fabril, con Luis Suárez nas súas filas, gañoulle ó Celta Turista na final do campionato galego afeccionado, sendo o primeiro equipo da Coruña en gañalo. Ese mesmo ano ascendeu a Terceira división.

A finais da década de 1950 e principios da de 1960 o club viuse inmerso nunha grave crise económica. Nese momento o Fabril asina un acordo co outro clube da cidade, o Deportivo, polo cal este asumiu todas as débedas do anterior, que pasaba a ser o seu filial baixo o nome de Fabril Deportivo.

Na tempada 1963-64 xogou a promoción de ascenso á Segunda división, pero non logrou subir de categoría.

Tras distintos cambios de categoría durante as décadas seguintes, en 1991 o Fabril conseguiu o ascenso a Segunda B con Paco Melo como adestrador. Máis tarde chegou a ser segundo adestrador do primeiro equipo durante a "era Irureta". O equipo só durou un ano na categoría, a 1991-92, volvendo a Terceira tras quedar 18º.

En 1993 asinouse un novo acordo entre o Deportivo e os dez socios membros do Fabril. Por este acordo o Fabril pasou a ser federativamente o Real Club Deportivo de La Coruña B.

Na tempada 1994-95 volveu ascender a Segunda B e nas tempadas 1996–97 e 1997–98 xogou a liguiña de ascenso a Segunda División, aínda que non logrou subir.

O club regresou á Terceira División en 1999, onde estivo unha tempada e volveu ascender. Este ascenso durou só unha tempada, regresando a Terceira en 2001. En 2005-06 resultou campión da categoría, pero non logrou o ascenso. Na 2006-07 volveu gañar a liga, e desta volta si conseguiu subir a Segunda B, tras eliminar ó CD Don Benito na fase de ascenso.

Na tempada 2007-08 quedou 4º, e xogou a fase de ascenso a Segunda División pero foi eliminado na primeira eliminatoria polo Écija Balompié. Na tempada 2008-09 quedou 17º volvendo á Terceira división na última xornada.

Na campaña 2009–10 volveu ser campión de Terceira a tres xornadas do final, ascendendendo novamente á Segunda División B, tras superar a eliminatoria contra o Burgos CF nos penaltis en Riazor. Na tempada 2010–11 descendeu novamente a Terceira División.

[editar] Nomes do club

  • Fabril Foot-ball Club (1914–1941)
  • Fabril Sociedad Deportiva (1941–1963)
  • Fabril Deportivo (1963–1993)
  • Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D. "B" (1993– )

[editar] Estadio

O estadio no que xoga habitualmente o Deportivo B é o Mundo do Fútbol (situado en Abegondo), con capacidade para 3.000 espectadores, se ben tamén ten utilizado o Estadio de Riazor en partidos de especial transcendencia como foi o da fase de ascenso á Segunda División na tempada 2007–08.

[editar] Datos do club

[editar] Historial na liga

Tempada Categoría Posición
1964/65
1965/66
1966/67
1967/68
1968/69
1969/70 11º Red Arrow Down.svg
1970/71 Rexional Green Arrow Up.svg
1971/72 19º Red Arrow Down.svg
de 72-73 Rexional
a 76-77 Rexional Green Arrow Up.svg
1977/78
1978/79 17º
1979/80 16º
1980/81 10º
1981/82 11º
1982/83
Tempada Categoría Posición
1983/84
1984/85 10º
1985/86
1986/87 11º
1987/88
1988/89
1989/90
1990/91 Green Arrow Up.svg
1991/92 2ªB 18º Red Arrow Down.svg
1992/93
1993/94
1994/95 Green Arrow Up.svg
1995/96 2ªB
1996/97 2ªB
1997/98 2ªB
1998/99 2ªB 17º Red Arrow Down.svg
Tempada Categoría Posición
1999/00 Green Arrow Up.svg
2000/01 2ªB 20º Red Arrow Down.svg
2001/02
2002/03
2003/04
2004/05
2005/06
2006/07 Green Arrow Up.svg
2007/08 2ªB
2008/09 2ªB 17º Red Arrow Down.svg
2009/10 Green Arrow Up.svg
2010/11 2ªB 17º Red Arrow Down.svg
2011/12
2012/13 -


[editar] Xogadores

[editar] Cadro actual

Datos do 1 de agosto de 2011.
Posto País Xogador
1 POR España Marc Martínez
2 DEF España Adrián Gallego
3 DEF España Ángel Martínez
4 DEF España Oriol Ricarte
5 DEF Galicia Ínsua
6 DEF Galicia Uxío
7 MED Galicia Álvaro Lemos
8 MED Galicia Richi
9 MED Galicia Iago Beceiro
10 DIA Galicia Juan Carlos
11 MED España Víctor Díaz
Posto País Xogador
12 MED Galicia Adrián Martínez
13 POR Galicia Edu
14 MED Galicia Vela
15 DIA Galicia Álex Pérez
16 DIA España David Cubillas
DEF Galicia Vieytes
DEF Galicia José Manuel
MED España Pedro Crespo
MED Galicia David García
MED Galicia Álvaro Queijeiro
DIA Galicia Luis

[editar] Xogadores cedidos

Posto País Xogador
POR España Felipe Ramos (Cedido ao RCD Mallorca B por unha tempada)
DEF Galicia Raúl (Cedido a UD Melilla por unha tempada)
DEF Flag of Serbia.svg Stefan Deak (Cedido ao Hapoel Rishon LeZion F.C. ata o 30 de xuño de 2013)
DIA España Chirri (Cedido ao Club Deportivo Teruel por unha tempada)

[editar] Palmarés

[editar] Torneos estatais

[editar] Torneos amigables

  • Trofeo Sporting Sada (1): 2009
  • Trofeo Cidade de Betanzos (1): 2009
  • Trofeo Santiago Apóstol – VI Memorial Lisardo Campos (1): 2010
  • Trofeo de Vimianzo (1): 2010
  • Trofeo Concello de Cedeira (1): 2010

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Terceira División Española - Grupo 1 · 2011/12
Alondras | Bergantiños | Betanzos | Cerceda | Cultural Areas | Deportivo B | Dorneda | Estradense | Lalín | Negreira | Ordes | Ourense |
As Pontes | Pontevedra | Racing de Ferrol | Racing Vilalbés | Rápido de Bouzas | Somozas | Vilalonga | Xuventú de Sanxenxo
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas