Miguel Ángel Lotina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miguel Ángel Lotina
Miguel Ángel Lotina.jpg
Lotina como adestrador do Deportivo (2007–2011)
Información persoal
Nome completo Miguel Ángel Lotina Oruechebarría
Nacemento 18 de xuño de 1957 (57 anos)
Lugar Meñaka, España
Altura 1,80 m.
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
?–1978 Gernika
1978–1980 Logroñés
1981–1983 Castellón
1983–1988 Logroñés
Adestrador
1990–1992 Logroñés B
1992 Logroñés
1993–1996 Numancia
1996 Logroñés
1997–1998 Badajoz
1998–1999 Numancia
1999–2002 Osasuna
2002–2004 Celta de Vigo
2004–2006 Espanyol
2006–2007 Real Sociedad
2007–2011 Deportivo da Coruña
2012 Villarreal
2014 Omonoia
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Miguel Ángel Lotina Oruechebarría, nado en Meñaka (Biscaia) o 18 de xuño de 1957 é un ex futbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogou na demarcación de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

En Meñaka pasou a súa infancia Miguel Ángel Lotina, o menor de oito irmáns. Aprendeu castelán no colexio ben entrada a súa mocidade. Futbolista desde os 20 anos, sempre foi seguidor do Athletic de Bilbao. Dous das súas irmás, Francisca e Begoña, eran misioneiras do Sagrado Corazón e estiveron en Quenia e Camerún.

Empezou xogando no Gernika Club, en Terceira División, para pasar ao CD Logroñés, onde ascendeu de Segunda B a Primeira División. Tamén xogou dúas tempadas no CD Castellón.

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Xa como técnico, leva máis de 20 anos adestrando equipos de fútbol de tódalas categorías. Saltou á primeira plana cando dirixía ao CD Numancia, que entón militaba en Segunda B, despois de que na tempada 1995-1996 tivese unha incríbel racha na Copa do Rei eliminando a tres "primeiras" (Real Sociedad, Racing de Santander e Sporting) e tras estar a piques de eliminar tamén ao FC Barcelona. Lotina gañou un prestixio como adestrador, onde xa se estreara con anterioridade no CD Logroñés B durante tres tempadas. Precisamente foi este equipo quen lle contratou para darlle a oportunidade de debutar como adestrador de Primeira División na campaña 1996-97.

Máis tarde iría ao CD Badajoz (1997-98), outra vez ó CD Numancia (1998-99), co que logrou o ascenso a Primeira; despois ao Osasuna, equipo que tamén levou a Primeira División (1999-2002); o Celta de Vigo, equipo que levou á Liga de Campións por primeira e única vez na historia (2002-2004), e o RCD Espanyol co que conseguiu a Copa do Rei (2004-06), onde demostrou humildemente o seu bo facer no complicado mundo dos banquiños.

Non tan exitosa foi a súa tempada na Real Sociedad (2006-07), onde chegou iniciada a tempada e co equipo que antes adestrara José Mari Bakero nunha lamentable situación. Lotina tratou de reconducir a situación pero salvo Sávio o resto de fichaxes realizadas no inverno foron un auténtico fracaso (Herrera, Víctor López e Jesuli). Ademais en Donostia non chegaron nunca a entender o excesivo conservadurismo das súas formulacións coa gran necesidade de puntos que tiña o equipo, o cal unido ao primeiro descenso realista en 40 anos provocou a saída pola porta de atrás do adestrador.

Tras deixar a Real Sociedad ficha polo Deportivo da Coruña. Na súa primeira tempada consigue unha gran segunda volta e clasifica ó equipo para xogar a Copa Intertoto, competición na que se proclamaría campión, conseguindo unha praza para a Copa da UEFA do ano seguinte. O 23 de maio de 2011 anunciou a súa renuncia, despois do descenso do Deportivo á Segunda División, deixando unha amarga lembranza entre os seareiros branquiazuis polo seu excesivo plantexamento defensivo e a pouca confianza que expresaba.[1]

O 19 de marzo de 2012, o Villarreal CF confirmou a súa contratación tras despedir a José Francisco Molina debido aos malos resultados e á posición do equipo na clasificación. Así, Lotina chegou co obxectivo de intentar manter en primeira división ao conxunto amarelo.[2] Ao final da tempada o equipo descendeu a Segunda División.[3]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Espanyol
Deportivo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]