1944
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| < Século XIX | Século XX | Século XXI > | |||||||
| 01 | 02 | 03 | 04 | 05 | 06 | 07 | 08 | 09 | 10 |
| 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
| 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
| 31 | 32 | 33 | 34 | 35 | 36 | 37 | 38 | 39 | 40 |
| 41 | 42 | 43 | 44 | 45 | 46 | 47 | 48 | 49 | 50 |
| 51 | 52 | 53 | 54 | 55 | 56 | 57 | 58 | 59 | 60 |
| 61 | 62 | 63 | 64 | 65 | 66 | 67 | 68 | 69 | 70 |
| 71 | 72 | 73 | 74 | 75 | 76 | 77 | 78 | 79 | 80 |
| 81 | 82 | 83 | 84 | 85 | 86 | 87 | 88 | 89 | 90 |
| 91 | 92 | 93 | 94 | 95 | 96 | 97 | 98 | 99 | 00 |
Índice |
[editar] Acontecementos
[editar] Xaneiro
- 2 de xaneiro - En Saida (Nova Guinea) desembarcan tropas de Estados Unidos.
- 3 de xaneiro - No Túnel número 20, en Torre del Bierzo (León) prodúcese o maior accidente ferroviario en España.
- 4 de xaneiro - II Guerra Mundial: comeza a Batalla de Monte Cassino.
- 5 de xaneiro - O Daily Mail convértese no primeiro diario transoceánico.
- 13 de xaneiro - O goberno español anuncia restricións de enerxía eléctrica a partir do 15 de febreiro.
- 14 de xaneiro - II Guerra Mundial: as tropas soviéticas comezan a ofensiva de Leningrado e Novgorod.
- 15 de xaneiro - Na provincia de San Juan (Arxentina), ás 20:50 un terremoto destrúe a cidade de San Juan, producindo unhas 10000 mortes directas.
- 17 de xaneiro - Juan Domingo Perón e Evita coñécense na gala do Lúa Park para recadar fondos para os damnificados polo terremoto de San Juan
- 18 de xaneiro - II Guerra Mundial, fin do cerco de Leningrado despois de dous anos.
- 22 de xaneiro - II Guerra Mundial: Operación Shingle. Desembarco angloamericano en Nettuno e Anzio, a 55 km ao sur de Roma.
[editar] Febreiro
- 1 de febreiro - en Moscova modifícase a primeira Constitución soviética.
- 3 de febreiro - no marco da Segunda Guerra Mundial, o goberno de Franco reafirma a neutralidade de España.
- 10 de febreiro - en Ankara interrómpense as negociacións secretas entre Gran Bretaña e Turquía.
- 11 de febreiro - en Colombia é liberado o xefe conservador Laureano Gómez, quen fora encarcerado no principio do ano por calumnias ao goberno.
- 13 de febreiro:
- No marco da Segunda Guerra Mundial, a cidade de Rostov (Unión Soviética) é liberada da ocupación nazi.
- En Costa Rica, Teodoro Picado Michalski é elixido presidente.
- 15 de febreiro:
- A aviación aliada bombardea o mosteiro de Montecassino, onde os alemáns instalaran o seu sistema de comunicacións.
- EEUU recupera o control de Illas Salomón (no Océano Pacífico) tras duros combates cos xaponeses.
- 19 de febreiro - no transcurso da Segunda Guerra Mundial, Londres recibe os maiores ataques da Luftwaffe (Wehrmacht) nazi.
- 20 de febreiro - No marco da Segunda Guerra Mundial, a aviación estadounidense inicia un bombardeo intensivo sobre as fábricas de armamento alemás na chamada «operación Semana Grande».
[editar] Marzo
- 3 de marzo - ofensiva soviética en Ucraína durante a Segunda Guerra Mundial.
- 10 de marzo - publicación no exilio de Sempre en Galiza de Castelao
- en España adminístranse as dúas primeiras doses de penicilina.
[editar] Abril
- 1 de abril - a cidade suíza de Schaffhausen é bombardeada «por erro».
- 2 de abril:
- En O Salvador fracasa o golpe de estado contra o ditador Maximiliano Hernández Martínez (no poder desde 1931).
- Moscova advirte ás tropas nacionalistas chinesas que non penetren na Mongolia Exterior.
- Un maremoto arrasa as costas das illas Aleutianas (Alaska) e as illas Hawai e morren 300 persoas.
[editar] Maio
- 9 de maio - en O Salvador, Maximiliano Hernández Martínez, renuncia á presidencia, presionado por unha folga xeral.
[editar] Xuño
- 4 de xuño - entrada dos aliados en Roma durante a Segunda Guerra Mundial
- 6 de xuño - en Normandía (Francia) desembarcan as forzas aliadas (Día D).
- 17 de xuño - Islandia independízase de Dinamarca e constitúese en república independente.
- 19 de xuño - primeiro matrimonio de Norma Jean Baker, coñecida máis tarde como Marilyn Monroe.
- 22 de xuño - Operación Bagration, ofensiva soviética en Bielorrusia.
[editar] Xullo
- 20 de xullo - Claus von Stauffenberg xunto con outros militares alemáns fracasa no seu atentado contra Adolf Hitler.
- 21 de xullo - comeza a batalla de Guam.
- 22 de xullo - na Conferencia Monetaria e Financeira das Nacións Unidas realizada no complexo hostaleiro de Bretton Woods (Nova Hampshire) e mediante os Acordos de Bretton Woods, créase o Banco Mundial, o Fondo Monetario Internacional e establécese o uso do dólar como moeda internacional.
[editar] Agosto
- 1 de agosto - a cidade de Varsovia sublévase contra as tropas de ocupación alemás (Alzamento de Varsovia).
- 24 de agosto - Liberación de París, os primeiros soldados da 2.ª División Blindada (Division Leclerc) son españois republicanos adscritos ao Regiment de Marche du Tchad coñecida como a novena compañía do exército francés chegando ao concello.
[editar] Setembro
- 29 de setembro - O exército soviético entra en Iugoslavia
[editar] Outubro
- 20 de outubro - en Guatemala derrocan a ditadura de Jorge Sitúo. Iniciase un período revolucionario que durará unicamente 10 anos.
[editar] Novembro
- 15 de novembro - Constitución do Consello de Galiza no exilio
[editar] Decembro
- 22 de decembro - Vo Nguyen Giap fúnda o Exército Popular Vietnamita para loitar contra a ocupación xaponesa.
- Ratifícase o pacto Galeusca entre representantes galegos, vascos e catalás no exilio
- O xeneral francés Charles de Gaulle entra en París.
- Italia declara a guerra a Alemaña.
[editar] Acontecementos de maior duración
- Segunda Guerra Mundial (1939-1945)
[editar] Nacementos
- 1 de xaneiro - Omar al-Bashir, presidente de Sudán
- 6 de xaneiro - Rolf M. Zinkernagel, inmunopatólogo suízo, premio Nobel de Medicina en 1996.
- Alan Stivell - músico bretón.
- 9 de xaneiro - Jimmy Page, músico britânico
- 23 de marzo - Michael Nyman, pianista e compositor británico.
- 5 de abril - Xabier Lete, músico e poeta vasco
- 6 de abril - Manoel Soto Ferreiro, político galego
- 9 de abril - Lars Norén, poeta e dramaturgo sueco.
- 17 de abril - Lois Diéguez, escritor galego
- 14 de maio - George Lucas, director de cine estadounidense.
- 18 de maio - W. G. Sebald, escritor alemán.
- 20 de maio - Joe Cocker, cantante británico.
- 19 de xuño - Chico Buarque, músico brasileiro.
- 24 de xuño - Jeff Beck, músico inglés.
- 13 de xullo - Ernő Rubik, creador do cubo de Rubik, na cidade de Budapest.
- 31 de xullo - Robert C. Merton, economista estadounidense, Premio Nobel de Economía en 1997.
- 28 de setembro - Xesús Ferro Ruibal, escritor galego
- Robert Barro, economista estadounidense.
- 9 de outubro - Peter Tosh, músico xamaicano
- 1 de decembro - Tahar Ben Jelloun, escritor marroquí en francés.
- 28 de decembro - Kary Mullis, bioquímico estadounidense, premio Nobel de Química en 1993.
[editar] Mortes
- 5 de xaneiro - Kaj Munk, dramaturgo dinamarqués (executado)
- 23 de xaneiro - Edvard Munch, pintor noruegués
- 1 de febreiro - Pieter Mondrian, pintor holandés.
- 5 de marzo - Max Jacob, artista francés.
- 31 de xullo - Antoine de Saint-Exupéry, escritor e aviador francés.
- 11 de agosto - Hideyoshi Obata, xeneral xaponés.
- 14 de outubro - Erwin Rommel, militar alemán.
- 23 de outubro - Charles Glover Barkla, físico británico, premio Nobel de Física en 1917.
- 5 de novembro - Alexis Carrel, biólogo, médico e escritor francés, premio Nobel de Medicina en 1912.
- 7 de novembro - Richard Sorge xornalista alemán e espía para a Unión Soviética no Xapón.
- 22 de novembro - Arthur Eddington, astrónomo e físico británico
- 13 de decembro - Wassily Kandinsky, pintor ruso.
- 15 de decembro - Glenn Miller, músico estadounidense.
- 30 de decembro - Romain Rolland, escritor francés, premio Nobel de Literatura en 1915.
[editar] Premios Nobel
- Física: Isidor Isaac Rabi
- Química: Otto Hahn
- Fisioloxía ou Medicina: Joseph Erlanger e Herbert S. Gasser
- Literatura: Johannes V. Jensen
- Paz: Comité Internacional da Cruz Vermella

