Francisco Javier Pérez Villarroya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Villarroya
Información persoal
Nome completo Francisco Javier Pérez Villarroya
Nacemento 6 de agosto de 1966 (48 anos)
Lugar Zaragoza, España
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
Zaragoza
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1984–1990 Zaragoza 100 (6)
1990–1994 Real Madrid 83 (1)
1994–1996 Deportivo da Coruña 42 (0)
1996–1998 Sporting de Gijón 51 (2)
1998–1999 Badajoz 19 (1)
Total 295 (10)
Selección nacional
1988–1992 España 14 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Francisco Javier Pérez Villarroya, nado en Zaragoza o 6 de agosto de 1966, é un ex futbolista español. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Zaragoza o 6 de agosto de 1966, foi un centrocampista formado nas instalacións da Cidade Deportiva do Real Zaragoza, debutando no primeiro equipo na tempada 1984–85, aínda que non foi até 1987 cando se estableceu definitivamente na élite, con Manolo Villanova como adestrador do conxunto aragonés. Villarroya fíxose coa titularidade de maneira case indiscutible durante tres tempadas, nas que xogou 115 encontros oficiais co Real Zaragoza, marcou seis goles e estreou a internacionalidade coa selección española.

Villarroya acudiu ao Mundial de Italia, en 1990, como a flamante fichaxe do Real Madrid CF. Titular durante dúas tempadas seguidas, co Radomir Antic e Leo Beenhakker, na campaña 1992–93 comezou o seu declive ao perder a confianza do novo técnico, Benito Floro. En 1994 puxo rumbo á Coruña para xogar no Deportivo, até que en 1996 é contratado polo Sporting de Xixón e, en 1998, polo CD Badajoz, no que puxo fin á súa carreira como futbolista de elite tras desputar 14 encontros coa selección e 276 en Primeira División.

Persoal[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]