Racing Club de Ferrol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Racing de Ferrol
Nome Racing Club de Ferrol, S.A.D.
Alcume(s) Diaños verdes
Fundación 1919
Estadio A Malata,
Ferrol, Galicia
Inauguración 1993
Capacidade 12.042
Presidente Galicia Isidro Silveira Cameselle
Adestrador España José Manuel Aira
Liga 2ªB – Grupo 1
2012–13 (3ª – Grupo 1)
Vestimenta Trezze
Patrocinador Reganosa[1]
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

O Racing Club de Ferrol, S.A.D. é un club de fútbol da cidade de Ferrol (A Coruña), fundado no 1919 pola unión de varios clubs da cidade. Xogará a próxima tempada na Segunda División B, logo de tres consecutivas en Terceira.

Entre os seus maiores logros conta con varios campionatos galegos, un subcampionato da Copa do Rei en 1939, e un segundo posto na Segunda División en 1940.

Nome do club[editar | editar a fonte]

  • Racing Ferrol Foot-ball Club (1919–1941)
  • Club Ferrol (1941–1972)
  • Racing Club de Ferrol (1972–2001)
  • Racing Club de Ferrol, S.A.D. (2001– )

Historia[editar | editar a fonte]

Inicios do equipo[editar | editar a fonte]

Racing de Ferrol 1919-1920.

O equipo xurdiu coa chegada do fútbol a Galicia a comezos do século XX. O Racing de Ferrol naceu a iniciativa de Manuel Cancela, un futbolista que quixo unir aos mellores xogadores dos distintos equipos da comarca para formar un equipo competitivo.[2] Oficialmente, o club ten como data de nacemento o 20 de outubro de 1919, data na que formalizou a súa inscrición na Federación Galega de Fútbol, aínda que o seu primeiro partido disputouno o 17 de abril dese mesmo ano, con vitoria fronte a un equipo chamado "Ucraína".[3]

Ferrol comezou xogando nas categorías inferiores galegas, e o 29 de maio de 1921 trasládase ás instalacións da Malata, que se converte no seu campo habitual. Durante varios anos o equipo progresa e ascende posicións ata proclamarse campión de Galicia en 1928, logo de vencer ao Deportivo da Coruña no último partido do torneo rexional.[4] Con esa vitoria o equipo puido xogar por primeira vez na súa historia a Copa do Rei, sendo eliminado na segunda rolda fronte ao Athletic Club. Nese equipo xogou Guillermo Gorostiza, quen despois ficharía polo equipo bilbaíno.

En 1928 créase a Liga española de fútbol, e o Racing Club comezou a súa andaina no campionato nacional dentro do grupo galego de Terceira División (por entón, terceira categoría). Nas súas dúas primeiras tempadas, os ferroláns terminan en primeira posición do seu grupo, pero non conseguirían o ascenso ata 1934, cando a Real Federación Española de Fútbol amplía a Segunda División a máis formacións. O Racing só puido permanecer un ano, xa que terminou a tempada 1934/35 na última posición do seu grupo. A pesar diso, en 1936 gañou a "Copa Aranda", un torneo de fútbol rexional, tras vencer ao Deportivo da Coruña.

Finalista na Copa de España[editar | editar a fonte]

Despois do parón que supuxo a Guerra Civil española para o fútbol, o Racing de Ferrol volveu disputar unha competición oficial en febreiro de 1939, cos campionatos rexionais para a clasificación da Copa do Generalísimo, no seu primeiro ano baixo esa denominación. Os estragos da guerra afectaron a moitos clubs, que renunciaron a participar polos custos ou se atopaban sen xogadores, e en 1939 bateu á Real Sociedad en cuartos, e ao Barakaldo Oriamendi en semifinais.[5]

O equipo conseguiu así chegar ata a súa primeira final do torneo copeiro. O partido disputouse o 25 de xullo de 1939 no Estadio de Montjuïc (Barcelona), e o Racing de Ferrol caeu derrotado fronte ao Sevilla FC, que partía como claro favorito, por 2-6. Silvosa marcou os dous goles dos ferroláns.[6]

Paso pola Segunda División[editar | editar a fonte]

Logo da final de Copa, o Racing de Ferrol permaneceu catro tempadas en Segunda División desde o ano 1939 ata 1943, e de forma ininterrompida desde 1945 ata 1960, cando volveu descender ás divisións rexionais. En 1952 o equipo galego disputou por primeira vez na súa historia a liguiña de ascenso a Primeira División, aínda que non puido conseguir o seu obxectivo ao terminar en última posición de oito equipos.

En 1960 o club regresou ao grupo galego de Terceira División. A pesar de ser o seu máximo dominador, o Racing caía nas fases de ascenso e non conseguiu o seu obxectivo ata o ano 1966. O seu paso por Segunda durou nesta ocasión seis tempadas e o seu posto máis destacado foi unha cuarta posición na tempada 1968/69, a un só posto do ascenso cun refacho de 17 partidos consecutivos sen coñecer a derrota. Por outra banda, en 1967 o equipo fíxose co Trofeo Teresa Herrera logo de vencer ao Celta de Vigo na final.

O Racing de Ferrol descendeu a Terceira en 1972, e os galegos non conseguiron o ascenso. En 1978 a Federación Española reestrutura todo o campionato profesional e crea unha nova terceira categoría, coñecida como Segunda División B, que entón constaba de dous grupos. Os ferroláns quedarían encadrados no primeiro deles, con rivais do norte do país, e o club conseguiu o seu ascenso como campión da súa división. Con todo, só permaneceron unha tempada en Segunda ao terminar en última posición de 20 equipos.

Crise de resultados[editar | editar a fonte]

Tras o seu descenso, o Racing de Ferrol atravesou unha grave crise deportiva e económica. O equipo chegou ata a descender a Terceira División en 1984, chegando a obter a súa posición máis baixa en 1987 rozando os postos de descenso á división rexional. A estas crises sumouse unha mala xestión da directiva, que terminou coa inhabilitación do presidente da entidade, Vicente Bastida, en 1983. Anos despois o club conseguiu regresar a Segunda B, e en 1992 asentouse por completo nesa categoría, coincidindo coa inauguración do Estadio Municipal da Malata.

En 1995 os ferroláns volven loitar por subir logo de quedar primeiros no seu grupo de Segunda B, aínda que na liguiña de ascenso empataron na última xornada fronte ao Beasain e quedaron por detrás do CD Almería. Durante seis anos o conxunto galego termina nas posicións altas da táboa, ata que na tempada 1999/2000, ao cuarto intento, o Racing de Ferrol logra subir a Segunda logo de vencer na fase final ao Barakaldo CF, AD Ceuta e CF Gandia.

Século XXI[editar | editar a fonte]

Encontro do Racing de Ferrol no Estadio Municipal da Malata en Terceira División.

Para poder xogar na Segunda División, o Racing de Ferrol tivo que converterse en sociedade anónima deportiva no ano 2000. O equipo permaneceu tres tempadas na segunda categoría, cun noveno lugar como posto máis destacado na tempada 2001/02, pero descendeu en 2003 ao finalizar en antepenúltima posición.

Cunha tempada en Segunda B, o club regresou a Segunda División en 2004 con Luis Cesar como adestrador para loitar durante dous anos por eludir o descenso. Os galegos volven ascender en 2007 e na tempada 2007/08 terminan en decimonovena posición, o que supón de novo perder a categoría.

Na tempada 2008/09 o equipo acaba sétimo en Segunda B. A crise económica obrigou ao club a desprenderse dalgúns dos seus mellores xogadores, o que provocou, na tempada 2009/10, o descenso a Terceira logo de 18 tempadas.

Na tempada 2010/11 o Racing acadou a segunda posición na táboa. Os ferroláns xogaron a promoción de ascenso, superando na primeira rolda ao Binéfar, pero caendo eliminados na segunda polo Izarra. A tempada seguinte foi moito máis irregular para o Racing, que quedou en novena posición, a 15 puntos da promoción. Na tempada 2012/13, o equipo proclámase campión do grupo I de Terceira, sumando 97 puntos, novo récord histórico no grupo galego ademais de ser o campión con máis puntos dos 18 grupos nesa tempada. Na promoción de campións, o Racing empatou 1-1 contra o Laudio en terras vascas, sentenciando a eliminatoria por 1-0 na Malata e voltando a Segunda B tres anos despois.

Estadio[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Estadio Municipal da Malata.

O campo onde xoga como local é o estadio Municipal da Malata. Sitúase nunha superficie municipal de 144.806 metros cadrados na zona de A Malata, xunto ao Recinto ferial de Punta Arnela. O campo ten unhas dimensións de 105 x 68 metros e unha capacidade para uns 12.000 espectadores.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta verde, pantalón branco, medias verdes.
  • Uniforme alternativo: Camiseta negra, pantalón negro, medias negras.

Datos do club[editar | editar a fonte]

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 34
  • Tempadas en 2ª B: 21 (Incluída a 2013/14)
  • Tempadas en : 26
  • Mellor clasificación na liga: 2º (Segunda División, tempada 39-40)

Historial na liga[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto
1929
1930/31
1931/32
1932/33
1933/34 Green Arrow Up.svg
1934/35
1939/40
1940/41
1941/42
1942/43 Red Arrow Down.svg
1943/44 Green Arrow Up.svg
1944/45 10º
1945/46
1946/47 10º
1947/48
1948/49 14º
1949/50 12º
1950/51
1951/52
1952/53
1953/54
Tempada Categoría Posto
1954/55 12º
1955/56
1956/57 16º
1957/58 12º
1958/59 10º
1959/60 16º Red Arrow Down.svg
1960/61
1961/62
1962/63
1963/64
1964/65
1965/66 Green Arrow Up.svg
1966/67
1967/68
1968/69
1969/70 10º
1970/71
1971/72 18º Red Arrow Down.svg
1972/73
1973/74
Tempada Categoría Posto
1974/75
1975/76
1976/77 Green Arrow Up.svg
1977/78 2ªB Green Arrow Up.svg
1978/79 20º Red Arrow Down.svg
1979/80 2ªB 16º
1980/81 2ªB 11º
1981/82 2ªB 17º
1982/83 2ªB
1983/84 2ªB 20º Red Arrow Down.svg
1984/85
1985/86
1986/87 17º
1987/88 Green Arrow Up.svg
1988/89 2ªB 13º
1989/90 2ªB 17º Red Arrow Down.svg
1990/91
1991/92 Green Arrow Up.svg
1992/93 2ªB 12º
1993/94 2ªB 13º
Tempada Categoría Posto
1994/95 2ªB
1995/96 2ªB
1996/97 2ªB
1997/98 2ªB
1998/99 2ªB
1999/00 2ªB Green Arrow Up.svg
2000/01 16º
2001/02
2002/03 20º Red Arrow Down.svg
2003/04 2ªB Green Arrow Up.svg
2004/05 16º
2005/06 20º Red Arrow Down.svg
2006/07 2ªB Green Arrow Up.svg
2007/08 19º Red Arrow Down.svg
2008/09 2ªB
2009/10 2ªB 19º Red Arrow Down.svg
2010/11
2011/12
2012/13 Green Arrow Up.svg
2013/14 2ªB


Adestradores[editar | editar a fonte]

Categoría principal: Adestradores do Racing de Ferrol.

Actualmente o adestrador do Racing de Ferrol é José Manuel Aira Lindoso.

Adestradores famosos[editar | editar a fonte]

Luisito, adestrador do equipo entre 2009 e 2011.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Torneos estatais[editar | editar a fonte]

Torneos amigables[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]