Saltar ao contido

Ángel Carracedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÁngel Carracedo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Ángel María Carracedo Álvarez Editar o valor em Wikidata
22 de setembro de 1955 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Catedrático de universidade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela - Doutoramento (–1982) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXenética, Medicina forense e ácido desoxirribonucleico Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmédico , xenetista , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela
Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua galega, lingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

BNE: XX1118472 Dialnet: 507247

Ángel María Carracedo Álvarez, tamén coñecido como Anxo Carracedo,[1] nado en Santa Comba o 12 de novembro de 1955,[2] é un Catedrático de Medicina Legal e experto internacional en xenética.

Traxectoria

Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1978) e Doutor en Medicina pola mesma USC (1982), ambos con premio extraordinario.

Catedrático de Medicina Legal desde 1989 e Director do Instituto de Medicina Legal da USC (desde 1994 ata 2012). Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (SERGAS-Xunta de Galicia) (desde 1999), Director do Centro Nacional de Genotipado-ISCIII (desde 2002).  Xefe de grupo do CIBER de enfermidades raras (CIBERER) e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS). O grupo de Medicina Xenómica que coordina consta de 10 grupos de investigación, varias plataformas tecnolóxicas e arredor de 100 persoas.

Ten publicado 12 libros e máis de 600 artigos en revistas internacionais (SCI) incluíndo artigos en Nature, Science, NatureGenetics, ademais das principais revistas de xenética médica, cáncer e medicina forense. Segundo Thomson e Reuters (Web of Knowledge) o Grupo de Medicina Xenómica que dirixe é o primeiro a nivel mundial en citacións na área da Medicina forense no último decenio (2001-2011) e el é o autor con máis artigos, máis citacións e maior índice H na área. As súas principais liñas de investigación actuais inclúen a xenética do cancro e das enfermidades psiquiátricas en idade infantil e a farmacoxenómica.

Presidente da International Society for Forensic Genetics. Codirector da Unidade de Medicina Molecular Inco Sergas, é autor de varios libros e centos de publicacións. Vicepresidente da Academia Internacional de Medicina Legal, membro do Grupo Europeo do ADN e da Comisión de ADN da Comisión de Xustiza dos Estados Unidos de América, coordinador da Rede europea de estandarización do ADN e da Rede iberoamericana de xenética molecular aplicada á medicina forense.

Actualmente coordina a investigación coa labor docente. É profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular na facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.[3] Foi escollido padriño das promocións 2000/2001 e 2011/2012 da Licenciatura de Medicina pola súa grande proximidade ao alumnado. En 2013, ingresou como membro numerario da Academia Galega de Farmacia.[4]

Recoñecementos

Notas

  1. Anxo Carracedo Álvarez no GaliciaDigital.com
  2. Na web do concello se indica o 25 de novembro.[1]
  3. "Web do IMLUSC". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 21 de decembro de 2011. 
  4. "Ángel Carracedo ingresa en la Academia Galega de Farmacia como miembro numerario". lavozdegalicia.es (en castelán). 16 de outubro de 2013. Consultado o 11-12-2019. 
  5. "Carracedo recibe el premio Jaime I de investigación médica en Valencia". lavozdegalicia.es (en castelán). 5 de febreiro de 2011. Consultado o 11-12-2019. 
  6. "Ángel Carracedo, galardonado co Premio Nacional de Xenética". santacomba.es (en castelán). 18 de setembro de 2015. Consultado o 11-12-2019. 
  7. "El Instituto da Lingua Gallega y Ángel Carracedo, Medallas de Oro". farodevigo.es (en castelán). 14 de xullo de 2011. Consultado o 11-12-2019. 
  8. "La Voz premia la brillante carrera investigadora de Ángel Carracedo". lavozdegalicia.es (en castelán). 25 de xullo de 2011. Consultado o 11-12-2019. 
  9. Premios 2011 Arquivado 30 de abril de 2012 en Wayback Machine. da Fundación Santiago Rey
  10. Ramil, Ana (17 de setembro de 2011). "El gallego Ángel Carracedo recibe el premio más importante de la Medicina Forense". laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 11-12-2019. 
  11. "Ángel Carracedo es el primer científico no anglosajón que recibe la medalla Adelaida". diariodepontevedra.es (en castelán). 11 de setembro de 2011. Consultado o 11-12-2019. 
  12. Premio Nacional de Xenética
  13. Romar, R. (18 de setembro de 2015). "Ángel Carracedo, galardonado con el Premio Nacional de Genética". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 11-12-2019. 
  14. «Ángel Carracedo recibe el Premio Nacional de Genética en Córdoba», Faro de Vigo, 18-9-2015 (en castelán).
  15. "Constantes y Vitales reconoce los mejores proyectos de investigación biomédica y prevención en salud de 2019". atresmedia.com (en castelán). 25 de outubro de 2019. Consultado o 11-12-2019. 
  16. "Ángel Carracedo, premio "Trayectoria científica en Investigación biomédica".". atresmedia.com (en castelán). 2019. Consultado o 11-12-2019. 

Véxase tamén

Ligazóns externas