Silvestre Gómez Xurxo
Silvestre Gómez Xurxo | |
---|---|
Nacemento | 15 de xaneiro de 1951 |
Lugar de nacemento | Beba |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela e Universidade da Coruña |
Ocupación | escritor e catedrático |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Silvestre Gómez Xurxo, nado en Beba, Mazaricos, o 15 de xaneiro de 1951 é un mestre e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Titulado en Maxisterio e en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e en Psicopedagoxía pola Universidade da Coruña, profesionalmente dedicouse sempre ao ensino, en primaria e secundaria. Formou parte da Editorial SEPT dende 1976 e publicou varios artigos en Encrucillada, Revista galega de pensamento cristián. Xa está xubilado.[1][2]
É membro do padroado da Fundación Penzol.
Obra escrita publicada (selección)[editar | editar a fonte]
- Conversas do Pai Seixas (Editorial SEPT 1985)
- Déixao medrar (Colección Merlín, Xerais 2000)
- Ith (Colección Merlín, Xerais 2001)
- Todo vai ir ben (Colección Fóra de Xogo, Xerais 2005)
- Ti non xogas! (Colección Merlín, Xerais 2011)
- O Novo Testamento para a xente nova (Editorial SEPT 2012). Con Xosé María Pin Millares.
- De cristal (Colección Fóra de Xogo, Xerais 2015).
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha do autor na páxina web de Edicións Xerais de Galicia.