Montse Fajardo
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Montse Fajardo | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 27 de abril de 1973 |
Vilagarcía de Arousa | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e escritora |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Montse Fajardo Pérez, nada en Vilagarcía de Arousa o 27 de abril de 1973, é unha xornalista e escritora galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É licenciada en Ciencias Políticas e da Administración e ten un máster en Dereito das Administracións e Institucións Públicas. Traballou en O Salnés Siradella, Radio Ames, Diario de Arousa e Faro de Vigo, e colabora en programas de radio.
Forma parte do equipo do programa A memoria das mulleres, promovido pola Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Pontevedra. Dá a coñecer en centros educativos as consecuencias do alzamento nacional en Galicia coa charla "A represión sobre as mulleres tras o golpe de Estado do 36".
En 2020 entrou na directiva da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.[1]
Obra[editar | editar a fonte]
- Matriarcas, mulleres en pé de vida (2012). Autoedición.[2]
- Un cesto de mazás, memoria das vítimas do 36 e do tempo que veu (2015). Autoedición[3]
- “As que quedaron”, no libro Do gris ao violeta. Achega á historia das mulleres pontevedresas (2016). Concello de Pontevedra.[4]
- Invisibles (2017). Editado por Matriarcas e o concello de Pontevedra.[5]
- O escalón de Ulises. A Pontevedra dos afectos de María Victoria Moreno, a mestra que escribía libros (2018). Concello de Pontevedra.
- A vida incerta. Biografía de Virxinia Pereira (2020). Concello de Pontevedra.[6]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Diario, Nós. "As escritoras protagonizan os cambios na directiva da AELG". Nós Diario. Consultado o 2020-11-26.
- ↑ Matriarcas. Mulleres en pé de guerra, recensión da obra no blog de Ramón Nicolás.
- ↑ Un cesto de mazás, de Montse Fajardo, crítica do libro a cargo de Ramón Nicolás.
- ↑ Violetas para a Memoria, recensión da obra no blog de Armando Requeixo.
- ↑ Dopico, Montse (21 de xaneiro de 2018). "Montse Fajardo: "As mulleres maltratadas non teñen culpa de nada. Só deron cun tipo que resultou ser un criminal"". Praza Pública.
- ↑ "Preséntase "A vida incerta. Biografía de Virxinia Pereira"". Do Gris Ao Violeta. 2020-09-17. Consultado o 2020-09-17.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Montse Fajardo na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.