Saltar ao contido

Alicia Estévez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlicia Estévez

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Alicia Carolina Estévez Toranzo Editar o valor en Wikidata
20 de novembro de 1955 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Profesor catedrático
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónMicrobióloga, investigadora e catedrática de Universidade
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Membro de
Linguacastelán e inglés
Premios

BNE: XX919214 BUSC: 981013405924007712 Dialnet: 2625693

Alicia Carolina Estévez Toranzo, nada en Pontevedra o 20 de novembro de 1955, é unha científica galega, especializada en ictiopatoloxía, ou patoloxías que afectan os peixes.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Bioloxía en 1977, con premio nacional fin de carreira ao mellor expediente, e en Farmacia en 1979, pola Universidade de Santiago de Compostela,[1] e fixo o seu doutoramento na Facultade de Bioloxía da mesma Universidade, coa lectura, en 1980, da tese "Supervivencia de enterovirus y virus de peces salmónidos en el medio acuático: inactivación de polio 1 por bacterias mariñas produtoras de antibiótico", dirixida polo doutor Benito Regueiro Varela.[2]

Nas súa pallabras, sempre di «que é doutora en Bioloxía e licenciada en Farmacia».[1]

Alicia Estévez continuou profesionalmente as súas tarefas docentes e investigadoras na universidade compostelá, onde chegou a ser catedrática de Microbioloxía en 1991.[3]

Nos seus traballos estudou as patoloxías dos peixes e dos moluscos que teñen aproveitamento en acuicultura, dende a detección de enfermidades bacterianas ata a vacinación e o tratamento.

Entre 2004 e 2013 foi directora do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía e dende 1999 coordina o programa de doutoramento en Avances en bioloxía microbiana e parasitaria.[4]

É codirectora do Grupo de Patoloxía en Acuicultura da USC, promoveu unha decena de patentes de vacinas que preveñen enfermidades en peixes de consumo diario,[5] e é, ademais, membro da Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia.[1]

Na actualidade, o seu grupo de investigación está a traballar nun proxecto que estuda a influencia do cambio climático na aparición de enfermidades nos peixes, porque a subida da temperatura «lles gusta aos patóxenos, baixa a salinidade, os peixes estrésanse e baixan as súa defensas».[1]

En 2014 ingresou como académica da Real Academia Galega de Ciencias,[6] a segunda muller en facelo en toda a historia logo de Pilar Fernández Otero. Ademais, o 13 de decembro de 2017 ingresou na Real Academia de Farmacia de Galicia[7][8] co discurso Acuicultura sostenible: de la quimioterapia a la vacunación.[9] Desde 2018 a doutora Alicia Estévez forma parte do plenario do Consello da Cultura Galega, en representación da Real Academia Galega de Ciencias.[10][11]

É autora de 272 artigos, a maioría publicados en revistas do Science Citation Index (SCI), así como de 22 capítulos de libros.[7]

É inventora de oito patentes de uso en Acuicultura (vacinas, probióticos e procedementos de diagnose). [7]

Leva participado en 46 proxectos de investigación e desenvolvemento estatais, europeos e autonómicos así como en 15 de desenvolvemento tecnolóxico financiados por entidades públicas e privadas.[7]

Impartiu 48 conferencias nacionais e internacionais en congresos, mesas redondas e obradoiros ademais participar no comité de expertos nacional e internacional en diferentes comisións de avaliación de proxectos. [7]

É membro activo de dez sociedade científicas e da Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia.[7]

En 2023 a revista Gciencia considerouna unha das 20 mulleres de ciencia en Galicia que había que coñecer.[12]

No período entre 1980 e 2016 publicou tres libros, un capítulo nun libro colectivo e catro artigos en revistas científicas.

  • 1980 - Supervivencia de enterovirus y virus de peces salmonidos en el med. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. ISBN 978-84-7191-222-0.[13]
  • 1982 - Supervivencia de patógenos bacterianos y virales de peces en sistemas de cultivo. Madrid: Fundación Juan March. ISBN 84-7075-262-6.[2]
  • 2017 - Acuicultura sostenible: de la quimioterapia a la vacunación. Santiago de Compostela: Nino Centro de Impresión Digital. ISBN 978-84-947381-2-8.[14]

Colaboracións en obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • 2015 - "Caracterización del proteoma de Edwardsiella tarda cultivada en diferentes condiciones de disponibilidad de hierro", con Noemí Buján, José Antonio Reales Calderón, Lucía Monteoliva, Concha Gil e Beatriz Magariños Ferro, en Avances en microbiología. Elena González Fandos (ed.), Logroño: Universidade da Rioxa, Servizo de Publicacións, ISBN 978-84-606-8181-6, páxs. 144-145.[2] [15]

Artigos en revistas

[editar | editar a fonte]
  • 1985 - "Antibiotic activity of epiphytic bacteria isolated from intertidal seaweeds". Con Manuel Luis Lemos Ramos e Juan Luis Barja Pérez. Microbial ecology, Vol. 11, Nº 2, páxs. 149-163. (Resume)
  • 2005 - "Iron Uptake Mechanisms in the Fish Pathogen Tenacibaculum maritimum". Con Beatriz Magariños, Manuel Luis Lemos Ramos, Jesús López Romalde e Rubén E. Avendaño-Herrera. Applied and Environmental Microbiology, Vol. 71, Nº 11, páxs. 6947-6953. ((Ler texto completo Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine.).
  • 2009 - "Avances en el conocimiento del patógeno emergente de rodaballo Edwardsiella tarda". Con Nuria de Castro-Acuña Iglesias, e Beatriz Magariños Ferro. Revista Real Academia Galega de Ciencias, Nº 28, páxs. 215-282. (Ler texto completo).
  • 2014 - "A multiplex PCR for the simultaneous detection of Tenacibaculum maritimum and Edwardsiella tarda in aquaculture". Con Nuria Castro Iglesias e Beatriz Magariños Ferro. International microbiology: official journal of the Spanish Society for Microbiology, Vol. 17, Nº 2, páxs. 111-117. (Ler texto completo).

Teses dirixidas

[editar | editar a fonte]

A doutora Alicia Estévez dirixiu 16 teses de doutoramento.[2][16]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • 1977 Premio nacional fin de carreira ao mellor expediente en Bioloxía.[1]
  • 1993 Premio Jaime Ferrán da Sociedade Española de Microbioloxía.[17]
  • 2006 Título de Excelencia galega en Investigación da Asociación de Empresarios galegos en Cataluña.[17]
  • 2018 Bióloga do ano polo Colexio de Biólogos de Galicia.[18]
  • 2018 Premio María Wonenburger.[19]
  1. 1 2 3 4 5 «A las mujeres nos falta entrar en el campo de la tecnología». La Voz de Galicia, 10-12-2017.
  2. 1 2 3 4 Alicia E. Toranzo en Dialnet.
  3. ↑ Infante (2016-03-18). "Alicia Estévez Toranzo explica en la Casa de Galicia la importancia de la prevención de enfermedades y la vacunación en Acuicultura". Observatorio Español de Acuicultura (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2018. Consultado o 2018-02-06.
  4. ↑ "A catedrática Alicia Estévez Toranzo ingresará este mércores na Academia de Farmacia de Galicia". Xornal da USC. Arquivado dende o orixinal o 07/04/2019. Consultado o 07/04/2019.
  5. ↑ 6 inventos, patentes y modelos de Entévez Toranzo, Alicia en Patentes.com. Consultado o 06-08-2018.
  6. ↑ "Académicos". Real Academia Galega de Ciencias. Arquivado dende o orixinal o 07/04/2019. Consultado o 07/04/2019.
  7. 1 2 3 4 5 6 "A catedrática Alicia Estévez Toranzo ingresou na Academia de Farmacia de Galicia - USC". xornal.usc.es. Arquivado dende o orixinal o 06-02-2018. Consultado o 06-02-2018.
  8. ↑ Dra. Alicia Estévez Toranzo en "Académicos de número", Web da Real Academia de Farmacia de Galicia. Consultada o 06-08-2018.
  9. ↑ Alicia Estévez analiza el uso de vacunas en acuicultura sostenible Arquivado 13 de marzo de 2018 en Wayback Machine.. El Correo Gallego, 14-12-2017. Consultado o 06-08-2018.
  10. ↑ "A nova directiva visita o Consello da Cultura Galega". Real Academia Galega de Ciencias. Arquivado dende o orixinal o 07/04/2019. Consultado o 07/04/2019.
  11. ↑ "Equipo de goberno". Real Academia Galega de Ciencias. Arquivado dende o orixinal o 07/04/2019. Consultado o 07/04/2019.
  12. ↑ García, Victoria (2019-03-07). "Vinte mulleres de ciencia en Galicia que tes que coñecer". GCiencia. Consultado o 2023-02-11.
  13. ↑ "Web do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da [[USC]].". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2018. Consultado o 06 de agosto de 2018.
  14. ↑ Web da Editorial.
  15. ↑ Avances en microbiología Arquivado 07 de agosto de 2018 en Wayback Machine.. Biblioteca Nacional de España.
  16. ↑ "A catedrática Alicia Estévez Toranzo ingresou na Academia de Farmacia de Galicia". Xornal da USC. Arquivado dende o orixinal o 06/08/2018. Consultado o 07/04/2019.
  17. 1 2 "A catedrática Alicia Estévez Toranzo gaña o premio Wonenburger 2018". Xornal da USC. Arquivado dende o orixinal o 07/04/2019. Consultado o 07/04/2019.
  18. ↑ El Colegio de Biólogos de Galicia otorga la distinción de Biólogo del Año a Alicia Estévez Toranzo. En IPac. Acuicultura.
  19. ↑ "O Pleno da Muller e Ciencia acorda conceder o Premio Wonenburguer 2018 á microbióloga pontevedresa Alicia Estévez Toranzo". Xunta de Galicia. 1 de outubro de 2018. Consultado o 2 de outubro de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]