ORCID

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ORCID
Logo
AcrónimoORCID
Tipoidentificador pessoal, identificador persistente, identificador único e base de datos en liña
Data de fundación16 de outubro de 2012
Na rede
https://orcid.org/orcid-search/search e https://orcid.org/
editar datos en Wikidata ]

ORCID (Open Researcher Contributor Identification (ORCID pronunciation - 2019-11-17 - Andy Mabbett.ogg pronuncia en inglés ), en galego "Identificador Aberto de Investigador e Colaborador") é un código alfanúmerico non propietario que identifica as autoras e autores do eido científico ou académico.[1][2][3][4][5] Aborda os problemas asociados á localización da autoría nas publicacións científicas ou nas publicacións da área das Humanidades. Á hora de recuperar as contribucións dunha persoa nestes ámbitos hai moitas prácticas que dificultan este labor: o uso de nomes persoais que non son únicos; as diferentes prácticas culturais no que á orde dos nomes se refire; a inconsistencia entre o uso das abreviaturas de nomes e o emprego de distintos alfabetos. ORCID proporciona unha identidade persistente para as persoas, de xeito semellante en que o fan os DOIs (identificadores de obxectos dixitais).[6] A organización que xestiona ORCID ofrece un rexistro aberto e independente que busca converterse no estándar de facto para a identificación das contribucións na investigación e nas publicacións científicas. O 16 de outubro de 2012, ORCID lanzou o seu servizo de rexistro e comezou a emitir identificadores de usuario e usuaria.[7][8][9]

Desenvolvemento e lanzamento[editar | editar a fonte]

ORCID organizouse nun principio como a Open Researcher Contributor Identification Initiative (en galego Iniciativa Aberta de Identificación de Colaborador Investigador).[10] Naceu a finais do 2009, cun proxecto sen ánimo de lucro e impulsado por Thomson Reuters e Nature Publishing Group.[11] ORCID usa GitHub como o seu repositorio para desenvolvemento de código[12] e o seu primeiro prototipo estivo baseado no ResearcherID de Thomson Reuters.[13] Os principios de ORCID establecen que os identificadores deben ser claros e persistentes e teñen que reflectir fielmente a atribución de autoría, ao tempo que lle permita ás persoas autoras crear e manter os seus perfís académicos e de investigación de forma libre e gratuíta (ORCID principles).[14] En canto á atribución de autoría, trátase dun sistema híbrido, xa que non son só as persoas autoras quen poden confirmar unha autoría senón que tamén as institucións ás que están afiliados e incluso outras entidades da contorna social como Linkedln.[14]

A diferenza dos DOIs, o seu control non recae nunha axencia. ORCID non está limitada a ningunha área xeográfica de coñecemento: é unha iniciativa independente, transparente e fundamentada no código aberto. Trátase dun sistema global e independente, no que participan moitos stakeholders con diferentes intereses, e que en ningún caso pode estar vinculados a unha editorial.[13]

O rexistro lévao unha organización sen ánimo de lucro, ORCID, Inc., nacida en agosto de 2010 en Delaware, Estados Unidos de América, cun Consello de administración internacional.[15] O seu director executivo, Laure Haak, foi nomeado en abril 2012.[16] Desde 2016, o consello é presidido por Veronique Kiermer de PLOS[17] (anteriormente presidira Ed Pentz de Crossref).

ORCID é de libre uso e permite total interoperabilidade con outros sistemas identificación. ORCID lanzou o seu servizo de rexistro e comezou a asignar identificadores o 16 de outubro de 2012. Formalmente, os identificadores de ORCID son especificados como URIs, por exemplo: o ORCID para John Wilbanks é https://orcid.org/0000-0002-4510-0385 (as dúas formas: https:// e http:// son aceptadas, pero https:// estableceuse como a canónica en novembro de 2017).[18][19][20] Con todo, algunhas editoras utilizan a forma curta, e.g. "ORCID: 0000-0002-4510-0385" (como unha URN).[21]

ORCID é un subgrupo do Identificador internacional estándar de nome (ISNI), baixo os auspicios da Organización Internacional para a Estandarización (como ISO 27729:2012)[22] e as dúas organizacións cooperan.[23] ISNI só identifica a autoría relativa a libros, programas televisivos, e diarios, ten reservado un bloque de identificador para uso de ORCID, que vai do 0000-0001-5000-0007 ao 0000-0003-5000-0001.[24] É por tanto posíbel que unha persoa teña á vez, e de forma lexítima, un ISNI e un ORCID – ou o que é o mesmo, dous ISNIs.[25][26]

ORCID de María Martinón-Torres en Wikidata

ORCID e ISNI usan identificadores de 16-caracteres, utilizando os díxitos 0–9, separándoos con guións en grupos de catro. O derradeiro carácter,que pode ser tamén a letra "X" representando o valor "10" (por exemplo, o ORCID de María Martinón Torres é https://orcid.org/0000-0002-2750-4554 e o de Stephen Hawking é https://orcid.org/0000-0002-9079-593X). Deste xeito é un díxito de control MOD 11-2 consonte ao estándar IEC/diso 7064:2003[27][28].

Existe unha conta de ORCID para unha persoa ficticia, Josiah Carberry, como https://orcid.org/0000-0002-1825-0097, para ser usada en probas e como exemplo na documentación e material formativo.[29]

Usos[editar | editar a fonte]

A finalidade de ORCID é auxiliar "a transición de ciencia a e-Ciencia, na que as publicacións científicas poden ser tratadas a través da minería de datos para albiscar as ligazóns e as ideas escondidas no constante volume crecente da literatura científica".[30] Outro uso suxerido é o de proporcionar a cada persoa investigadora "un currículum vitae dixital constantemente actualizado, dando unha imaxe das súas contribucións á ciencia que vai mais aló da simple lista de publicacións".[1] A idea é que outras organizacións usen a base de datos en aberto de ORCID para construír os seus servizos propios.

Segundo indicou a revista Nature nun editorial, ORCID, ademais de etiquetar as contribucións que fai cada científico/a, "tamén podería serlle asignado a conxuntos de datos que as persoas axudaran a xerar ou ós comentarios nas entradas de blogs dos seus e as súas colegas, ós borradores de artigos inéditos, ás edicións de entradas de Wikipedia e moito mais".[1]

En abril 2014 ORCID comunicou os seus plans de traballo co Consorcio de estándares avanzados en información de xestión investigadora para gravar e recoñecer contribucións nas revisións por pares.[31]

Nunha carta aberta do 1 de xaneiro de 2016 oito editoras, incluídas a Royal Society, American Geophysical Union, Hindawi, the Institute of Electrical and Electronics Engineers, PLOS e Science comprometéronse a requirirlle un ORCID a todas as persoas que editen nas súas revistas.[32][33]

Membros, patrocinadores e usuarios rexistrados[editar | editar a fonte]

En marzo de 2018 ORCID contaba con 851 organizacións participantes e arredor de catro millóns e medio de rexistros.[34][35][36][37]

Entidades coñecidas polas súas bolsas como a Wellcome Trust (unha fundación benéfica) tamén comezaron a requirir o identificador ORCID ás persoas demandantes de financiamento.[38]

Postas en funcionamento a nivel nacional[editar | editar a fonte]

En varios países, os consorcios, incluídas as axencias gobernamentais como socias, están buscando unha posta en marcha de ORCID a nivel nacional. Por exemplo, en Italia, setenta universidades e catro centros investigadores están colaborando baixo os auspicios da Conferencia de Reitores Universitarios italianos (CRUI) e a Axencia Nacional para a Avaliación dos Institutos Universitarios e Investigadores (ANVUR), nun proxecto aplicado por Cineca, que é unha asociación sen ánimo de lucro que representa as universidades, institucións investigadoras e o Ministerio de Educación. En Australia, o National Health and Medical Research Council (NHMRC) e o Australian Research Council (ARC) "animan a todo o persoal investigador que solicita financiamento a ter un identificador ORCID".[39][40]

Integracións[editar | editar a fonte]

Alén de membros e patrocinadores, revistas, editores e outros servizos incluíron ORCID nos seus workflows ou nas súas bases de datos. Por exemplo: Journal of Neuroscience, Springer Publishing, a Hindawi Publishing Corporation, Europe PMC, o Japanese National Institute of Informatics's Researcher Name Resolver, Wikipedia e Wikidata.[41][42][43][44][45]

Algúns dos servizos en liña crearon ferramentas para exportar ou importar datos a ORCID. Entre eles: Scopus, Figshare, ResearcherID, Researchfish, a British Library (no seu catálogo de teses EThOS), ProQuest (para o seu servizo ProQuest de presentacións e teses) e Loop de Frontiers.

En outubro de 2015, DataCite, Crossref e ORCID anunciaron que as súas organizacións actualizarían rexistros de ORCID, "cando se atopar un identificador ORCID identifier nun novo rexistro de DOI"[46]

Outras ferramentas de terceiros permiten a migración de contido dende outros servizos a ORCID, como por exemplo Mendeley2ORCID, de Mendeley.

Algúns datos de ORCID tamén poden ser recuperados como XML/de RDF, RDF Turtle, XML ou JSON.[47][48]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Credit where credit is due". Nature (en inglés) 462 (7275): 825–825. 2009-12. ISSN 0028-0836. doi:10.1038/462825a. 
  2. "ORCID website" (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2018. 
  3. Butler, Declan (30 de maio de 2012). "Scientists: your number is up: ORCID scheme will give researchers unique identifiers to improve tracking of publications". Nature (en inglés) 485 (7400): 564. doi:10.1038/485564a. 
  4. "Ten things you need to know about ORCID right now". ImpactStory. 10 abril 2014. Consultado o 16 marzo 2018. 
  5. Meadows, Alice (1 de novembro de 2016). "Your Lifelong Digital Name". ChemViews magazine. doi:10.1002/chemv.201500088. 
  6. "ORCID auto-update - Crossref". www.crossref.org (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2018. 
  7. "ORCID Launches Registry". orcid.org. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2013. Consultado o 16 marzo 2018. 
  8. "ORCID vs ISNI; ORCID lanceert vandaag hun Author Register - Artikel - SURFspace". Consultado o 16 marzo 2018. 
  9. "Register for an ORCID iD". Consultado o 18 marzo 2018. 
  10. "Welcome to the Open Researcher Contributor Identification Initiative (or ORCID) group on Nature Network". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 16 marzo 2018. 
  11. García-Gómez, Consol (marzo-abril 2012). "Orcid: un sistema global para la identificación de investigadores" (PDF). El profesional de la información 21 (2): 211. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de maio de 2018. Consultado o 17 de marzo de 2018. 
  12. "ORCID en GitHub". Github (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2018. 
  13. 13,0 13,1 García-Gómez, C. (2012) p. 212
  14. 14,0 14,1 García-Gómez, C. (2012) p. 211
  15. "Certificate of Incorporation of ORCID Inc." (PDF). orcid.org. Estado de Delaware. 5 agosto 2010. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de marzo de 2015. Consultado o 16 marzo 2018. 
  16. Butler, Declan (30 maio 2012). "Scientists: your number is up". Nature. Consultado o 16 marzo 2018. 
  17. "ORCID team" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2017. Consultado o 16 marzo 2018. 
  18. "Trademark and iD Display Guidelines" (en inglés). ORCID. Consultado o 16 marzo 2018. 
  19. "Structure of the ORCID Identifier". ORCID. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2018. Consultado o 16 marzo 2018. 
  20. Meadows, Alice (15 novembro 2017). "Announcing API 2.1 - ORCID iDs are now HTTPS!" (en inglés). ORCID. Consultado o 16 marzo 2018. 
  21. "Template ORCID". Wikipedia (en inglés). Consultado o 16 marzo 2018. 
  22. "ISO 27729". Consultado o 16 marzo 2018. 
  23. "ISNI and ORCID". ISNI. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2013. Consultado o 16 marzo 2018. 
  24. "Structure of the ORCID Identifier". ORCID. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2018. Consultado o 16 marzo 2018. 
  25. "ISNI 0000000031979523". ISNI. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2014. Consultado o 16 marzo 2018. 
  26. "ORCID 0000-0001-5882-6823". ORCID. Consultado o 16 marzo 2018. 
  27. "María Martinón Torres". Consultado o 16 marzo 2018. 
  28. ORCID. "Stephen Hawking (0000-0002-9079-593X) - ORCID | Connecting Research and Researchers". orcid.org (en inglés). Consultado o 2017-10-23. 
  29. "Josiah Carberry". Biography. ORCID, Inc. Consultado o 22 de decembro de 2014. Josiah Carberry is a fictitious person. 
  30. "Metrics cannot replace peer review in the next REF" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2018. Consultado o 16 marzo 2018. 
  31. "Latest news on the stm publishing industry from scope e knowledge center pvt ltd". 9 abril 2014. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2014. Consultado o 16 marzo 2018. 
  32. "Requiring ORCID in Publication Workflows: Open Letter". Consultado o 16 marzo 2018. 
  33. "Why Some Publishers are Requiring ORCID iDs for Authors: An Interview with Stuart Taylor, The Royal Society". The Scholarly Kitchen. 7 xaneiro 2016. Consultado o 16 marzo 2018. 
  34. "Estatísticas ORCID" (en inglés). ORCID, Inc. Consultado o 16 marzo 2018. 
  35. "Membros de ORCID" (en inglés). ORCID, Inc. Consultado o 16 marzo 2018. 
  36. O'Beirne, Richard. "OUP and ORCID". Oxford Journals. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2014. Consultado o 15 de abril de 2014. 
  37. En 15 novembro de 2014, ORCID anunciou a inscrición número un millón. O 9 de febreiro de 2018, o número de contas rexistradas declarado por ORCID era de 4 423 280. As organizacións participantes inclúen moitas institucións de investigación, como Caltech e a Universidade de Cornell, e editoras como Elsevier, Springer, Wiley e Nature Publishing Group. Tamén están incluídas as empresas comerciais como Thomson Reuters, sociedades académicas e fundacións.
  38. "The metric tide" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de agosto de 2015. Consultado o 03 de marzo de 2018. 
  39. "Italy launches national ORCID implementation" (en inglés). Consultado o 30 abril 2018. 
  40. "NHMRC and ARC Statement on Open Researcher and Contributor ID (ORCID)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 30 abril 2018. 
  41. "ORCID Integrated with The Journal of Neuroscience" (en inglés). Consultado o 30 abril 2018. 
  42. "Sitio web de Hindawi" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2014. Consultado o 30 abril 2018. 
  43. "Link articles to your ORCID". Consultado o 16 marzo 2018. F
  44. "Categoria en wikipedia inglesa : artigos con identificadores ORCID". 
  45. "Páxinas en Wikidata que ligan coa propiedade P496". Consultado o 18 de xullo de 2018. 
  46. "Explaining the DataCite/ORCID Auto-update". Explaining the DataCite/ORCID Auto-update. Consultado o 2018-05-01. 
  47. "JSON" (en inglés). Consultado o 30 abril 2018. 
  48. "Proposal for the Improvement of the Semantics of ORCIDs". Consultado o 16 marzo 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]