Miguel Fernández-Cid
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Miguel Fernández.
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1956 Pontevedra, España |
| Educación | Universidade Complutense de Madrid |
| Actividade | |
| Ocupación | crítico de arte |
| Membro de | |
| Premios | |
| |
Miguel Fernández-Cid Enríquez, nado en Pontevedra en 1956, é un crítico de arte galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade Complutense en 1978, foi profesor de Crítica Estética e Arte do século XX na Facultade de Belas Artes de Salamanca (1988-92) e Pontevedra (1993-95).
Foi director do Centro Galego de Arte Contemporánea entre 1998 e 2005. Dirixe a Fundación Torrente Ballester. En 2010 ingresou na Real Academia Galega de Belas Artes. Coordinou a exposición Gallaecia Petrea no Museo de Galicia da Cidade da Cultura.
Dende 2019 é director do Museo de Arte Contemporánea de Vigo MARCO.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Miguel Fernández Cid, nuevo director del MARCO de Vigo | El Cultural". El Cultural (en castelán). Consultado o 2020-07-02.