Manuel Quintana Martelo
Atención: As deste artigo están baixo sospeita. As circunstancias nas que foi feito fan pensar que se trata dun artigo que pretende facer eloxio gratuíto ou escarnio da persoa ou propaganda da institución á cal se refire. Tamén pode ser o caso que a lonxitude do artigo dea a impresión dunha importancia que en realidade non ten. Normalmente, isto realízase por parte de enderezos IP anónimos ou usuarios que se rexistran especificamente para a creación deste artigo. A Wikipedia non é un espazo para reflectir informacións personais nin favorecer intereses particulares. O artigo será borrado se non se mellora a súa calidade nun breve prazo de tempo. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe, pero, por favor, non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. (Desde setembro de 2019.) |
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico. Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1949 (74/75 anos) Roxos, España |
Educación | Escola de Belas Artes de Barcelona Universidade de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | pintor, escultor |
Membro de | |
Premios | |
Páxina web | quintanamartelo.com |
Manuel Quintana Martelo, nado en Roxos (Villestro, Santiago de Compostela) o 9 de decembro de 1946, é un pintor e escultor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Quintana Martelo, nado en Roxos , ós 10 anos, trasladouse a Santiago de Compostela para realizar os seus estudos de bacharelato. Pese a demostrar unha gran afección polo debuxo, por desexo familiar, ingresou na Escola de Peritos Industriais de Vigo na especialidade de electricidade pero abandonous os estudos ao pouco tempo.[1] A seguir, matriculouse na Escola de Belas Artes de Barcelona, e obtivo bolsas para estudar en San Cugat de Vallés, Granada, París, Amsterdam ou Londres.
Na década de 1970 comeza coas súas primeiras exposicións individuais, na Caixa de Aforros de Vigo e no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela. Con Jaume Muxart do "Grup dels Set", comezou as súas primeiras experiencias en colectivo e a súa relación co mundo galerístico do momento.
No ano 1978, obtivo unha Cátedra de Debuxo no Instituto de Bacharelato "Joaquin Rubio i Ors" de Barcelona e, posteriormente, ó "Matí i Franqués" en Tarragona.
No ano 1979, participa na reivindicación de medidas de protección dos artistas converténdose en Vicepresidente da Federación de Artistas Plásticos de Cataluña.
A finais de 1981, regresa a Galicia, ocupando a cátedra de debuxo do Instituto "Arcebispo Xelmirez" en Santiago de Compostela e non tarda en conectar co ambiente artístico galego e presentar exposicións as "Imaxes dos Oitenta", "Atlántica".[2] Neses anos iniciou a súa actividade como gravador, que continuou ó longo da súa carreira con máis de 40 edicións gráficas para entidades públicas e privadas.
No 1983, comezou unha etapa de ilustrador na revista Dorna, na revista Luzes de Galicia, e tamén en libros de Uxío Novoneira, e na editorial Xerais con obras de Méndez Ferrín, Rábade Paredes, Villar Janeiro, Luz Fandiño, Alfredo Conde, Salvador García Bodaño, Luis Mariño, Albino Mallo, etc...
No ano 1982, participa na fundación da Galería Hidea que posteriormente pasará a ser Galería Trinta e, en 1985, accede a ARCO, a Feira Internacional de Arte madrileña. Galería Trinta convirtese nun referente da arte galega, dando un xiro do que ata entón era a Galicia artística.
No ano 1992, abandona a cátedra de debuxo e trasládase a Nova York. De volta en Galiza no ano 2000, entrou a formar parte da Asociación Galega de Artistas Visuais (integrada na Unión de Asociacións do Estado Español e no EVAN -Unión de Asociacións da Comunidade Europea-), da cal é nomeado presidente, cargo que ocupou ata 2003.
No ano 2004, cuns compañeiros, fundou a revista Art Notes.[3] Tamén nese mesmo ano, é elixido e nomeado Académico de Número da Real Academía Galega de Belas Artes.
No 2008, entra a formar parte da Colección Grandes Pintores Gallegos. No 2012, recibiu o Premio da Cultura Galega en Artes Plásticas,[4] patrocinado pola Xunta De Galicia.
En 2014, foi electo XV Presidente da Real Academia Galega de Belas Artes.[5] Baixo o seu mandato púxose en marcha o Día das Artes Galegas, conseguindo levar a arte galega, por primeira vez, ó Museo do Prado de Madrid, na personificación do mestre Mateu. En 2018, foi reelexido coma presidente.[6]
Metodoloxía de traballo
[editar | editar a fonte]Pintura
[editar | editar a fonte]A Quintana Martelo, xúrdelle a primeira idea, xeralmente, a través dun impacto visual, pode dicirse co obxecto, a luz e o seu valor como contido, son as súas primeiras liñas de traballo.
Comeza por un desenrolo puramente xeométrico, onde busca liñas espaciais que invadan e dominen o campo de traballo. Pensa sempre no valor do plano, entendeo coma a superficie bidimensional do traballo. O obxecto, vai ter o seu asentamento, coa base na forma e na luz, dentro do plano, un xogo de fondo e superficie.
Quintana Martelo debuxa moito, e estuda diferentes camiños que poden levar a unha obra , a cal atópase en decisión ata o momento final. É moi fácil co proceso pase por diferentes estados e traballos paralelos coma debuxos, collage, acuarela....un modo de comprender e resolver dúbidas.
Nas obras de Quintana Martelo, adoita haber un enfrontamento entre obxecto e plano, entre abstracción e figuración, camiños moi distintos que converxen nun resultado último.
A luz vai caracterizar a obra de Quintana Martelo, durante a súa traxectoria como artista ten un compoñente cenital, de dereita a esquerda. Unha luz cá que se atopa máis cómodo, entende mellor o volume, debuxa con maior soltura o obxecto, unha postura definida.[7]
Escultura
[editar | editar a fonte]Quintana Martelo, chega á escultura por defecto, dálle a posibilidade de darlle a volta ó cadro,[8] de traballar en aquilo cunha imaxe bidimensional non lle permite. Resúltalle apaixonante poder rodeala obra, e buscar moitos e diferentes camiños, e facelo sobre unha materia formal e tridimensional que deixa ó descuberto o percorrido do debuxo, sen máis razón que provocar un volume e onde o obxecto, e a súa relación co redor tomen forman xirando no seu espazo de modo infinito.
A relación entre a dicotomía representación-non-representación é algo que complica a obra, por esa razón, o soporte forme parte do conxunto da obra e actúe como detonante de contraste no conxunto.
Ilustración
[editar | editar a fonte]Manuel Quintana Martelo, ten realizado numerosas colaboracións coma ilustrador.
- 1983-1985. Ilustración Revista Dorna.
- 1983-1985. Ilustración Revista Luzes de Galiza.
- 1984. Cartel para as Festas do Apóstolo 1984. Santiago de Compostela.
- 1985. Rosalía no espello. Helena Villar Janeiro. Padroado Rosalía de Castro. Deputación da Coruña. Santiago de Compostela.
- 1985. Revista Anduriña. Dirección Xeral de Emigración. Editorial Celta S.A.
- 1986. Matria de sombra. Sete poemas autógrafos de Xesús Rabade Paredes. Imprenta Chaparro. Riotinto, Huelva.
- 1987. Amor de Artur. Fría hortensia., de Xosé Luis Méndez Ferrín. Edicións Xerais de Galicia. Vigo.
- 1987. Cartel para as Festas da Ascensión 1987. La Voz de Galicia. Santiago de Compostela.
- 1989. Boletín Galego de Literatura, nº2 novembro de 1989. Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela.
- 1990. "O CUBIL DO XABARÍN". Uxío Novo Neira. Edelvives. Madrid.
- 1991. "GORGORÍN E CABEZÓN". Uxío Novo Neira. Edelvives. Madrid.
- 1991. "O TEMPO". El Correo Gallego. Santiago de Compostela. Decembro 1991.
- 1994. "1995, ANO DE RAFAEL DIESTE". Libro de Notas. Edicións Xerais de Galicia. Vigo.
- 1996. "O XANTAR DA MEMORIA". Lois Caeiro. Edicións Lea S.L. Santiago de Compostela.
- 1998. "FARANGULLIÑA DE NEVE". Luz Fandiño. Tórculo Artes Gráficas.
- 2002. "LA QUÍMICA DE LAS PASIONES"[9]. Luis Mariño. Editorial Compostela S.A. 2002.
- 2008. "ESTÚRDIGA MATERIA"[10]. Luis González Tosar. Obradoiro Gráfico S.L.
Actividades profesionais artísticas
[editar | editar a fonte]- É fundador en Santiago de Compostela da Galería de Arte Contemporáneo TRINTA.
- Introduce na súa práctica coma docente a ensinanza de cine e a súa técnica coma materia optativa.
- Socio fundador e vicepresidente da Federación de Artista Plásticos de Cataluña, no ano 1979.
- Traballa con técnicas ó fogo, cerámica e esmalte, durante 1972-75, en Cataluña.
- Realiza unha continuada actividade como gravador, dende os anos 1980, con máis de 40 edicións gráficas para entidades públicas e privadas, como EDICIÓN XERAIS, GALERÍAS MORIARTY, LINEA, TRINTA, OBRA GRÁFICA ORIGINAL, DEPUTACIÓN DE A CORUÑA, XUNTA DE GALICIA, EBELIO GAYUBO, JACOB CARPIO, KINGN´S, FINE ARTS, NEW YORK, EDICIONES POLÍGRAFA DE BARCELONA, etc.
- Realiza carteis tanto en Galicia como en Cataluña.
- Presidente da Asociación Galega de Artes Visuais, integrada na Unión de Asociacións do Estado Español e en EVAN (Unión de Asociacións da Comunidade Europea), dende o ano 2000 ata o 2003.
- Socio fundador de "ART NOTES", no ano 2004.
- Nomeado presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, no ano 2014, reelixido no 2018.
Exposicións individuais
[editar | editar a fonte]Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
1970.
- Caixa de Aforros de Vigo. Vigo. (Pontevedra).
- Sala de Arte ,Hostal Reis Católicos. Santiago de Compostela. (A Coruña).
1971.
- Galería Álamo. Barcelona.
- “Santiago: Meta de un camiño”. Círculo Mercantil. Santiago de Compostela. (A Coruña).
1972.
- Sala de Turismo. Tarragona. (Tarragona).
- Centro de Lectura. Reus. (Tarragona).
- Galería Taller Picasso. Barcelona. (Barcelona).
1973.
- Galería Anquin´s. Reus. (Tarragona).
1975.
- Galería Anquin´s. Reus. (Tarragona).
1978.
- ”Crónica desde Rembrandt». Sala de Cultura. Santiago de Compostela. (A Coruña).
1979.
- ”Crónica desde Rembrandt”. Galería Miquel Adriá. Barcelona. (Barcelona).
- “3 Accions” : Galería Gavós, Universidad e Galería La Rambla. Tarragona. (Tarragona).
- “Presenzas Sincréticas”.Galería Ceibe. A Coruña. (A Coruña).
- “Cercos-as”.Museo de Arte Contemporáneo. Cidade de Ibiza. (Illa de Ibiza).
1980.
- «Will you paint with me…?”.Museo de Arte Moderno.Tarragona. (Tarragona).
- Sala da Irmandade Galega. Caracas (Venezuela).
- “Revival”. Galería Gamma. Tortosa (Tarragona).
1981.
- Galería Sargadelos. Santiago de Compostela. (A Coruña).
1982.
- ”A saia de Carolina”. Galería Sargadelos. Santiago de Compostela. (A Coruña).
1983.
- Galería Sargadelos. Santiago de Compostela. (A Coruña).
1984.
- ”A meus amigos ( con perdón)”. Galería Novecento. Vigo. (Pontevedra).
1985.
- ARCO´85. Galería Novecento. Madrid. (Madrid).
- Fundación Araguaney. Santiago de Compostela. (A Coruña).
- Galería María Salvat. Barcelona. (Barcelona).
1986.
- ”Visions do Prado”. Galería Abel Lepina. Vigo. (Pontevedra).
- “10 Anos de Pintura”. Casa da Cultura do Concello de Vigo. Vigo. (Pontevedra).
- “Visións do Prado”. Galería Gruporzán. A Coruña. (A Coruña).
1987.
- Galería Manuela Vilches. Marbella (Málaga).
- Galería Trinta. Santiago de Compostela. (A Coruña).
1988.
- Galería Luisa López. Tarragona. (Tarragona).
1989.
- Galería Abel Lepina. Vigo.(Pontevedra).Quintana Martelo
- ARCO´89. Galería Trinta. Madrid. (Madrid).
- Galería Trinta. Santiago de Compostela. (A Coruña).
1990.
- Galería Vediart . A Coruña. (A Coruña).
1991.
- SAGA´91.”Obra Gráfica”.Galería Trínta. París. (Francia).
1994.
- Espazo de Arte Contemporáneo. Madrid. (Madrid).
1995.
- ”From Shinderl´s List”. Artopia Gallery. New York. (U.S.A.)
1996.
- Japan Airlines Gallery. JFK. New York. (U.S.A).
1997.
- ”Teimosias”. Caja Madrid. Pontevedra. (Pontevedra).
1999.
- ”Rodeiras”. Sala Miró. Palacio de Congresos e Exposiciones. Madrid. (Madrid).
- “Eidos Cotiás”. Galería SCQ. Santiago de Compostela. (A Coruña).
2000.
- “Intimidade senlleira”. Galería Carmen de la Guerra. Madrid. (Madrid).
- “AdDoados”. Casa da Parra. Consellería de Cultura. Santiago de Compostela. (A Coruña).
2001.
- “O Motel”. Galería Por Amor al Arte (Proyect Room). Porto. (Portugal).
2002.
- “Sideways”. Espazo de Arte El Correo Gallego. Santiago de Compostela. (A Coruña).
2003.
- “Plastic Prose”. Wickiser Gallery. New York. (U.S.A).
- “Latexo Roxo”. Galería VGO. Vigo (Pontevedra).
2005.
- Calart Actual Gallerie. Ginebra. (Suíza).
2006.
- Obra Gráfica 1984-2006. Galería CIEC. Betanzos. (A Coruña).
2007.
- Obra Gráfica 1984-2006. Casino Atlántico. A Coruña. (A Coruña).
- “Quintana Martelo”. Retrospectiva. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. (A Coruña)
- “Memoria”. Igresia da Universidade. Santiago de Compostela. (A Coruña).
2008.
- “Memoria”. Museo Arte Moderno. Santo Domingo. (República Dominicana).
2009.
- “Memoria”. QCC Art Gallery. The City University of New York. Nova York. (U.S.A)
2010.
- “Memoria”. Museo Arte Contemporáneo. Panamá. (Panamá).
- “Memoria”. Factoría Habana. La Habana. (Cuba).
- “Marea”. Factoría Compostela. Santiago de Compostela. (A Coruña).[8]
2011.
- “Material / Memoria”. Kiosco Alfonso. A Coruña. (A Coruña).
2012.
- “MARaVIÑAS”. Pazo Torrado. Cambados. (Pontevedra).
2013.
- “MARaVIÑAS”. Museo do Pobo Galego. Santiago de Compostela. (A Coruña).
- “OPEN STUDIO”. Madrid. (Madrid)
- “MARaVIÑAS”. (Resumo). Casal de Ferreirós. Poio (Pontevedra).
2014.
- “Saga/fuga”. Fundación Torrente Ballester. Santiago de Compostela. (A Coruña).
- “Saga/Fuga”. Concello A Coruña. A Coruña. (A Coruña).
- “Saga/Fuga”. Centro Torrente Ballester. Ferrol. (A Coruña).
2015-16.
- “Quintana Martelo”. Centro Centro Cultural “Marcos Valcárcel”. Ourense. (Ourense).
2020
- "Painter & Model". Galería Luisa PIta. ArtMadrid. 2020.
2021
- "CONTAINERS". MARCO, Museo de Arte Contemporáneo de Vigo. Vigo. (Pontevedra).
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio de Cultura de Galicia en Artes Plásticas (2012),[11] evento patrocinado pola Xunta de Galicia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Quintana Martelo, Manuel". coleccion.abanca.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2019. Consultado o 2019-07-23.
- ↑ "Grupo Atlántica" (en castelán). 2018-11-15.
- ↑ "Actividades". Nietto (en castelán). 2010-06-22. Consultado o 2019-07-23.
- ↑ EP (2012-11-19). "García Bodaño, Quintana y Manuel Rodeiro, Premios da Cultura Galega 2012". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-11-19.
- ↑ "Quintana Martelo, nuevo presidente de la Real Academia de Bellas Artes". El Correo Gallego (en castelán). 30 de novembro de 2014. Consultado o 23 de xullo de 2019.
- ↑ "Manuel Quintana, reelegido presidente de la Real Academia de Belas Artes". Faro de Vigo (en castelán). 16 de decembro de 2018. Consultado o 23 de xullo de 2019.
- ↑ "MANUEL QUINTANA - PINTURAS (Revista Almiar / Margen Cero)". www.margencero.es. Consultado o 2019-07-24.
- ↑ 8,0 8,1 Redacción (17 de decembro de 2010). "Quintana Martelo da el salto a la escultura en su nueva exposición 'Marea'". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2019-07-24.
- ↑ Valdés, Juan L. Blanco (2007-11-25). "fragmentos da galaxia: Mariño". fragmentos da galaxia. Consultado o 2019-08-23.
- ↑ Gallego, Grupo El Correo. "Estúrdiga materia". www.galiciahoxe.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2019. Consultado o 2019-08-23.
- ↑ "El poeta García Bodaño y el pintor Quintana Martelo, Premios da Cultura Galega 2012". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2019-07-23.