Eduardo Pardo de Guevara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eduardo Pardo de Guevara
Nome completoEduardo José Pardo de Guevara y Valdés
Nacemento14 de setembro de 1952
 Ponteceso
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense
Ocupaciónmestre e historiador
XénerosHistoria Medieval.
Na rede
Dialnet: 28176
editar datos en Wikidata ]

Eduardo José Pardo de Guevara y Valdés, nado o 14 de setembro de 1952 en Ponteceso, é un historiador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou en Guadalaxara e Xaén e doutorouse en 1984 en Historia Medieval pola Universidade Complutense de Madrid.[1]

Foi profesor de investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas, director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (1994-2022) e director de Cuadernos de Estudios Gallegos,[2]. Actualmente é Científico vinculado ad honorem do IEGPS e vicepresidente da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, membro do Consello da Cultura Galega,[3] membro da Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía[4] e académico correspondente desde 1993 da Real Academia da Historia pola provincia de Lugo.[5]

A súa bibliografía é abondosa.[2][4] Inclúen artigos seus, entre outras publicacións, o Boletín da Real Academia Galega, os Cuadernos de Estudios Gallegos, Murguía: Revista Galega de Historia, El Museo de Pontevedra, Eduga: Revista Galega do Ensino e o Anuario Brigantino.[6]

É membro do corpo da Nobreza do Antigo Reino de Galicia.

En 2023 concedéronlle o Premio Cultura Galega ás Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural.[7]

Obra publicada[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]