Mariám Mariño Costales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mariám Mariño Costales
Nacemento1965
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Na rede
Dialnet: 576684
editar datos en Wikidata ]

Mariám Mariño Costales, nada en Vigo en 1965, é unha antropóloga galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela en 1993 especializándose na investigación en Antropoloxía feminista.

Traballa en exclusión e discriminación social, sexualidade, espazo, sexo/xénero, feminismos, redes sociais e construción de identidades.

Investigou e publicou sobre a relación das mulleres e os museos, a presenza de mulleres nos rueiros urbanos, as organizacións de lesbianas e sobre o movemento feminista en Galicia.

Desde 2005 traballa nas liñas de igualdade do Consello da Cultura Galega, coordina o Álbum de Mulleres e a coordinación e edición de A Saia. É coautora do informe Recuperación da documentación e memoria do Movemento Feminista Organizado en Galicia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]