Saltar ao contido

Xosé Manoel Núñez Seixas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXosé Manoel Núñez Seixas

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de marzo de 1966 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Ourense Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Instituto Universitario Europeo Editar o valor en Wikidata
Director de teseStuart Woolf e Heinz-Gerhard Haupt Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEstudos do nacionalismo e historia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónhistoriador, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Múnic Editar o valor en Wikidata
Interesado enNacionalismo español, nacionalismo catalán, nacionalismo galego e nacionalismo Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoensaio
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeHenrike Fesefeldt Editar o valor en Wikidata
FillosIrene e Sara Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1085614 BUSC: 981013402956007712 Dialnet: 9403

Xosé Manoel Núñez Seixas, nado en Ourense o 15 de marzo de 1966, é un historiador galego.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Historia, especialidade Historia Contemporánea, nas Universidade de Santiago de Compostela e na Université de Bourgogne (Dijon). Foi investigador doutorando no Instituto Universitario Europeo (IUE) de Florencia (1989-1992), onde se doutorou en Historia Contemporánea baixo a dirección dos profesores Heinz-Gerhard Haupt e Stuart J. Woolf.[2]

O seu labor investigador céntrase na análise comparada e transnacional dos nacionalismos subestatais e estatais, tanto ibéricos como europeos, no século XX, ben como nos estudos migratorios (especialmente da emigración galega a América), na historia cultural da guerra, sobre todo da segunda guerra mundial e da Guerra Civil Española, e mais na memoria das ditaduras. Sobre eses temas ten máis dunha ducia de monografías en galego, inglés, alemán, francés, portugués, castelán e catalán, amais de abondosos artigos en revistas ibéricas e internacionais, e capítulos en libros colectivos de ámbito europeo e internacional. Fai parte de varios consellos asesores de revistas galegas, ibéricas e internacionais, como Ayer, Historia del Presente, Análise Social e European History Quarterly, ben como do consello de redacción das revistas Historia Social (Valencia) e Passato e Presente (Florencia). Entre 2021 e 2023 dirixiu a revista Sémata (Santiago de Compostela) e dirixe a revista Studies on National Movements (Antuerpen).

Foi profesor titular (1994-2007) e, dende 2007, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela. Igualmente, foi profesor convidado de varias universidades europeas (Bielefeld, Zentrum für zeithistorische Forschung Potsdam, París VII, París X, Verona e Torino), arxentinas (Mar del Plata) e norteamericanas (Stanford, City University of New York). Tamén foi profesor visitante entre 2014 e 2018 do Colexio de Europa, Natolin (Varsovia).[3]

Dende o 1 de outubro do 2012 até o 30 de setembro de 2017 ocupou a cátedra de Historia Contemporánea de Europa (séculos XIX e XX) na Universidade Ludwig-Maximilian de Múnic, Alemaña, onde desenvolveu o seu labor docente e investigador.

Entre xullo de 2018 e abril de 2026 foi tamén vicepresidente do Consello da Cultura Galega, onde dirixiu o Arquivo da Emigración Galega. É igualmente coordenador do Grupo de Investigación da USC Historia política e dos nacionalismos (HISPONA).

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casado coa historiadora alemá Henrike Fesefeldt, é pai de dúas fillas.[4]

En galego

[editar | editar a fonte]
  • O galeguismo en América, 1879-1936 (1992). Sada: Ediciós do Castro.
  • O nacionalismo galego, con J. G. Beramendi (Vigo: A Nosa Terra, 1995, 2ª ed. 1996).
  • Emigrantes, caciques e indianos. O influxo sociopolítico da emigración transoceánica en Galicia, 1900-1930 (1998). Vigo: Xerais.
  • O inmigrante imaxinario. Estereotipos, identidades e representacións dos galegos na Arxentina (1860-1940) (2002). Compostela: USC. Reedición actualizada: Os inmigrantes imaxinados. A identidade galega na Arxentina (1780-1960) (Vigo: Galaxia, 2024). 432 páxs. ISBN 978-84-1176-322-6.
  • As cartas do destino. Unha familia galega entre dous mundos, 1919-1972, con Raúl Soutelo (2005). Vigo: Galaxia.
  • O soño da Galiza ideal. Estudos sobre exiliados e emigrantes galegos (Vigo: Galaxia, 2016).
  • Imperios e danzas. As Españas plurais do franquismo (2021). Vigo: Galaxia.
  • (editor) Castelao. Escritos políticos (2021). Vigo: Galaxia.
  • Os inmigrantes imaxinados. A identidade galega na Arxentina (2024). Vigo: Galaxia. 432 páxs.[5]
  • Os 'mariscos' de Rusia. Galicia e a División Azul, 1941-2025. Paterna: Sargantana, 2026 (no prelo).

Obras colectivas (ed.)

[editar | editar a fonte]
  • O exilio galego de 1936: Política, sociedade, itinerarios (con P. Cagiao Vila) (Sada-A Coruña: Eds. do Castro/ Consello da Cultura Galega, 2006) ISBN 84-8485-234-2
  • Os galegos de ultramar: Galicia e o Río de la Plata, t.10, v.2. en A gran historia de Galicia (2007).
  • Amarras de tinta. Emigración transoceánica e escrita popular na Península Ibérica, séculos XIX-XX (con D. González Lopo) ( Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2011).
  • Os exilios ibéricos: unha ollada comparada. No 70 aniversario da fundación do Consello de Galiza (con Ramón Villares) (Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2017).
  • As Irmandades da Fala no seu tempo. Perspectivas cruzadas (con Ramón Villares e R. Máiz) (Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2021).

En castelán

[editar | editar a fonte]
Ensaio
  • Movimientos nacionalistas en Europa. Siglo XX (Madrid: Síntesis, 1998, 2ª ed 2004).
  • Los nacionalismos en la España contemporánea (siglos XIX y XX) (Barcelona: Hipòtesi, 1999).
  • Entre Ginebra y Berlín. La cuestión de las minorías nacionales y la política internacional en Europa, 1914-1939 (Madrid: Akal, 2001).
  • ¡Fuera el invasor! Nacionalismos y movilización bélica durante la guerra civil española, 1936-1939 (Madrid: Marcial Pons, 2006).
  • Imperios de muerte. La guerra germano-soviética, 1941-1945 (Madrid: Alianza, 2007).
  • Patriotas y demócratas. El discurso nacionalista español después de Franco (Madrid: Catarata, 2010).
  • La sombra del César. Santiago Montero Díaz, una biografía entre la nación y la revolución (Granada: Comares, 2012).
  • Las patrias ausentes. Estudios sobre historia y memoria de las migraciones ibéricas (1830-1960)" (Oviedo: Genueve Eds., 2014).
  • Las utopías pendientes. Una breve historia del mundo desde 1945 (Barcelona: Crítica, 2015).
  • Camarada invierno. Experiencia y memoria de la División Azul, 1941-1945 (Barcelona: Crítica, 2016; 2ª ed. en capa branda, 2017).
  • Los colores de la patria. Símbolos nacionales y vida política en la España contemporánea (Madrid: Tecnos, 2017). Con Javier Moreno Luzón.
  • España en democracia, 1975-2011 (Barcelona/Madrid: Crítica/Marcial Pons, 2017; 2ª ed. en capa branda, 2020). Con Lina Gálvez e Javier Muñoz Soro.
  • Suspiros de España. El nacionalismo español, 1808-2018 (Barcelona: Crítica, 2018; 2ª ed. 2020).
  • El frente del Este. Historia y memoria de la guerra germano-soviética, 1941-1945 (Madrid: Alianza, 2018).
  • Patriotas transnacionales. Ensayos sobre nacionalismos y transferencias culturales en el siglo XX (Madrid: Cátedra, 2019).
  • Un ruso blanco en la División Azul. Memorias de Vladímir Kovaleski (1941) (Barcelona: Galaxia Gutenberg, 2019). Edición e introdución, con Oleg Beyda.
  • Guaridas del lobo. Memorias de la Europa autoritaria, 1945-2020 (Barcelona: Crítica, 2021).
  • Volver a Stalingrado. El frente del este en la memoria europea, 1945-2021 (Barcelona: Galaxia Gutenberg, 2022). ISBN 978-84-19075-47-5
  • Más allá de Euskadi. Perspectivas transnacionales sobre el nacionalismo vasco en el siglo XX (Vitoria-Gasteiz: Betagarri Liburuak, 2023).
  • Imperios y danzas. Nacionalismo y pluralidad territorial en el fascismo español (1930-1975) (Madrid: Marcial Pons, 2023). ISBN 9788418752544
Obras colectivas
  • La Galicia Austral: La inmigración gallega en la Argentina (Bos Aires: Biblos, 2001). Editor.
  • Los enemigos de España (Madrid: CEPC, 2010). Coeditor con F. Sevillano.
  • Los heterodoxos de la patria. Biografías de nacionalistas atípicos en la España del siglo XX (Granada: Comares, 2011). Coeditor con Fernando Molina.
  • Nacidos para mandar. Liderazgo, política y poder: Perspectivas comparadas (Madrid: Tecnos, 2012). Coeditor con Ludger Mees.
  • Ser españoles. Imaginarios nacionalistas en el siglo XX (Barcelona: RBA, 2012). Coeditor con Javier Moreno Luzón.
  • Imaginarios y representaciones de España durante el franquismo (Madrid: Casa de Velázquez, 2014). Coeditor con Stéphane Michonneau
  • Historia mundial de España (Barcelona: Destino, 2018).
  • Patrias diversas, ¿misma lucha? Alianzas transnacionales en el mundo de entreguerras (1912-1939) (Barcelona: Eds. Bellaterra, 2020). Coeditor con E. Ucelay-Da Cal e A. Gonzàlez i Vilalta.
  • Patrias lejos de casa. Nacionalismo español, migración y exilio en Europa y América (1870-2010) (Zaragoza: PUZ, 2020). Coeditor con Marcela García Sebastiani.

En inglés

[editar | editar a fonte]
Ensaio
  • Historiographical Approaches to Nationalism in Spain (Saarbrücken/Fort Lauderdale: Breitenbach, 1993).
  • Catalan Nationalism and the Quest for Independence in the Twenty-First Century: A Historical Perspective (Antwerp: Peristyle, 2020, NISE Essays 5).
  • Sites of the Dictators. Memories of Authoritarian Europe, 1945-2020 (Londres: Routledge, 2021).
  • The Spanish Blue Division on the Eastern Front, 1941-1945. War, Occupation, Memory (Toronto: University of Toronto Press, 2022).
  • An Anti-Communist on the Eastern Front. The Memoirs of a Russian Officer in the Spanish Blue Division, 1941-42 (Londres: Pen & Sword, 2023). Con Oleg Beyda.
  • Beyond Folklore? The Franco Regime and Ethnoterritorial Diversity in Spain, 1930-1975 (London: Routledge, 2024
  • The Eastern Front in European Memory: On Victims and Heroes, 1945-2024 (London: Bloomsbury, 2025).
  • The Spanish Empire. A Global History, 1478-1975 (Londres/Nova York: Routledge, 2026, no prelo). Con Sarah Albiez-Wieck e Raquel Gil Montero.
Obras colectivas
  • Nationalism in Europe: Past and Present (Santiago de Compostela: USC, 1994), 2 vols. Coed. con J. G. Beramendi e R. Máiz.
  • Metaphors of Spain. Representations of Spanish National Identity in the 20th century (Nova York/Oxford: Berghahn, 2017; 2ª ed. en capa branda, 2021; reedición ampliada e actualizada, 2026). Coed. con J. Moreno Luzón.
  • War Veterans and the World after 1945. Cold War Politics, Decolonization, Memory (Londres: Routledge, 2018; 2ª ed. en capa branda, 2020). Coed. con Angel Alcalde.
  • Regionalism and Modern Europe. Identity Constructions and Movements from 1890 to the Present Day (Londres: Bloomsbury, 2018). Coed. con Eric Storm.
  • Emotions and Everyday Nationalism in Modern European History (Londres: Routledge, 2020). Coed. con Andreas Stynen e Maarten Van Ginderachter.
  • The First World War and the Nationality Question in Europe. Global Impact and Local Dynamics (Leiden/Boston: Brill, 2020).
  • Entangled Reactionaries. Nationalists, Conservatives, and Fascists in the Iberoamerican Atlantic (1900-1960) (Nova York/Oxford: Berghahn, 2026). Coed. con Vicent Sanz Rozalén.

En alemán

[editar | editar a fonte]
  • Die spanische Blaue Division an der Ostfront, 1941-1945. Zwischen Kriegserfahrung und Erinnerung (Münster: Aschendorff Verlag, 2016).
  • Die bewegte Nation. Der spanische Nationalgedanke, 1808-2019 (Hamburgo: Hamburger Edition, 2019). Segunda edición, Bonn: Bundeszentrale für politische Bildung, 2020.

Noutras linguas

[editar | editar a fonte]
  • En francés: Icônes littéraires et stéréotypes sociaux. L'image des immigrants galiciens en Argentina (1800-1960) (Besançon: Presses Universitaires de Franche-Comté, 2013).
  • En catalán: Internacionalitzant el nacionalisme. El catalanisme polític i la qüestió de les minories nacionals a Europa, 1914-1936 (Catarroja/Valencia: Afers/PUV, 2010) e El catalanisme davant del feixisme (1919-2018) (Maçanet de la Selva: Gregal, 2018), coed. con Enric Ucelay-Da Cal e A. Gonzàlez i Vilalta.
  • En portugués: Fascismo, guerra e memória. Olhares ibéricos e europeus (Porto Alegre: EdiPUCRS/ USC, 2016).
  • En ruso: con Oleg Beyda (ed.),  V. I. Kovalevskii, Ispanskaia grust'. Golubaia diviziia i pokhod v Rossiiu, 1941 – 1942 gg. (San Petersburgo: Nestor, 2021).
  • En italiano: I luoghi del dittatore: una memoria europea, 1945-2025 (Pisa: Pacini Editore, 2026).
  • En serbocroata: Sporovi o naciji. Španjolski nacionalizam 1808 – 2025 (Novi Sad: Prelom, 2026).

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Premio Nacional de Ensaio do Ministerio de Cultura de España por Suspiros de España. El nacionalismo español, 1808-2018 (2019)[6]
  • V Premio Internacional de Ensaio Memorial Walter Benjamin por Volver a Stalingrado. El frente del este en la memoria europea (1945-2021) (2021)[9]
  • XV Premio Manuel Murguía de ensaio da Deputación da Coruña por Galicia e a División Azul (2025).[10]
  1. ↑ Ficha do persoeiro en Escola Europea d'Humanitats (en catalán).
  2. ↑ Ficha de Núñez Seixas Arquivado 17 de outubro de 2017 en Wayback Machine. en Hispona.org.
  3. ↑ "Núñez Seixas, Xosé M.". Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2016. Consultado o 13 de abril de 2016.
  4. ↑ Ficha de Núñez Seixas en prabook.com (en inglés).
  5. ↑ Labrador Méndez, Germán (Xaneiro, febreiro, marzo 2025). "A imaxinación dos migrantes". Grial. LXIII (245): 96–99. ISSN 0017-4181.
  6. ↑ "Xosé Manoel Núñez Seixas, Premio Nacional de Ensayo". La Voz de Galicia. Consultado o 29/10/2019.
  7. ↑ "Xosé Manuel Núñez Seixas gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio". Nós Diario. 21/12/2020.
  8. ↑ Redacción (22 de decembro de 2020). "Xosé Manuel Núñez Seixas gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2020". fervenzasliterarias.gal. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2022. Consultado o 19 de febreiro de 2022.
  9. ↑ "Xosé M. Núñez Seixas gaña o V Premio Internacional de Ensaio Walter Benjamin". usc.gal. 19 de novembro de 2021. Consultado o 9 de novembro de 2022.
  10. ↑ asociacionescritoras-es (2025-06-27). "Galicia e a División Azul, de Xosé M. Núñez Seixas, gaña o XV Premio Manuel Murguía de ensaio da Deputación da Coruña Axenda cultural AELG::". Consultado o 2025-06-28.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]