José Manuel Sande
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
José Manuel Sande García | |
2015 – 2019 | |
Concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento do Goberno Municipal da Coruña
| |
2015 – 2019 | |
Precedido por | Ana Fernández |
Datos persoais
| |
Nacemento | 1972 A Coruña |
Partido | Unidas Podemos |
Profesión | Programador cultural, escritor cinematográfico, político |
Residencia | A Coruña |
José Manuel Sande García, nado na Coruña en 1972, é un programador cultural, escritor cinematográfico e político galego.
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
Licenciado en Filoloxía Hispánica, acadou a Suficiencia Investigadora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada e cursou un Mestrado en Teatro e Cine. A comezos de 2006 comezou traballar como persoal laboral no Centro Galego de Artes da Imaxe / Filmoteca de Galicia, na área de programación.
Posúe unha extensa traxectoria como escritor e xestor cultural, activista, docente e programador. Presente en publicacións especializadas e libros colectivos coas relacións entre arte-política ou cine-literatura como eixes, investigou sobre documental e a historia do cine español.
Foi guionista e produtor asociado do filme Arraianos e interveu en proxectos de investigación académicos co cine como motor. Xurado en máis de vinte festivais cinematográficos, ten participado asiduamente en comisións de subvencións e bolsas a profesionais.
Poñente galego no Foro de Culturas Ibéricas organizado pola Universidade de Oxford (2012), é membro da Asociación Española de Historiadores del Cine, asemade ten sido un dos fundadores de iniciativas de dinamización sociocultural como Galiza Ano Cero, o blog Acto de Primavera e a revista Luzes, de cuxo consello de redacción formou parte.
Traxectoria política[editar | editar a fonte]
En 2015 pasou formar parte da corporación municipal da Coruña como membro das listas da Marea Atlántica. Foi designado Concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento logo do nomeamento de Xulio Ferreiro como alcalde.

En marzo de 2017 foi investigado como responsábel de que o Concello utilizara un cartel deseñado por Alberto Guitián para as festas do entroido, que a Asociación de Viúvas de Lugo consideraba unha ofensa ao sentimento relixioso.[1] A finais de maio dese mesmo ano o xulgado de instrución número 3 da Coruña decidiu arquivar a causa.[2]
En xullo de 2020 foi un dos asinantes dunha "Carta aberta á REDE da Marea Atlántica" que sinalaba que na organización "non houbo autocrítica despois das eleccións municipais de 2019"[3]
O dez de febreiro de 2023 José Manuel Sande anuncia que será o cabeza de lista de Unidas Podemos para a alcaldía da Coruña nas eleccións municipais do 28 de maio de 2023.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Pérez Pena, Marcos. "O concelleiro de Cultura da Coruña, imputado polo cartel do Entroido". Praza Pública. Consultado o 2017-06-24.
- ↑ Pardo, Miguel. "Arquivada a causa contra o concelleiro de Culturas da Coruña polo cartel do Entroido". Praza Pública. Consultado o 2017-06-24.
- ↑ "Carta íntegra del sector crítico de la Marea Atlántica: «Un ciclo que semella morto», pero «non está enterrado»". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-07-30. Consultado o 2023-02-13.
- ↑ Díaz, Pablo (2023-02-10). "José Manuel Sande será el candidato de Unidas Podemos a la alcaldía de A Coruña". cadena SER (en castelán). Consultado o 2023-02-10.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Biografía de José Manuel Sande García Páxina web do Concello da Coruña
- Ficha na páxina web do Senado de España