Ánxela Bugallo
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1963 A Coruña, España |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | política, profesora universitaria, investigadora |
| Empregador | Universidade da Coruña (2011–) |
| Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Ánxela Bugallo Rodríguez, nada na Coruña o 17 de decembro de 1963, é unha profesora e política galega vencellada ao BNG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Doutorouse en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e traballou no Museo de Historia Natural da USC. Militante nacionalista desde moi nova, foi secretaria xeral de ERGA, e posteriormente militou até a súa disolución en Unidade Galega. Foi concelleira en Teo en 1999. Formou parte do Consello Nacional e da Executiva Nacional do BNG e ocupou o cargo de adxunta á Portavocía Nacional ata a dimisión da executiva desa formación en marzo de 2009. Foi a Conselleira de Cultura da Xunta de Galiza no goberno bipartito saído a partir das eleccións galegas de 2005 e ata 2009.
Actualmente imparte docencia na facultade de ciencias da educación da Universidade da Coruña.
| Predecesor: Xesús Pérez Varela |
conselleira de Cultura e Deporte 2005 - 2009 |
Sucesor: Roberto Varela |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía Arquivado 30 de outubro de 2020 en Wayback Machine.