Carme Adán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carme Adán
Carmen Adán 19.jpg
Nacemento16 de decembro de 1966
 Donostia
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítica e profesora
editar datos en Wikidata ]
Carme Adán na presentación do libro O soño de Xoán de Farruco Graña na libraría Paz de Pontevedra

Carme Adán Villamarín, nada en Donostia (Guipúscoa) o 16 de decembro de 1966, é unha política e intelectual e profesora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa familia é orixinaria de Lalín. Ao regresar da emigración en Guipúscoa, foi vivir a Vigo. Licenciouse en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1990 comezou a impartir aulas de ensino secundario, tendo actualmente o seu destino no IES Politécnico de Vigo. En 2002 doutorouse na mesma universidade coa tese Epistemoloxía, natureza e xénero, baixo a dirección de María Xosé Agra Romero.

Amais, escribiu ducias de artigos. Presidiu a Aula Castelao de Filosofía entre 1999 e 2005. Nese ano pasou a formar parte da comisión de xénero do Consello da Cultura Galega.

Foi elixida parlamentaria galega nas eleccións de 2005, tras presentarse nas listas do BNG como número 1 da provincia de Pontevedra. Posteriormente, foi nomeada Secretaria Xeral da Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.

É membro da plataforma cívica ProLingua.[1]

Libros publicados[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Presentación de Feminicidio na Casa das Campás o 31/01/2018. Con Malores Villanueva e Luís Bará.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]