Ramom Pinheiro Almuinha
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Ramom Pinheiro Almuinha | |
---|---|
Nacemento | 1975 |
Lugar de nacemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ramom Pinheiro Almuinha, "Chito", nacido en Vigo en 1975, é músico, produtor e historiador musical galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Discípulo de Moxenas, Ramom Pinheiro licenciouse en Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de Historia da música galega no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, e director artístico da editorial discográfica Ouvirmos. Foi membro do Consello asesor do Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega, e docente de Historia da música galega na Central Folque (Compostela). Ten colaborado en diversas ocasións con grupos musicais, especialmente con Chouteira. É o director artístico da Central Folque-Centro Galego de Música Popular.