Asunta Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAsunta Rodríguez
Biografía
Nacemento1965 Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
Sober, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngalerista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


María Asunción Rodríguez Rodríguez, máis coñecida como Asunta Rodríguez, nada en Sober en 1965, é unha galerista galega especialista en arte moderna. Dende 2016, é membro da Real Academia Galega de Belas Artes como membro numerario na sección de expertos en artes e da Sección de Creación e Artes Visuais do Consello da Cultura Galega.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en arte moderna. Foi colaboradora da Enciclopedia Galega Universal e traballou como crítica de arte para un xornal local. No ano 1988, empezou a traballar como asistente do director da galería Trinta de Santiago de Compostela, que en 1993 acabou adquirindo cun socio.[2][3]

Asunta Rodríguez con Trinta acudiu de maneira interrompida á feira de arte contemporánea Arco de Madrid até 2008 facilitando o achegamento da arte contemporánea e o recoñecemento de artistas galegos en espazos internacionais. En Arco 1995, cunha caseta dedicada a Antonio Murado e Manolo Paz recibiu o premio á mellor galería española por parte da Asociación de Críticos de Arte.[4][5] No ano 2000 formou parte do comité organizador.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Consello da Cultura Galega
  2. "Asunta Rodríguez: «Mejor ser moderna que ser joven»". La Voz de Galicia (en castelán). 
  3. "Asunta Rodríguez, de Trinta: «Es un honor que vean la galería como un centro generador de conocimiento»". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de decembro de 2015. Consultado o 1 de xuño de 2017. 
  4. "Asunta Rodríguez: "Los especuladores volverán a aparecer en el arte"". Faro de Vigo (en castelán). 
  5. "Asunta Rodríguez". El Correo Gallego (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2018. Consultado o 1 de xuño de 2017.