Saltar ao contido

Elena Vázquez Cendón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaElena Vázquez Cendón
Biografía
Nacemento2 de marzo de 1966 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Académico da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais
31 de outubro de 2025 –
← Amable Liñan Martínez
Decana Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela
2017 – 1 de maio de 2025
← Victoria OteroAlberto Cabada Fernández → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmatemática, profesora Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsCarlos Vázquez Editar o valor en Wikidata

Facebook: elena.vazquez.7334 BNE: XX954184 BUSC: vazquez-cendon-maria-elena-1966 Dialnet: 1782755 Editar o valor en Wikidata

María Elena Vázquez Cendón, nada en Ourense o 2 de marzo de 1966, é unha matemática e profesora galega[1].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou o Bacharelato no Instituto das Lagoas. Licenciada en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutora pola mesma universidade coa tese Estudio de esquemas descentrados para su aplicación a las leyes de conservación con términos fuente 1994, dirixida por Dr. Alfredo Bermúdez de Castro López-Varela.[2]

É profesora é profesora no grao de Enxeñaría Informática na ETSE e no mestrado en Matemática Industrial na Facultade de Matemáticas. Foi vicerreitora da USC,[3] e é decana da Facultade de Matemáticas dende 2017. É membro do Consello da Cultura Galega.

É autora de numerosos artigos en revistas especializadas de matemáticas e computación.[4][5]

Forma parte do grupo de investigación en Enxeñaría Matemáticas: problemas relativos ás ecuacións das augas superficiais, ecuacións de Navier- Stokes, ecuacións de Euler. Liderou tres proxectos de investigación, formou parte dos comités científicos organizadores de actividades de investigación, coordinou o Congreso internacional Numerical Methods for Hyperbolic Equations: Theory and Applications. Como investigadora está vinculada ao Centro de Investigación en Tecnoloxía Matemática de Galicia, preside a Comisión de Mulleres e Matemáticas do Comité Español de Matemáticas (CEMAT) e forma parte da Sociedade Española de Matemática Aplicada e da Asociación Galega de Investigadores da auga (AGAIA).[6]

  • Estudio de esquemas descentrados para su aplicación a las leyes de conservación hiperbólicas con términos fuente (1994). Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-8121-181-8.
  • As mulleres no sistema educativo de Galicia: situación actual (2007). Con Isabel Diz Otero, Marta Irene Lois González e Alba Alonso. Xunta de Galicia, Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, Xunta de Galicia, Consellería de Innovación e Industria.
  • Introducción al método de volúmenes finitos (2008). Servizo de Publicacións: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 978-84-9887-031-2.

Premios e distincións

[editar | editar a fonte]
  1. Mila Alonso (8 de febreiro de 2019). "“Que as alumnas de hoxe sexan as investigadoras do futuro”". GCiencia. 
  2. "MARIA ELENA VAZQUEZ CENDON - Universidade de Santiago de Compostela". investigacion.usc.gal. Consultado o 2022-12-11. 
  3. La Voz de Galicia, Santiago, 2-5-2016, p. l8.
  4. "MARIA ELENA VAZQUEZ CENDON - Universidade de Santiago de Compostela". investigacion.usc.gal. Consultado o 2022-12-11. 
  5. "María Elena Vázquez Cendón". Dialnet (en castelán). Consultado o 2022-12-11. 
  6. 6,0 6,1 "Elena Vázquez Cendón, nova académica de número da Real Academia de Ciencias de España Universidade de Santiago de Compostela". www.usc.gal. 2025-10-31. Consultado o 2025-11-01. 
  7. SL, POMBAPRESS. "La matemática ourensana María Elena Vázquez Cendón gana el premio María Josefa Wonenburger para mujeres científicas". Galiciapress (en castelán). Consultado o 2022-12-11. 
  8. 8,0 8,1 Redacción (3 de novembro de 2025). "A galega Elena Vázquez Cendón ingresa na Real Academia de Ciencias de España". gciencia.com. Consultado o 5 de novembro de 2025.