Saltar ao contido

Paula Cabaleiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPaula Cabaleiro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de setembro de 1986 Editar o valor em Wikidata (37 anos)
Cangas, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista Editar o valor em Wikidata

BNE: XX5544030 Dialnet: 4718468

Paula Cabaleiro Comesaña, nada en Cangas en 1986, é unha artista e xestora cultural galega, comisaria do Programa de Igualdade "Abrandares en acción Violencia cero" desde o ano 2015 e directora de Cultura da Deputación de Pontevedra desde maio de 2020.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Cabaleiro licenciouse en Belas Artes pola Universidade de Vigo e posteriormente especializouse en xestión co Mestrado en Museoloxía, Crítica e Arte Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e o Mestrado en Educación na Universidade de Vigo.

É crítica de arte contemporánea e dirixiu a súa carreira cara ao comisariado. Foi comisaria do Espazo de Arte de Culturgal (2014-2019), pertence ao Consello da Cultura Galega (desde 2019) e á xunta directiva dos Premios Crítica de Galicia (desde 2016). Foi directora do MAC Florencio de la Fuente (Huete, Cuenca, 2015-2020).[3] Coordina programas como #CreaVigo, “Do Camiño Vivido” ou “Somos rúa, facemos arte”, residencias artísticas como “Estudo Aberto” (2013-2016) ou “Programa de residencias artísticas MAC Florencio de la Fuente” (2019).[4] Entre os seus últimos comisariados destacan "In Landscape Mode" de Chistian Villamide no CGAC (2019-2020), "Leave here your fears" de Alicia Framis na Cidade da Cultura (2019-2020), "Nación S.A." de Iago Eireos na Deputación de Lugo (2019) ou "Omnia Vanitas" de Paula Noya na Galería Luisa Pita (2020).

No ano 2015, realizou un proxecto que iniciou en Galicia con 11 artistas contemporáneas. O proxecto consistiu en saír á rúa de forma simultánea, tomando con performances espazos públicos de 10 concellos da provincia de Pontevedra cunha única premisa: transformar o seu traballo artístico nun berro de denuncia. Naceu así o programa Mulleres en Acciónː Violencia Zero da Deputación de Pontevedra, que, apoiando e visibilizando o talento das creadoras galegas, en directa colaboración coa cidadanía, puña o foco sobre a secuela social de violencia machista que azouta cada día a nosa sociedade. No 2020, na súa quinta edición, con 25 concellos e 25 novas accións cada ano, o programa consolidou a acción artística reivindicativa contra a violencia machista, realizando máis de 75 pezas, no que se involucrou a participación activa de centos de persoas, da man de creadoras de referencia na acción artística.[5]

No 2017, o Museo Thyssen-Bornemisza presentou no ano 2017 El espacio de la memoria o perspectiva de género, unha exposición organizada pola área de Educación coa súa participación e a das artistas Mónica Mura, Paula Noya e Mery Pais, para compartir o traballo realizado durante os dous últimos anos dentro do proxecto 'Nos+outras en rede'. O proxecto, iniciado en 2015 para abordar a perspectiva de xénero, contou coa colaboración de varias asociacións de mulleres, a Rede Museística Provincial de Lugo e o apoio de The Edmond de Rothschild Foundations. A mostra recollía o proceso creativo das participantes nos obradoiros ideados polas artistas impulsoras. A asistencia aos talleres foi moi diversa, principalmente mulleres que non tiveran relación coa arte e mediante estes obradoiros, e os traballos que realizaron neles estimuladas polas artistas, crearon as obras mostradas na exposición.[6][7][8]

No ano 2018 publicou un artigo tituladoː Acción, reflexión, reacción. El error como motor de aprendizaje en la gestión cultural.[9] Con motivo do Xacobeo 2021, Cabaleiro foi nomeada comisaria do programa "Camiño (a) dentro", promovido pola Deputación de Pontevedra (Turismo Rías Baixas), en colaboración con Xunta de Galicia. A exposición pasa polos concellos de Baiona (Doures Temdrás), Tui (Nastasia Zürcher), Oia (María Meijide), A Guarda (Inherente Teatro), Nigrán (Carla Andrade), O Porriño (Dúas), Redondela (Carmen Quinteiro), Soutomaior (Helen Bertels), Pontevedra (Lucía Loren) e Caldas (Ruth Monfiel Arias).[10]

Colaborou con diversas institucións como comisaria, organizando exposicións, ciclos e programas ou sendo relatora en congresos, como Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela, CGAC, Museu Romántico de Porto, Museo Arqueolóxico de Cacabelos, Rede Museística de Lugo, Pazo da Cultura de Pontevedra, Afundación, USC, UVigo, Centro Marcos Valcarcel, Fundación PG Camilo José Cela, Fundación Antonio Pérez, Universidade de Valladolid, Universidade Complutense de Madrid, en MediaLab Prado de Madrid ou no Museo de Pontevedra.[11][12]

No ano 2020, foi nomeada Directora de Cultura da Deputación de Pontevedra, tras ser seleccionada por unanimidade nun proceso de selección levado a cabo por un órgano técnico de funcionarios da propia Deputación de Pontevedra.[13][14][15][16]

  1. ARTEINFORMADO (20140603). "Paula Cabaleiro. Artista, Comisario". ARTEINFORMADO (en castelán). Consultado o 2021-08-18. 
  2. "Paula Cabaleiro presenta Mulleres en Acción: Violencia Zero". Mujeres Mirando Mujeres (en castelán). 2017-04-06. Consultado o 2021-08-18. 
  3. "Paula Cabaleiro". La Ponte (en castelán). Consultado o 2021-08-18. 
  4. Cangas (2019-10-11). "La "alta comisaria" de Cangas en el arte". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-08-18. 
  5. "Paula Cabaleiro presenta Mulleres en Acción: Violencia Zero". Mujeres Mirando Mujeres (en castelán). 2017-04-06. Consultado o 2021-08-18. 
  6. "'El espacio de la memoria' o la perspectiva de género". hoyesarte.com (en castelán). 2017-03-01. Consultado o 2021-08-18. 
  7. "Paula Cabaleiro archivos". Revista de Arte - Logopress (en castelán). Consultado o 2021-08-18. 
  8. "Actividad - Habitamos cuadros". EducaThyssen (en castelán). Consultado o 2021-08-18. 
  9. Cabaleiro Comesaña, Paula (2018). "Acción, reflexión, reacción. El error como motor de aprendizaje en la gestión cultural ." (6): 175–188. 
  10. Cangas (2019-10-11). "La "alta comisaria" de Cangas en el arte". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-08-18. 
  11. "Paula Cabaleiro". bne.es. 
  12. Garcia Deber, Luis. Ordenacion de los Espacios Litorales en Galicia. Netbiblo. pp. 213–224. ISBN 978-84-9745-132-1. Consultado o 6 de xuño de 2020. 
  13. MAV. "COMUNICADOS / Paula Cabaleiro, socia de MAV, nueva directora del servicio de Cultura de la Diputación de Pontevedra" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2020. 
  14. Press, Europa (22 de maio de 2020). "Paula Cabaleiro, nueva directora para el área de Cultura de la Diputación de Pontevedra" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2020. 
  15. "Paula Cabaleiro, nueva directora para el área de Cultura de la Deputación" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2020. 
  16. "Paula Cabaleiro, nova directora de Cultura da Deputación de Pontevedra" (en castelán). 22 de maio de 2020. Consultado o 11 de xuño de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]