Luisa Martínez Lorenzo
Luisa Martínez Lorenzo | |
---|---|
Lugar de nacemento | Galicia |
Nacionalidade | España |
Ocupación | bióloga e escritora |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Luisa Martínez Lorenzo é unha bióloga e escritora galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Doutora en Ciencia do Mar, dedicouse á investigación oceanográfica. Dende 2007 é responsable da Unidade de Cultura Científica (UCC) do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Galicia. Dende 2019 é directora da colección de divulgación científica “Lanterna de Aristóteles”.
Obras[editar | editar a fonte]
- Puf! vaia peido! Seres sorprendentes con nomes ben ocorrentes, 2018.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- A ciencia do mexillón. Ciencias e tecnoloxías mariñas implicadas no cultivo, trasformación e comercialización do mexillón (Mytilus galloprovincialis), 2010.
- Que teñen que ver as vacas co cambio climático?, 2022.