Rebeca Blanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rebeca Blanco
Nacemento1973
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónarqueóloga e historiadora
Na rede
Dialnet: 521826
editar datos en Wikidata ]

Rebeca Blanco Rotea, nada en Vigo en 1973, é unha arqueóloga e historiadora galega.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Xeografía e Historia, na especialidade de Historia da Arte, pola Universidade de Santiago de Compostela en 1996, e doutora en Arqueoloxía pola Universidade do País Vasco en 2015. Traballa no estudo das construcións históricas dende unha perspectiva arqueolóxica. É profesora da Facultade de Xeografía e Historia da USC e membro do Consello da Cultura Galega. Pertence ao Consello de Redacción da revista do CSIC Arqueoloxía da Arquitectura e ao Consello Asesor da Revista do CSIC Cadernos de Arqueoloxía e Patrimonio (CAPA).

Foi a coordinadora do informe que vén de presentar o Consello da Cultura Galega Enerxía eólica e paisaxes culturais en Galicia,[2] sobre o impacto dos eólicos no patrimonio natural, paisaxístico e cultural.[1][3]

Obras[editar | editar a fonte]

  • El castillo de La Palma (Mugardos, A Coruña) un enclave defensivo en la ría de Ferrol, 2008, CSIC.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Carrazoni Mier, Yuri. "Rebeca Blanco-Rotea: "Non debemos asumir que precisamos todos os parques dispostos no Plan Eólico"". Nós Diario. Consultado o 2021-12-19. 
  2. Consello da Cultura Galega
  3. Meda, Xiana (2021-12-15). "“O nivel de carga dos parques eólicos xa non é asumible no espazo natural"". GCiencia. Consultado o 2021-12-19. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]