Violín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Violín
Violín
Clasificación
Tesitura
Range violin.png
Instrumentos relacionados
Músicos
Violin case.jpg

O violín é un instrumento cordófono de corda fretada, o máis agudo e pequeno da súa familia. Componse de catro cordas afinadas a unha distancia de quinta xusta. Na orquestra o primeiro violín é chamado de spalla, despois do rexente, el é o comandante da orquestra. O primeiro violín sitúase á esquerda do mestre.

A parabra violín procede do termo do latín medieval vitula, que significa instrumento de corda. O violín, aínda que ten orixes antigas, adquiríu a meirande parte das súas características modernas na Italia do século XVI, realizándoselle algunhas modificacións nos séculos XVIII e XIX. O violín moderno debe moito ás melloras técnicas dos mestres de Cremona do século XVIII coma Stradivarius ou Guarnerius. Tamén son moi valorados os instrumentos fabricados por Gasparo da Salò, Giovanni Paolo Maggini e a familia Amati en Brescia e Cremona, e os de Jacob Stainer en Austria.

Índice

Técnicas do violín [editar]

  • Pizzicato: non sempre os violinistas utilizan o arco. De vez en cando beliscan as cordas, iso é chamado pizzicato (lese pitci-cato).
  • Surdina: fíxase un grampo de madeira sobre o cabalete do violín, facendo que o seu son saia abafado.
  • Sur ponticello: o violinista debe pasar o arco preto do cabalete, xerando un son de timbre agudo.
  • Col legno (coa madeira): o arco é asegurado de lado, de forma que nas notas tocadas a madeira do arco bata nas cordas.
  • Vibrato: un dos dedos que toca a corda vibra levemente, producindo unha flutuación no ton e enriquecendo o son.
  • Corda dupla: significa tocar dúas cordas, e consecuentemente dúas notas, dunha soa vez.
  • Harmónicos: notas suaves producidas polo toque moi leve sobre a corda.
  • Glisando. o violinista escorrega o dedo sobre a corda, dunha nota á outra

Stradivarius [editar]

Os violíns Stradivarius son os máis valiosos do mundo. Foron feitos apenas 250 polo mestre Antonio Stradivari (1643-1737). Un Stradivarius de 1720 foi comprado nunha poxa en novembro de 1990 por 1,7 millóns de dólares.

Un dos segredos da calidade dos violíns Stradivarius reside en que o seu construtor os construía en simetría perfecta segundo o número de ouro (phi: 1,618), isto é, se medirmos a lonxitude total dun tampo e medirmos o lonxitude dese mesmo tampo até a metade, e despois dividimos eses números obtidos, dará 1.618.

Violín - detalles
Harmónicos

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]